Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribúe á consecución dos seguintes obxectivos, de xeito que, unha vez cursada, o alumnado debe ser capaz de:
1. Recoñecer a diversidade das linguas orais e de signos no mundo actual e argumentar sobre a importancia de preservala e revitalizala como patrimonio cultural
2. Comprender e aplicar os distintos modos de clasificar as linguas por criterios xenéticos, tipolóxicos e de función social.
3. Debater sobre a valoración social das variedades lingüísticas e o papel da variedade estándar
4. Coñecer e valorar as distintas políticas de xestión da diversidade lingüísticas desenvolvidas internacionalmente, así como as circunstancias específicas que definen a súa aplicación nos distintos contextos nos que foron deseñadas e executadas
5. Coñecer e valorar as estratexias de planificación lingüística en Galicia a partir da instauración da democracia no Estado español, con especial atención por aquelas que presentan un compoñente ligado a actuación no eido da cultura
6. Recoñecer e analizar as relacións entre as políticas culturais e as políticas lingüísticas en ámbitos como a política editorial, a política de tradución, a política de espectáculos teatrais e musicais, as políticas destinadas a públicos específicos, etc.
TEMA 1. XESTIÓN DE LINGUAS: FUNDAMENTOS TEÓRICOS E METODOLÓXICOS
Distintas dimensións da linguaxe. A Lingüística Aplicada. A Política e a Planificación Lingüísticas.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA : PRINCIPAIS RETOS E SOLUCIÓNS
Panorama das linguas orais e de signos no mundo actual e criterios para a súa clasificación. Multilingüísmo e dereitos lingüísticos. Modelos de xestión territorial das linguas. Linguas e educación. Procesos de estandarización.
TEMA 3. PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO: DO PARADIGMA DA NORMALIZACIÓN AO PARADIGMA DA DINAMIZACIÓN
Normativizar vs. dinamizar, definición e cronoloxía para o caso galego. Dinamización e cultura en Galicia: os eventos culturais. Programacións culturais e lingua galega: institucións públicas e iniciativa privada. Estudos de caso.
TEMA 4. O DESAFÍO DA INTERNACIONALIZACIÓN DA CULTURA GALEGA
A cultura galega no contexto internacional. A divulgación dos produtos culturais galegos no exterior: literatura, cine, teatro, outros. Estratexias de internacionalización da literatura: traducións, premios literarios e outras. Estratexias de internacionalización doutros produtos culturais. Estudos de caso.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Paz, A; Lorenzo Suárez, A. M & Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2ª ed., 2008.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
Moure, Teresa (2000). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. Universidade da Coruña: Servizo de Publicacións.
Wright, Sue (2005). Language Policy and Language Planning: From Nationalism to Globalisation. Houndmills: Palgrave Macmillan.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amorós Negre, Carla (2014). Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis.
Bernárdez, E. (2004). ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza.
Cabeza, Carmen (2000): “Comunicación visual e linguas de signos”. En F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.), Manual de Ciencias da Linguaxe (pp. 139-172). Vigo: Xerais, cap. 6.
Esteban, M. L. y Ramallo, F. (2019): “Derechos lingüísticos y comunidad sorda: claves para entender la minorización”. Revista de Estudios de Lenguas de Signos REVLES: Aspectos lingüísticos y de adquisición de las lenguas de signos, 1, pp. 20-52.
González Abelaira, Cristina (2016): “Unha lingua de signos galega?”. Estudos de lingüística galega, 8, pp. 89-106.
Lamuela, Xavier & Henrique Monteagudo (2000): “Planificación lingüística”. En M. Fernández Pérez (coord.), Avances en Lingüística Aplicada (pp. 229-302). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Falcón, Xabier (2000): “Planificación lingüística”. En F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez, Manual de Ciencias da Linguaxe (pp. 409-442). Vigo: Xerais, cap. 10.
Haugen, Einar (1966): Language Conflict and Language Planning. The Case of Modern Norwegian. Cambridge: Harvard University Press.
- Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial
- Con05: Comparar as distintas políticas culturais poñendo o foco na súa proxección económica e no seu impacto para o desenvolvemento social das comunidades
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas
A docencia da materia desenvolverase mediante actividades formativas non presenciais. Están planificadas, por unha banda, 14 horas que se dedicarán a sesións semanais dunha hora, sesións que se poderán seguir de maneira síncrona mediante tecnoloxía de "streaming" (MSTeams), coa que se compartirá a sesión docente. Neste sentido, os diferentes materiais e recursos empregados durante as sesións poñeranse ao dispor do alumnado a través da aula virtual da materia. Por outra banda, está planificada unha hora semanal de titoría, que se desenvolverá de maneira non presencial e síncrona, a través de MSTeams, no horario fixado polo Decanato. O obxectivo destas titorías é orientar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe autónoma, así como resolver calquera dúbida ou consulta sobre os contidos e as actividades formativas programadas.
Empregaranse, deste xeito, metodoloxías diferentes e variadas que, en conxunto, posibilitan o seguimento a distancia da materia e o traballo autónomo do alumnado. A aula virtual empregarase como ferramenta principal para a docencia e nela poñeranse ao dispor do alumnado desde as presentacións en audio, explicando os contidos do programa, ata diferentes materiais bibliográficos e recursos, preferentemente en formato dixital, vídeos breves, ligazóns dixitais cos que acceder aos materiais audiovisuais e, en definitiva, o emprego de diferentes recursos didácticos que permitan a aprendizaxe autónoma do alumnado en remoto. Neste sentido, o uso da tecnoloxía de "streaming" para o desenvolvemento dos encontros entre profesorado e alumnado servirá para a exposición oral de traballos e o traballo colaborativo, para o que tamén se empregarán activamente os foros e os chats, promovendo a participación dos estudantes en debates moderados polo docente e incentivando a elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de diferente tipo, sexan individuais ou en grupo.
Os docentes da materia, ademais, comprométense a atender adecuadamente as consultas, dúbidas e solicitudes de información ou aclaración realizadas a través do correo electrónico nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o docente non estea a gozar dalgún tipo de permiso. Así mesmo, os docentes tamén se comprometen a avaliar e cualificar as diferentes tarefas e actividades programadas no marco do sistema de avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
1ª OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante avaliación continua. Na primeira oportunidade (maio-xuño) o 50% da cualificación final será resultado da avaliación das activades, tarefas e traballados programados nos distintos temas da materias. Terase e conta o interese e a participación regular e activa dos estudantes nas clases, a actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender e a corrección expresiva e a consistencia argumental nos traballados escritos e nas exposicións orais. O alumnado só terá dereito a este sistema de avaliación continua, podendo obter total ou parcialmente este 50% da cualificación final, se entrega, cando menos, catro tarefas programadas (unha por cada tema).
En segundo lugar, o 10% da cualificación final correspóndese coa participación activa dos estudantes na aula virtual: desde as titorías, chats, foros e debates, ata outras ferramentas virtuais que puntualmente poidan ser empregadas.
O 40% restante da cualificación provén da realización do exame final, na data fixada pola Secretaría do Centro, que consistirá nunha proba escrita coa que se comprobará a asimilación dos contidos e o desenvolvemento das competencias por parte do alumnado.
2ª OPORTUNIDADE:
A avaliación na segunda oportunidade realizarase tamén empregando un sistema de avaliación continua, de tal xeito que os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados. O alumnado de segunda oportunidade terá a posibilidade de entregar até catro tarefas programadas (unha por cada tema), antes da data oficial da realización do exame fixada pola Secretaría do Centro.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado que deba asistir a convocatorias posteriores deberá seguir o mesmo sistema de avaliación continúa que se acaba de describir para os estudantes que acudan á 1ª e 2ª convocatoria: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións".
Por unha banda, o alumnado deberá dedicar un total de 30 horas para as actividades presenciais: 14 horas para as clases a distancia, nas que se presentarán os contidos básicos e se impartirán clases prácticas, 12 para as titorías, nas que aportar aos estudantes orientacións teórico-metodolóxicas, e 4 para a realización do exame. Por outra banda, estas horas presenciais implican ata 120 horas de traballo autónomo por parte dos estudantes, horas que se empregarán para a realización das tarefas e actividades programadas, o aproveitamento das lecturas obrigatorias e a preparación do exame final. En total, pois, cada estudante debe dedicar en torno a 150 horas de estudo e traballo persoal para superar con éxito a materia.
A pesar das diferenzas nos ritmo de aprendizaxe de cada estudante, a participación activa nas actividades presenciais ou a través dos recursos electrónicos destinados ao aproveitamento da docencia en remoto (aula virtual, foro, chat, correo electrónico...), a consulta e aproveitamento das lecturas obrigatorias e a realización motivada e con interese das diferentes actividades de traballo autónomo programadas son parámetros indicativos do compromiso e esforzo do alumnado e redundan moi positivamente no seu beneficio, cun seguimento regular e constante das clases.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de adaptacións o apoio específico, por motivos de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente. Porén, só se terán en conta a estes efectos os casos que teñan sido valorados e informados, previamente, polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). Máis información na URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html.
M Carme Silva Dominguez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iván Enríquez Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
David Ernesto Oshige Adams
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- davidernesto.oshige.adams [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
10.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |