Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as principais linguaxes e formatos audiovisuais.
Comprender o papel do audiovisual na difusión e produción cultural.
Desenvolver competencias para deseñar, xestionar ou comisariar proxectos audiovisuais.
Tema 1. Introdución ao medio audiovisual.
Historia e evolución dos medios audiovisuais.
A linguaxe radiofónica.
A linguaxe audiovisual.
Medios tradicionais vs. novos medios.
Tema 2. Cultura visual e narrativas
Representacións culturais no cine, na televisión e nas plataformas.
Narrativas documentais, de ficción e transmedia.
Análise crítica de contidos audiovisuais.
Tema 3. Produción audiovisual aplicada á cultura
Principios básicos de produción e edición.
Deseño de pezas audiovisuais e radiofónicas.
Software básico: edición de vídeo e audio.
Tema 4. Estratexias de comunicación e difusión cultural
Campañas audiovisuais para eventos culturais.
Redes sociais, streaming e medios dixitais.
Casos prácticos: festivais, museos, exposicións interactivas.
Tema 5. O podcast como ferramenta cultural
Estudos de caso: exemplos de podcasts culturais, programas de radio en museos ou arquivo sonoro do patrimonio cultural.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Berger, John (2016). Modos de ver. Gustavo Gili.
Bordwell, David & Thompson, Kristin (2013). El arte cinematográfico. Paidós.
Cancho, N. & García, M. A. (2018). Planificación de proyectos audiovisuales. Altaria.
Gitelman, Lisa (2006). Always Already New: Media, History and the Data of Culture. MIT Press.
Manovich, Lev (2005). El lenguaje de los nuevos medios de comunicación. Paidós.
Martínez Abadía (1995). Introducción a la tecnología audiovisual. Televisión, vídeo, radio. Paidós Comunicación.
Millerson, G. (1991). Técnicas de realización y producción en televisión. Instituto Oficial de Radiotelevisión Española
Rose, Gillian (2016). Visual Methodologies: An Introduction to Researching with Visual Materials. SAGE.
Soengas, José (2013). La radio: comunicación y cultura. Cátedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Castro Liñares, David (2024). O Galician Noir perante o deserto do real: notas para unha aproximación diferente á realidade criminal na Galiza. Clara Corbelhe.
CONSELLO DA CULTURA GALEGA (2025). Barómetro da cultura galega 2025. https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=453
Díaz, Elena & Llamas, Marta (coords.) (2020). Gestión cultural y medios digitales. Editorial UOC.
Freeman, Hadley (2021). The Time of My Life. Sobre cómo el cine de los ochenta nos enseñó a ser feministas.
García Canclini, N. (2007). Lectores, espectadores e internautas. Gedisa.
Marzal, J. & López, F. (coord) (2008). Teoría y técnica de la producción audiovisual. Tirant lo Blanch.
Pardo, A. (2016). Producción ejecutiva de proyectos cinematográficos. Eunsa.
Pereiro, Xosé Manuel & Iglesias, Suso (2018). Acción catódica: as series que inspiraron a nosa realidade. Luzes.
Pico, Raquel C. (2023). Millennials. Unha xeración entre dúas crises. Galaxia.
McHugh, Siobhán (2016). The Affective Power of Sound: Oral History on Radio. The Oral History Review.
Talantino, Jia (2020). Falso espejo. Reflexiones sobre el autoengaño. Planeta.
Santiago Iglesias, José Andres (editor) (2025). Manga + Anime. Una mirada transdisciplinar. Satori Ediciones.
Soengas, José (2017). Podcasting. El nuevo fenómeno sonoro. Editorial UOC.
Zafra, R. (2017). Después del entusiasmo. Anagrama.
Zallo, R. (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa.
• Con04: Recoñer as principais tendencias e procesos culturais da actualidade tanto en contextos próximos como internacionais.
• H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en funcións dos obxectivos que se persigan.
• Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
• Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
-Clases maxistrais. Exposición e explicación dos contidos teóricos da materia e directrices dos proxectos a realizar polo alumnado.
-Asistencia a conferencias ou outros eventos. Asistencia a diferentes actos que posibiliten que o alumnado entre en contacto directo coa experiencia profesional.
- Prácticas de campo: actividades académicas realizadas fóra da Facultade e guiadas polo/a docente, como as visitas a empresas e institucións no contexto da materia.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
-Resolución de problemas/exercicios. Identificación do problema, proposta de hipótese de resolución, aplicación e avaliación da solución adoptada.
-Presentacións na aula. Exposición na aula por parte do alumnado dos resultados do seu traballo autónomo que permite o desenvolvemento de competencias de comunicación oral e de uso das TIC.
-Estudos de caso. Achegamento empírico a un fenómeno ou feito relevante que implica unha aproximación contextualizada a datos reais a través do análise de modelos paradigmáticos de xestión cultural.
A avaliación será continua.
A nota final calcularase a partir do resultado do exame final, o traballo monográfico e as exposicións realizadas na clase.
1. Exame final: 20%.
2. Traballo monográfico: 60%
3. Análises e exposicións: 20%
Valorarase a achega individual ao grupo, a participación nos debates da clase, o seguimento do traballo e a capacidade expositiva.
Con04: exame final, análises e exposicións.
H/D02: exame final, traballo monográfico, análises e exposicións.
Comp06: traballo monográfico, análises e exposicións.
Comp08: exame final, traballo monográfico, análises e exposicións.
Na segunda oportunidade manteranse o mesmo peso porcentual para a obtención da cualificación final da materia. Se o/a alumno/a ten aprobada unha parte (teórica ou práctica), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nuns e noutras penalizaranse faltas de ortografía recorrentes, incorreccións sintácticas e a pobreza na expresión escrita.
Para o alumnado con dispensa de asistencia e/ou diversidade funcional deseñarase un plan personalizado.
• Docencia Expositiva: 24h.
• Docencia Interactiva/seminario: 24h.
• Titorías individuais do alumnado: 3h.
• Exame: 4h.
• Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 95h.
É moi importante que o alumnado aprenda a interpretar datos relevantes para emitir xuízos de valor reflexivos e fundamentados, adquirindo a capacidade de análise e crítica. Recoméndase que o alumnado realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atope en cada tema co fin de seguir de forma correcta o temario e a adquisición de competencias.
A bibliografía proposta xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables, alén diso, todos os procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que poderán ser avaliados.
Marta Veiga Izaguirre
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
25.05.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
29.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |