Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Xeografía do mundo actual ten como obxectivo a explicación e a comprensión do mundo na actualidade, facendo especial fincapé nos procesos territoriais asociados á globalización. As transformacións no tempo da organización do espazo xeográfico obrigan a concibilo como un sistema no que a relación entre o medio físico e humano é produto da existencia de densas redes de fluxos, uns tanxibles e outros intanxibles, que están a xerar de continuo novas territorialidades e novos marcos de relación entre os lugares e as persoas. Neste contexto de cambios e necesario proporcionar unha visión global dos procesos económicos e socias que explican a organización espacial e establecer os principais factores de articulación e diferenciación rexional.
Lecc.1. A Xeografía como ciencia do espazo.
Lecc.2. O "tempo contido" en mapas: evolución histórica da imaxe do mundo.
Lecc.3. En qué mundo vivimos: da sociedade industrial é sociedade dos riscos. A globalización e os actores do sistema internacional
Lecc.4. Integración e cooperación rexional no mundo: teoría e modalidades. A xeopolítica e a xeoeconomía: un mundo rexionalizado.
Lecc.5. A unión Europea: un actor nun mundo global.
Bibliografía básica
AZCÁRATE LUXÁN, B.; AZCÁRATE LUXÁN, Mª V.; SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J.: Grandes espacios geográficos: el mundo desarrollado. Madrid, UNED, 2008
AZCÁRATE LUXÁN, B.; AZCÁRATE LUXÁN, Mª V.; SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J.: Grandes espacios geográficos: subdesarrollo y países emergentes. Madrid, UNED, 2009.
DALMAU, E.: El porqué de los mapas. Barcelona, Debate, 2021.
MÉNDEZ, R. y MOLINERO, F.: Espacios y sociedades. Introducción a la geografía regional del mundo. Barcelona, Ariel, 2008.
NOGUË, J. y ROMERO, J.: Las otras geografías, Tirant lo Blanch, Barcelona, 2006.
ROMERO, J.: Geografía humana: procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel, 2007.
BRUNET, R. (dir): Géographie Universelle. Paris, Belin-GIP Reclus, 1990-1996 (10 vols.)
Bibliografía complementaria
ABELLÁN, A. Y OTROS: La población del mundo. Madrid, Editorial Síntesis, 1998.
ALONSO, J. A. (Director): Diez lecciones de economía mundial. Madrid, Civitas, 2000.
AMIN, S.: El cuarto Mundo: subdesarrollo endémico en África. En Andre Gunder Frank, Economistas de izquierdas y otros, El nuevo rostro del capitalismo, Barcelona, Hacer Editorial, 2005.
BECK, U.: La sociedad del riesgo. Hacia una nueva modernidad. Barcelona, Paidós, 1998.
LUTTWAK, E.: Turbocapitalismo. Quiénes ganan y quiénes pierden en la globalización. Barcelona, Crítica, 2000.
MÉNDEZ, R.: El nuevo mapa geopolítico del mundo. Valencia, Tirant Lo Blanc, 2011
NIETO SOLÍS, J. A.: Organización económica internacional y globalización. Madrid, Siglo XXI, 2005.
NOGUÉ FONT, J. Y VICENTE RUFÍ, J.: Geopolítica, identidad y globalización. Barcelona, Ariel Geografía, 2001.
- El estado del mundo 2016: Anuario económico y geopolítico mundial. París, Éditions La Découverte y Ediciones Akal.
- Calendario Atlante de Agostini 2020. Novara, Instituto Agostini.
- Banco Mundial.: Informe sobre Desarrollo Mundial, Washington, 2019.
- Banco Mundial: Atlas del Banco Mundial, Washington, 2017.
- PNUD. Informe sobre Desarrollo Humano 2019. Madrid, Ediciones Mundi-Prensa, 2019.
Xerais:
-Capacidade de organización e planificación
-Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección e presentación de toda clase de información.
-Coñecemento de outras culturas e costumes. Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
--Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
-Sensibilidade cara os diferentes entornos sociais, culturais e medioambientais; prestando especial atención ás cuestións de xénero, do medioambiente, os valores da paz e a convivencia pacífica e a non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, opinión e por razóns de discapacidade.
-Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.
Específicas:
-Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
-Interpretar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
-Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
-Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
-Comprender as relacións espaciais.
-Analizar e interpretar as paisaxes.
-Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
-Coñecer os fundamentos da planificación territorial e saber interpretar un documento de Ordención do Territorio.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Clases teóricas (docencia expositiva) e prácticas (docencia interactiva) na aula, e traballo persoal do alumno fora dela (lectura e recensión de artigos, outro material audiovisual e documentos diversos sobre problemas teóricos e conceptos básicos).
As titorías poderán realizarse parcialmente de maneira virtual.
A materia contará cunha aula virtual específica na que se entregará material, se realizarán probas, servirá de canle de comunicación e na que se entregarán os traballos que se vaian encargando durante o curso
Realizarase unha actividade de prácticas de campo (sempre que sexa posible) en colaboración con outras materias do Grao (Alcobaça, Batalha, Tomar e Coimbra), á vez que esta actividade estará supeditada á posibilidade de subvención por parte da Facultade, e terá un carácter obrigatorio (polo que en caso de non poder asistir terase que realizar un traballo substitutivo) para todos os alumnos matriculados da materia, á vez que avaliable. Con ela tratarase de que os alumnos comprendan o carácter interdisiplinar da xeografía á vez que lles valla para comprender e analizar in situ as súas realidades diferentes.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, entregas de avaliación continua e exame.
Tipos de avaliación:
- Avaliación continua, a partir do traballo na aula e en relación ao traballo en curso.
- Avaliación mediante un exame dos contidos teóricos.
Criterios de avaliación en primeira convocatoria:
- Exame ou proba escrita presencial, que terá un peso do 45% da cualificación final, na data establecida pola Facultade.
- Traballos prácticos, que Terán un peso do 45% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través de Aula Virtual da USC.
- Participación activa nas aulas expositivas e interactivas 10% da cualificación final.
Para superar a materia é necesario acadar un 40% da nota en cada unha das partes, para poder compensar as calificacións obtidas no exame e nos exercicios prácticos.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Criterios de avaliación en segunda convocatoria:
- Exame ou proba escrita presencial, que terá un peso do 50% da cualificación final, na data establecida pola Facultade.
- Traballos prácticos, que Terán un peso do 50% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través de Aula Virtual da USC.
Non se poderá superar a materia se non se obtén unha nota mínima de 4 puntos (sobre 10) en cada un dos epígrafes anteriores.
En ambas convocatorias, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académicos dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na USC un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha asignatura: clases maxistrais, clases de seminario e laboratorio, traballo autónomo do estudante, avaliación).
Esta equivalencia está dacordo coa norma estatal (obrigatoria en toda España) que regula o crédito ECTS (Real Decreto 1125/2003 pdf), que permite un rango entre 25 e 30 horas.
-Lectura da bibliografía recomendada.
-Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan
comendacións de actividades formativas complementarias:
A biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia ofrece unha serie de cursos de formación bibliográfica que se recomendan cursar para que os alumnos/as poidan obter unha maior competencia na procura de información para o mellor desenvolvemento da materia.
Jose Antonio Aldrey Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812545
- Correo electrónico
- joseantonio.aldrey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ismael Yrigoy Cadena
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ismael.yrigoy [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
28.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
28.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
07.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |