Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia procura achegarse á Xeografía Rural como subdisciplina xeográfica cunha perspectiva actual e aplicada, de xeito que se priman as liñas de investigación que se están agora a debater e as políticas públicas en execución. Perséguese unha abordaxe global dos espazos rurais do planeta, que abranga os matices propios do Sur e do Norte globais e, neste último, os contextos europeo, español e galego. Os obxectivos específicos son:
1. Contrastar as diferentes definicións da ruralidade e do espazo rural.
2. Entender as dinámicas recentes de poboación e poboamento experimentadas polos espazos rurais, en particular o debate ao redor dos espazos de baixas densidades.
3. Comprender a reconfiguración produtiva do espazo rural no seo do sistema capitalista, nomeadamente da agricultura.
4. Razoar os efectos da visión do rural como espazo de consumo, en especial no Norte global.
5. Debater as implicacións da lectura ambiental emerxente dos espazos rurais, en concreto as controversias acerca das áreas protexidas e do concepto de renaturalización.
6. Aplicar os paradigmas das políticas rurais, incluíndo a ordenación e o desenvolvemento, a realidades territoriais concretas.
De acordo coa memoria oficial vixente do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, os contidos son os seguintes:
- Estudo xeográfico dos espazos rurais e a súa diversidade
- Estudo das sociedades humanas que neles viven e organizan o seu territorio
- Actividades económicas (agrarias e non agrarias)
- Impacto paisaxístico das actividades económicas
- Potencialidades que ofrecen para un desenvolvemento económico sustentábel a escala local
- As novas realidades rurais: o rururbano, os campos vivos, o rural produtivista e posprodutivista e as características dos espazos rurais en declive
- A organización do espazo rural
- As diferenzas conceptuais entre rural, agrario e labrego
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1. A Xeografía Rural e a definición do espazo rural
2. As dinámicas de poboación e poboamento rurais
3. O rural como espazo de produción
4. O rural como espazo de consumo
5. A lectura ambiental do espazo rural
6. As políticas rurais e o desenvolvemento rural
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- CLOKE, P.; MARSDEN, T. & MOONEY, P.H. (eds.) (2006): Handbook of Rural Studies. London/Thousand Oaks/New Delhi: Sage.
- GONIN, A. & QUÉVA, C. (2018): Géographie des espaces ruraux. Paris: Armand Colin.
- ROBINSON, G. (2004): Geographies of Agriculture: Globalisation, Restructuring and Sustainability. London: Pearson.
- SCOTT, M.; GALLENT, N. & GKARTZIOS, M. (eds.) (2019): The Routledge Companion to Rural Planning. London/New York: Routledge.
- SHUCKSMITH, M. & BROWN, D.L. (eds.) (2016): Routledge International Handbook of Rural Studies. London/New York: Routledge.
- WOODS, M. (2005): Rural Geography: Processes, Responses and Experiences in Rural Restructuring. London: Sage.
- WOODS, M. (2011): Rural. London/New York: Routledge.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BOURON, J.-B. & GEORGES, P.-M. (2019): Les territoires ruraux en France. Paris: Ellipses.
- CERAROLS, R. & NOGUÉ, J. (eds.) (2022): L’altre món rural. Reflexions i experiències de la nova ruralitat catalana. Manresa: Tigre de Paper.
- COCHET, G. & DURAND, S. (2018): Ré-ensauvageons la France. Plaidoyer pour une nature sauvage et libre. Arles: Actes Sud.
- DESMARRES-POIRRIER, C. (2020): L’exode urbain. Manifeste pour une ruralité positive. Mens: Terre Vivante.
- DUBOIS, S. (2010): Le défi alimentaire: Étude géopolitique et géoéconomique des agricultures mondiales. Paris: Presses Universitaires de France.
- JEAN, Y. & PÉRIGORD, M. (2009): Géographie rurale. La ruralité en France. Paris: Armand Colin.
- MOLINERO, F. (coord.) (2013): Atlas de los paisajes agrarios de España. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
- MOLINERO, F. et al. (coords.) (2004): Atlas de la España Rural. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
- MOLINERO, F.; TORT, J. & OJEDA, J.F. (eds.) (2011): Los paisajes agrarios de España. Caracterización, tipificación y evolución. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
- PALAU, J. (2020): Rewilding Iberia. Explorando el potencial de la renaturalización en España. Bellaterra: Lynx.
* Revistas:
- European Countryside: http://www.european-countryside.eu/
- Journal of Rural Studies: https://www.journals.elsevier.com/journal-of-rural-studies
- Sociologia Ruralis: https://onlinelibrary.wiley.com/journal/14679523
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística.
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos seis grandes bloques previstos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades prácticas relacionadas coa análise e diagnóstico do espazo rural nas súas múltiples dimensións, así como no eido do desenvolvemento local. Unha e outra abordaxes non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Contémplase a realización dunha saída de campo obrigatoria destinada a entendermos o desenvolvemento rural sobre o terreo. De levarse a cabo, o alumnado deberá realizar unha actividade posterior derivada que será cualificada.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%.
O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Estas versarán fundamentalmente sobre o tema 6, isto é, deseño de estratexias de desenvolvemento rural e avaliación de políticas xa implantadas neste senso. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a actividade posterior derivada da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender; neste punto, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e/ou con preguntas curtas sobre os contidos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe curricular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
- Docencia teórica e práctica, seminarios, titorías, saídas: 55 h
- Estudo, redacción de traballos, preparación de presentacións, outras actividades: 95 h
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mª Mar Sobral Bernal
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- mar.sobral.bernal [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Nerea María Otero Vale
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- neream.otero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
20.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
26.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |