Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo dos dereitos fundamentais implicados na actividade creativa e de produción, cunha especial referencia á protección de datos persoais.
2. Estudo dos fundamentos xurídicos internacionais, de Europa, España e Galicia dos distintos sistemas e modelos de servizos da comunicación audiovisual.
3. Estudo da lexislación de propiedade intelectual, dereitos de autor, de produción e dereitos afíns relacionados coa comunicación audiovisual.
CONTIDO TEÓRICO
PARTE I. APROXlMAClÓN AO ESTUDO DO DEREITO COMO FENÓMENO SOClAL
TEMA 1. A EXPERIENCIA XURÍDICA E O ORDENAMENTO XURÍDICO
1.1. O Dereito como instrumento de control social. Dereito e poder. Dereito e Moral. Dereito e Xustiza.
1.2. O Estado de Dereito.
1.3. Derelto obxectlvo e derelto subxectlvo.
1.4. A norma xurídlca. Características e tipos de normas.
1.5. A idea de sistema xurídlco. O ordenamento como sistema.
1.6. Dereito público e Dereito privado.
1.7. Dereito estatal, Dereito autonómico, Dereito comunitario e Dereito internacional.
TEMA 2. CREACIÓN, NTERPRETACIÓN E APLICACIÓN DO DEREITO
2.1. A idea de fonte do Dereito. Fontes de Dereito europeo, nacional e autonómico.
2.2. Interpretación, aplicación e eficacia das normas xurídicas.
2.3. A xurisprudencia.
2.4. O poder xudicial. Os Tribunais de Xustiza. Estructura e funcionamento.
2.5. O Tribunal Constitucional.
PARTE II. PRlNClPlOS FUNDAMENTAlS SOBRE OS DEREITOS E DEBERES DA COMUNlCAClÓN
TEMA 3. DEREITOS FUNDAMENTAIS E LIBERDADES PÚBLICAS
3.1. Os dereltos fundamentals na Constitución: estrutura, función, contldo e protección.
3.2. A llberdade de información e a llberdade de expresión. A protección constitucional da información: o secreto profesional e a cláusula de conciencia. O dereito de rectificación.
3.3. Os seus límites. A tutela clvil do derelto á honra, á lntlmldade e á propia lmaxe. A protección penal: os delitos de calumnias e lnxurias. A llberdade ldeolóxlca. A llberdade relixlosa.
3.4. A protección de datos de carácter persoal.
3.5. Dereito de autor versus dereitos fundamentai s.
3.6. Análise xurisprudencial da tutela xudlcial dos dereitos fundamentais.
PARTE III- DEREITOS DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DE PROPIEDADE NTELECTUAL
TEMA 4 - PROTECCIÓN DA CRIATIVIDADE: OS BENS INMATERAIS
4.1. A protección dos bens inmateriais.
4.2. Dereito de autor e marcas. O merchandising.
4.3. O deseño industrial e outras categorías.
4.4. O mercado único dixital e a intelixencia artificial.
TEMA 5 - CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE DEREITO DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DE PROPlEDADE lNTELECTUAL NA LEI DE PROPlEDADlNTELECTUAL
5.1. Derelto de autor: orixe e caracterlstlcas xerals.
5.2. Suxelto do dereito de autor: obras en colaboración, colectivas e compostas.
5.3. Obxecto do dereito de autor.
TEMA 6 - CONTIDO DO DEREITO DE AUTOR
6.1. Dereltos morals.
6.2. Dereitos patrimoniais: dereitos de explotación e dereitos remuneratorios.
6.3. Duración. O dominio público.
6.4. Límites.
TEMA 7 - TRANSMISIÓN DO DEREITO DE AUTOR
7.1. Transmisión mortis causa.
7.2. Transmisión ínter vivos: regras xerais. contratos e licencias.
7.3. Contratos na Lel de propledade intelectual.
TEMA 8 - AS OBRAS CINEMATOGRÁFICAS E AUDIOVISUAIS NA LEXISLACIÓN DE PROPIEDADE INTELECTUAL
8.1. Concepto de obra audiovisual.
8.2. Suxeitos.
8.3. Especial referencia á contratación na contorna audiovisual.
8.4. Dereitos de remuneración.
8.5. Especificidades na xestión colectiva de dereitos.
TEMA 9. DEREITOS AFÍNS
9.1. Artistas intérpretes ou executantes.
9.2. Productores de gravacións audiovisuais.
9.3. Realizadores de meras fotografías.
9.4. Outros suxeitos: Productores de fonogramas. Entidades de radiodifusión. Editores de determinadas producións. Fabricante de bases de datos.
TEMA 10. PROTECCIÓN DOS DEREITOS DE AUTOR E AFÍNS
10.1. Acclóns clvis e penals. Especial referencia ao plaxlo.
10.2. O Rexistro da Propiedade Intelectual.
10.3. Símbolos ou indicacións da reserva de dereitos.
10.4. Entidades de xestlón dos dereltos de autor. Operadores de xestlón lndependente.
10.5. A responsabllldade dos prestadores de servlzos da socledade da información por lnfracclóns de dereltos de propledade intelectual.
PARTE IV. FUNDAMENTOS XURÍDICOS DOS DIFERENTES SISTEMAS E MODELOS DE SERVIZOS DA COMUNICACIÓN. AUDIOVISUAL
TEMA 11. SISTEMAS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E RÉXIME XURÍDICO DO CONTIDO DA COMUNICACIÓN
11.1. O réxime xurídico dos medios de comunicación audiovisual.
11.2. Aspectos básicos da Lei de Comunicación Audiovisual.
11.3. Autorregulación e corregulación: o sector da publicidade.
11.4. A protección dos consumidores na comunicación audiovisual: especial referencia ao menor como consumidor vulnerable.
TEMA 12. A LEI DO CINEMA
12.1. Características xerais.
12.2. As obras audiovisuais: clases, nacionalidade e calificación.
12.3. Os autores: os creadores e outros lntervlntes.
12.4. Produclón, distribución e exhibición. A cota de pantalla.
12.5. Medidas de fomento.
12.6. Réxime sancionador.
CONTIDO PRÁCTICO
O contido práctico da materia desenvolverase por medio do estudo de casos prácticos relacionados coa teoría, lectura e interpretación de materiais xurídicos (normas, sentenzas e contratos), visionado e comentario de contidos audiovisuais, eventual asistencia a conferencias ou outros eventos, así como a elaboración tutelada dun ensaio crítico. Todo iso orientado ao debate e ao traballo con textos (análise, síntese e discusión).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bercovitz, R. (Ed.). (2019). Manual de Propiedad Intelectual. Tirant lo Blanch.
Guichot,E. (Ed.). (2022). Derecho de la Comunicación. Iustel.
Otero Crespo, M. & Valiño Ces, A. & Pérez Rivas, N. (Dirs.). (2021). Manual de Conceptos Jurídicos Básicos. Colex.
Rogel Vide, C. & Espín Alba, I. (2018). Derecho de la Persona. Reus.
Rogel Vide, C. & Serrano Gómez, E. (2008). Derecho de Autor. Reus.
Así mesmo, os materiais bibliográficos e normativos facilitados pola profesora na aula virtual.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bercovitz, R. (Ed.). (2017). Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual. Thomson Reuters-Aranzadi.
Espín Alba, I. (Ed.). (2014). Propiedad Intelectual en el siglo XXI. Reus.
Palau, F. & Palao, G. (Eds.). (2017). Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual. Tirant lo Blanch.
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
• Clase maxistral.
• Resolución de problemas.
• Presentación en aula.
• Debate.
• Seminario.
• Metodoloxía baseada na investigación.
• Estudo previo.
• Traballo tutelado.
• Foros de discusión - traballo en grupo.
• Asistencia a conferencias ou outros eventos.
O sistema de avallaclón combinará dous instrumentos:
1º Probas prácticas (foros de discusión, participación nas clases interactivas, presentacións, debates, traballos e demais tarefas realizadas ao longo do curso): 50%.
2º Proba de coñecemento teórico presencial escrita (exame final): 50%.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible aprobar a parte práctica (punto 1º) e a parte teórica (punto 2º) para superar a materia. En concreto, para aprobar a parte práctica é preciso obter unha nota mínima de 2,5 (sobre 5) e para aprobar a proba de coñecemento teórico presencial escrita (exame final), unha nota mínima de 3 (sobre 5).
Segunda oportunidade: A forma de avaliación descrita para a convocatoria ordinaria é aplicable tamén para a convocatoria extraordinaria. Así, na segunda oportunidade conservarase a nota das probas prácticas (punto 1º) que non será obxecto de recuperación e o estudante poderá recuperar a nota da proba final escrita (punto 2º).
PLAXIO OU USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
NORMATIVA DE PERMANENCIA
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
RÉXIME DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque requiren exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula da profesora para comprobar a súa evolución. Ademais, nas clases interactivas realizaranse presencialmente as probas prácticas avaliables descritas no sistema de avaliación.
No caso de dispensa de asistencia ás clases expositivas, para a preparación da proba de coñecemento teórico presencial escrita (exame final), establecerase un plan de traballo personalizado coa profesora da materia.
Esas condicións son as mesmas tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Docencia teórica 24 horas.
Docencia interactiva seminario 24 horas.
Titorización en grupo reducido 3 horas.
Probas de avaliación 3 horas.
Traballo persoal do alumnado 96 horas.
* A asistencia ás actividades docentes é o método máis axeitado para o seguimento da materia.
* O alumno debe preparar a materia polos textos que indique a profesora para cada tema do programa. Non debe, en ningún caso, estudar polos apuntamentos elaborados por outros alumnos (adoitan conter erros conceptuais e un contido insuficiente).
* O tempo de estudo debe de ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
* Baixo ningún concepto débese memorizar contldo algún se non se comprendeu previamente.
* Consultar e utilizar a aula virtual.
* Asistir ás tltorías.
Isabel Espin Alba
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814650
- Correo electrónico
- isabel.espin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
26.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
26.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
30.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |