Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Entender a componente espacial do turismo. Ademais dun fenómeno económico ou cultural, o turismo é unha actividade cunhas implicacións territoriais moi evidentes na medida na que modifica estruturas previas e moitas veces dá lugar a novas lóxicas espaciais.
O estudante deberá coñecer algunhas nocións básicas dos estudos turísticos. Despois desta introdución centraremos o obxecto de análise na identificación das diferentes tipoloxías de implantación turística sobre o territorio coa finalidade de comprender distintas formas de transformación e modificación deses territorios.
Finalmente mudaremos o foco para os instrumentos e ferramentas existentes para a ordenación dos espazos turísticos. O alumno/a deberá coñecelos e valoralos posto que son fundamentais nos procesos de ordenación e xestión dos destinos turísticos, independentemente da súa natureza.
Diferenzas entre turismo e lecer. Turismo e territorio. Breve historia do turismo e a súa relación co territorio. O turismo: unha actividade con evidentes implicacións territoriais. O turismo e a tripla dimensión da sustentabilidade (económica, social e ambiental). Tipoloxías turísticas. Turismo e desenvolvemento territorial. Modelos de planificación turística. A xestión dos destinos turísticos e dos visitantes. Turismo, transporte e mobilidade. Marketing turístico. Turismo e ética. Turismo e cooperación. O futuro do turismo
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1.-Nocións básicas de turismo
2.-Tipoloxías de espazos turísticos
2.1 Turismo urbano
2.2 Turismo no espazo rural
2.3 Turismo de litoral
3. Turismo e Ordenación do Territorio
BLANQUER, D. (Dir), (2002): Ordenación y gestión del territorio turístico. Valencia: Tirant lo Blanc
BOYER, M. (2003): História do turismo de massa. Bauru: EDUSC
CALLIZO, J. (1991): Aproximación a la geografía del turismo. Madrid: Síntesis
FERNÁNDEZ, A. (2004): Turismo y ordenación del territorio. Quaderns de Política Económica. Vol. 7.
FERRÁS, C, GARCÍA, Y. (2012): Consuming the Spectacle: Tourism and Communication Technologies in Santiago de Compostela. En B. Warf (ed.) Encounters and Engagements between Economic and Cultural Geography. New York, Springer. pp 167-178
GARCÍA, Y. (2009):La ciudad como espectáculo. Marketing territorial, internet y atracción turística en Santiago de Compostela. ¿Éxito o fracaso? UOC Papers nº 8.
HALL, M. (2001): Planejamento turístico. São Paulo: ed. Contexto
IVARS, J. (2002): Planificación turística de los espacios regionales en España. Madrid: Síntesis
JIMÉNEZ, A. (1993): Turismo, estructura y desarrollo. México: McGraw Hill
MOLINA, S. (1997): Turismo, metodología para su planificación. México: Trillas
SHARPLEY, R. e TELFER, D. (Ed), (2002): Tourism and Development. Clevedon: Channel View
URRY, J. (2002): The Tourist Gaze. Londres: Sage. 2ª ed.
VERA, J., (Coord.), (2011): Análisis Territorial del Turismo y Planificación de Destinos Turísticos. Valencia: Tirant Lo Blanch
Alén desta bibliografía, utilizaremos artigos de revistas académicas así como informes e documentos oficiais.
-Entender a importancia da variable territorial nos estudos turísticos
-Comprender que o turismo é moito máis que un conxunto de empresas e que esta actividade ten unhas implicacións territorias evidentes
-Coñecer a existencia de múltiples tipoloxías de espazos turísticos e a complexidade e diferenza dos mesmos
-Valorar o papel que pode e debe desenvolver a xeografía na xestión dos destinos turísticos
-Saber utilizar as distintas ferramentas e instrumentos de planificación na xestión dos destinos turísticos
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
ESPECÍFICAS
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre a terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE7 - Realizar análise e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
CE6 - Realizar análise e propostas de xestión territorial
CE8 - Xestionar a localización de servizos e actividades
CE9 - Realizar diagnoses integradas da acción pública
A impartición da parte teórica da materia inevitablemente terá que ser baseándose na tradicional clase maxistral, aínda que en todo momento se fomentará e valorará a participación activa do alumnado. Procuraranse desenvolver clases nas que se combine a transmisión de coñecementos co apoio das tecnoloxías da información e comunicación que faciliten ese proceso de adquisición e fixación de saberes.
Polo que respecta ás aulas interactivas o seu contido estará centrado fundamentalmente na análise de textos e nos estudos de caso que sirvan para reforzar e fixar os coñecementos adquiridos na parte expositiva da materia. A participación activa do estudantado será moi importante.
Na medida das disponibilidades existentes, haberá unha saída ao campo de carácter obrigatorio
O exame terá un valor do 60%
Os traballos a realizar nas clases interactivas valerán o 30%. As prácticas subiránse ao campus virtual nos prazos establecidos polo profesor. A non entrega das prácticas en prazo terá valor negativo
A participación activa, a colaboración e a dinamización no desenvolvemento das aulas o 10%
Será obrigatoria a asistencia ás titorías presenciais segundo o formato que se concrete na aula.
Será necesario que nos dous primeiros items a nota mínima que se alcance en cadansua valoración sexa dun 5 sobre 10. No caso de suspender a materia a nota das partes aprobadas, se as houbese, non se gardará para a seguinte convocatoria. A ponderación será a mesma na proba ordinaria que na extraordinaria
Proporase unha saída de campo, dependendo do financiamento existente, que será obrigatoria e que sumará como parte do 30% das aulas interactivas, restando valor no caso de non xustificar a inasistencia.
En caso de dispensa solicitada oficialmente por un estudante será igualmente obrigatoria a entrega das prácticas previa consulta de datas co profesor. Os criterios de avaliación serán os mesmos incorporando o 10% de participación activa ao valor do exame escrito.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
- 32 horas teóricas presencias na aula.
-16 horas de docencia interactiva con presencia na aula
-3 horas de titorías presencias no despacho do profesor
- 3 horas semanais (media) para estudo, lecturas e traballo coas fontes e interpretación de resultados, traballo de campo e titoría do traballo persoal.
- Ler a bibliografía básica.
- Ler os artigos indicados que se correspondan coas prácticas marcadas.
- Identificar claramente as dúbidas e consultalas.
- Ler de xeito habitual os xornais, especialmente algúns artigos relacionados coa materia e comentalos.
- Utilizar dicionarios de termos xeográficos para dominar a linguaxe específica e para acostumarse á precisión e á concreción.
-Asistir asiduamente ás clases. Lémbrase que é unha obrigación
O horario de titorías será: luns, martes e mércores de 9 a 11 h.
Xose Manuel Santos Solla
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812629
- Correo electrónico
- xosemanuel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Venres | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
02.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
07.07.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |