Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e o contexto cultural en España nas épocas moderna e contemporánea.
2. Saber diferenciar as características básicas e a súa evolución durante este período.
3. Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais.
4. Saber enmarcar a obra de arte nos contextos en que foi creada e relacionala con outras
formas de expresión cultural.
5. Coñecer as diferentes técnicas artísticas utilizadas e saber deducir como estas condicionan
e actúan sobre a obra de arte.
6. Adquirir os coñecementos metodolóxicos e básicos a introducir na actividade investigadora.
BLOQUE I: IDADE MODERNA
Tema 1: Clasicismo e Manierismo en España: as artes no reinado dos Austrias Maiores
Tema 2: O triunfo do Barroco en España: a Contrarreforma, a Igrexa e a Corte
Tema 3: Velázquez: pequenas pinceladas sobre un xenio universal
BLOQUE II: A ILUSTRACIÓN E O SÉCULO XIX
Tema 4: Ecos de Francia: a chegada dos Borbóns e do Neoclasicismo
Tema 5: Goya: un visionario fóra do seu tempo
Tema 6: Romanticismo, Academicismo e Naturalismo en España
Tema 7: Luminismo, Simbolismo e Art Nouveau en España
BLOQUE III: O SÉCULO XX
Tema 8: Europa-España: As vangardas, Picasso e Dalí
Tema 9: Arte de propaganda: República, Guerra Civil, Posguerra
Tema 10: Arte da segunda metade do século XX en España
ALBARRÁN, J. (2019). Disputas sobre lo contemporáneo. Arte español entre el antifranquismo y la postmodernidad. Madrid: Cátedra.
ARACIL, A. e RODRÍGUEZ RUIZ, D. (1995). El siglo XX. Entre la muerte del arte y el arte moderno, Madrid, Istmo, 1995.
ARGAN, G. C. (1987). Renacimiento y barroco, 2 vols. Madrid: Akal.
ÁVILA, A., BUENDÍA, J. R., CERVERA, L., GARCÍA GAÍNZA, M. C. e SUREDA, J. (1998). El siglo del Renacimiento. Madrid: Akal.
BENEVOLO, L. (1999). Historia de la arquitectura moderna. Barcelona: Gustavo Gili.
BLASCO ESQUIVIAS, B. (2013). Arquitectos y tracistas (1526-1700). El triunfo del Barroco en la corte de los Austrias. Madrid: CEEH.
BLASCO ESQUIVIAS, B., LÓPEZ MUÑOZ, J. e RAMIRO RAMÍREZ, S. (eds.) (2021). Las mujeres y las artes. Mecenas, artistas, emprendedoras, coleccionistas. Madrid: Abada.
BONET CORREA, A. (1990). Fiesta, poder y arquitectura: aproximaciones al Barroco español. Madrid: Akal.
BOZAL, V. (1994). Historia del arte en España II. Desde Goya hasta nuestros días. Madrid: Akal.
BOZAL, V. (1995). Arte del siglo XX en España. Col. Summa Artis. Madrid: Espasa Calpe.
BROWN, J. (1995). Imágenes en la pintura española del siglo XVII. Madrid: Alianza Forma.
BUSTAMANTE, A. (1993). El siglo XVII. Clasicismo y Barroco. Col. Introducción al Arte Español. Madrid: Sílex Ediciones.
CASTEX, J. (1994). Renacimiento, Barroco y Clasicismo. Historia de la arquitectura, 1420-1720, Madrid: Akal.
CASTILLO OREJA, M. A. (1989). Renacimiento y manierismo en España. Madrid: Historia 16.
CHECA CREMADES, F. (1983). Pintura y escultura del Renacimiento en España, 1450-1600. Madrid: Cátedra.
CRUZ VALDOVINOS, J. M. (2011). Velázquez: vida y obra de un pintor cortesano. Zaragoza: Caja Inmaculada.
DIEGO, E. de (2009). La mujer y la pintura del XIX español. Cuatrocientas olvidadas y algunas más. Madrid: Cátedra.
FOSTER, H., KRAUSS, R., BOIS, Y. e BUCHLOH, B. (2006). Arte desde 1900: modernidad, antimodernidad, posmodernidad, Madrid: Akal.
FRAMPTON, K. (2009). Historia crítica de la arquitectura moderna. Barcelona: Gustavo Gili.
FUSI, J. P. y PALAFOX, J. (1997). España, 1808-1996. El desafío de la modernidad. Madrid: Espasa.
GALLEGO, J. (1972). Visión y símbolos en la pintura del siglo de oro. Madrid: Cátedra.
GRANÉS, C. (2011). El puño invisible. Arte, revolución y un siglo de cambios culturales. Madrid: Taurus.
KRAUSS, R. (1996). La originalidad de la vanguardia y otros mitos modernos. Madrid: Alianza Forma.
LUCIE-SMITH, E. (1998). Movimientos artísticos desde 1945. Barcelona: Destino.
MARÍAS, F. (1989). El largo siglo XVI. Los usos artísticos del Renacimiento español. Madrid: Taurus.
MARTÍN GONZÁLEZ, J. J. (1983). Escultura barroca en España 1600-1700. Madrid: Cátedra.
MARZO, J. L. e MAYAYO, P. (2015). Arte en España (1939-2015): ideas, prácticas, políticas. Madrid: Cátedra.
NIETO ALCAIDE, V., MORALES, A. J. e F. CHECA (1989). Arquitectura del Renacimiento en España, 1488- 1599. Madrid: Cátedra.
PÉREZ SÁNCHEZ, A. E. (1992). Pintura barroca en España. 1600-1750. Madrid: Cátedra.
RAMÍREZ, J. A. (dir.) (1997). Historia del Arte, vol. 3: La Edad Moderna. Madrid: Alianza.
RODRÍGUEZ GUTIÉRREZ DE CEBALLOS, A. (1992). El siglo XVIII. Entre tradición y Academia. Madrid: Sílex.
SUREDA, J. e VALDIVIESO, E. (eds.) (1996). Historia del arte español. La época de las revoluciones. De Goya a la modernidad. Barcelona: Planeta-Lunwerg.
Xerais
1. Adquirir destrezas para o desenvolvemento dunha aprendizaxe instrumental e relevante: capacidade de análise, síntese, organización e planificación, resolución de problemas, acceso e xestión de información, razoamento crítico, aprendizaxe autónoma e expresión oral e escrita.
2. Adquirir capacidades relacionadas coa apreciación da obra de arte: sensibilidade cara a temas relativos ao patrimonio histórico e cultural, recoñecer a creatividade, orixinalidade, transcendencia e valores estéticos. Apreciar e interpretar de forma particular diferentes estilos da Historia da arte.
3. Desenvolver habilidades para aplicar á disciplina da Historia da arte o manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), internet e os seus recursos dixitais.
Específicas
1. Adquirir un coñecemento sistemático e integrado da arte moderna e contemporánea española, coa capacidade de contextualizar, analizar e diferenciar as manifestacións artísticas do devandito período.
2. Distinguir, apreciar e sistematizar coñecementos integrados do feito artístico: distintas linguaxes (arquitectura e urbanismo, escultura, pintura, artes aplicadas etc.)/ etc.), procedementos e técnicas, e a evolución de cada un deles.
3. Coñecer e aplicar as regras básicas de construción de ensaios académicos e espírito crítico, adaptándoo ao caso concreto proposto do traballo final.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe é teórico-práctica, resultado da combinación de:
1. Sesións expositivas: A profesora explicará os contidos teóricos valéndose da lección maxistral e impulsando a participación do alumnado. As sesións estarán apoiadas por material audiovisual.
2. Sesións interactivas: Os estudantes elaborarán por parellas un traballo sobre un artista ou movemento estilístico, determinado por antelación pola profesora. A profesora dará unhas pautas básicas de elaboración de este, así como bibliografía de apoio e monitorización en todo o proceso sempre que o estudante o requira. O traballo será exposto nas sesións interactivas.
3. Titorías individuais: O estudantado valerase das titorías para resolver as dúbidas xurdidas en todo o relativo á materia, especialmente no proceso de elaboración do traballo. Nelas a profesora realizará un seguimento personalizado, axustando cada estrutura de traballo ao seu contido e fontes.
4. Práctica de campo: Contémplase unha práctica de campo nunha cidade de Galicia, en coordinación co resto de materias, suxeita o financiamento por parte da Facultade, con carácter obrigatorio e avaliable, na que as alumnas/os poderán familiarizarse en persoa con obras de arte das linguaxes expostas na materia. Os destiños previstos son: Monforte de Lemos; Pontevedra; Tui e Valença;Allariz e Celanova; A Coruña; e Lugo.
• A avaliación será continua. A nota final será o resultado das tres puntuacións dos instrumentos de avaliación:
1. Exame: porcentaxe do 70%. Recoñecemento de láminas vistas e non vistas en clase. Resultados a avaliar: Diferenciación dos estilos explicados en clase e as súas características xerais aplicadas á obra, encadre cronolóxico, identificación do artista, redacción correcta, etc.
2. Traballo: porcentaxe do 20%. Resultados a avaliar: Planificación do traballo, busca e xestión da información e fontes, correcta expresión oral, manexo das TICs, manexo de bibliografía científica, conclusións que reflictan un pensamento crítico
3. Asistencia: porcentaxe do 10%. Resultados a avaliar: Asistencia ás 10 sesións de interactivas nas que se pasará lista
• Para superar a materia con avaliación continua será necesario aprobar as dúas partes (exame e traballo) por separado cunha puntuación mínima de 5/10. A avaliación continua perderase se existe unha porcentaxe de faltas maior a un 30% (3 faltas), aínda que presentase traballo, sendo obrigatorio recuperar as interactivas mediante unha parte a maiores no exame teórico.
• Se na data da proba escrita de primeira convocatoria (maio/xuño), o exame ou as interactivas suspéndense, deberase acudir á convocatoria extraordinaria (xuño/xullo) soamente coas partes correspondentes suspensas. As partes aprobadas gardaranse para a nota final.
• Se o alumno/a está exento de asistencia mediante a concesión dunha dispensa, segundo os criterios estipulados no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster aprobado polo Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024, evaluarase cunha proba escrita específica que suporá un 100% da cualificación.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Tiempo presencial do estudiante: 51 horas (Docencia expositiva: 32 horas, Docencia interactiva: 16 horas, Tutorías: 3 horas)
Tempo de estudio e actividad persoal: 99 horas (Estudo autónomo: 55 horas, Preparación do traballo, lecturas e exercicios: 44 horas)
Total: 150 horas
Para un bo seguimento da materia é imprescindible ter motivación e capacidade de traballo, asistindo ás sesións presenciais e cumprindo as actividades non presenciais nos tempos establecidos. Recomendamos que o estudiante consulte a bibliografía proposta no programa, e que acuda as titorías sempre que o necesite. Sería conveniente que o estudiante tivese a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira, ademais de coñecementos básicos de informática
- Atención á diversidade: Darase cumprimento ao Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”, publicado no BOE (3 de decembro de 2013)
- Esta materia terá docencia presencial nos próximos dous cursos académicos. Despois procederase á implantación do novo plan de estudos.
Ana Perez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ana.perez.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |