Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer as principais achegas teóricas en materia de paisaxe, que explican a súa evolución conceptual.
2. Identificar e exercitar as distintas modalidades de planificación e xestión da paisaxe.
3. Aprender a utilizar o CEP como marco de referencia en materia de paisaxe.
4. Practicar distintas metodoloxías e técnicas de traballo en planificación e xestión da paisaxe, en particular o estabelecemento de unidades e tipos paisaxísticos.
5. Reactivar coñecementos e métodos propios da Xeografía para aplicalos nunha abordaxe transversal da paisaxe.
6. Recoñecer as distintas aproximacións á paisaxe para integrarse en equipos multidisciplinares.
De acordo coa memoria oficial vixente do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, os contidos son os seguintes:
- O concepto de paisaxe
- Elementos e factores que interveñen na xénese das paisaxes
- Funcionamento e dinámica da paisaxe
- A paisaxe como manifestación cultural e natural
- Caracterización, clasificación e descrición das unidades de paisaxe
- Tipos de paisaxes en Galiza
- Lexislación sobre paisaxe: da Convención [sic] Europea da Paisaxe á Lei da Paisaxe de Galiza
- O papel da paisaxe na Ordenación do territorio
- Paisaxe cultural [sic] e patrimonio
- Paisaxe natural [sic] e medio ambiente
- Os problemas de conservación da paisaxe
- O impacto das actividades antrópicas na paisaxe [sic]
- Técnicas de estudo da paisaxe
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1. O concepto de paisaxe
2. A consideración tradicional da paisaxe desde a ordenación: espazos naturais protexidos e patrimonio histórico-artístico
3. O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para o desenvolvemento de políticas de paisaxe
4. A elaboración de plans de paisaxe vinculantes. O estabelecemento de unidades de paisaxe
5. O desenvolvemento de instrumentos de planificación indicativa e de xestión da paisaxe
6. O rol da paisaxe nas figuras de planeamento urbanístico e de ordenación territorial
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Busquets, J. e Cortina, A. (coords.) (2009): Gestión del paisaje. Manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Barcelona: Ariel.
- Farinós, J. e Olcina, J. (coords.) (2022): Ordenación del territorio y medio ambiente. València: Tirant Humanidades.
- Howard, P.; Thomson, I. e Waterton, E. (2013): The Routledge Companion to Landscape Studies. Abingdon: Routledge.
- Mata, R. e Tarroja, À. (coords.) (2006): El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajísticos en la ordenación del territorio y el urbanismo. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- Nogué, J.; Puigbert, L.; Sala, P. e Bretcha, G. (eds.) (2010): Paisatge i participació ciutadana: l’experiència dels catàlegs de paisatge de Catalunya. Olot/Barcelona: Observatori del Paisatge de Catalunya/Generalitat de Catalunya.
- Nogué, J.; Sala, P. e Grau, J. (2016): Los catálogos de paisaje de Catalunya. Metodología. Olot: Observatori del Paisatge/ATLL.
- Zoido, F. e Venegas, C. (coords.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Sevilla/Soria: Junta de Andalucía/Fundación Duques de Soria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: ENSAIOS (A ESCOLLER UN PARA LER)**
- Berque, A. (2008): La pensée paysagère. Paris: Archibooks. [Trad. esp.: Berque, A. (2009): El pensamiento paisajero. Madrid: Biblioteca Nueva.]
- Besse, J.-M. (2000): Voir la Terre. Six essais sur le paysage et la géographie. Arles: Actes Sud. [Trad. esp.: Besse, J.-M. (2010): La sombra de las cosas. Sobre paisaje y geografía. Madrid: Biblioteca Nueva.]
- Martínez de Pisón, E. (2009): Miradas sobre el paisaje. Madrid: Biblioteca Nueva.
- Martínez de Pisón, E. (2015): Cuadernos de montaña. Madrid: Desnivel.
- Nogué, J. (2009): Entre paisajes. Barcelona: Àmbit.
- Nogué, J. (ed.) (2018): El arte de la geografía. Barcelona: Icaria.
- Roger, A. (1997): Court traité du paysage. París: Gallimard. [Trad. esp.: Roger, A. (2007): Breve tratado del paisaje. Madrid: Biblioteca Nueva.]
- Tuan, Y.-F. (2013): Romantic Geography. In Search of the Sublime Landscape. Madison: University of Wisconsin Press. [Trad. esp.: Tuan, Y.-F. (2015): Geografía romántica. En busca del paisaje sublime. Madrid: Biblioteca Nueva.]
** Lectura aos efectos do estabelecido polo Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A/ Coleccións de libros do Observatori del Paisatge: http://www.catpaisatge.net/esp/publicacions_coleccions.php
B/ Boletín de novas: http://www.catpaisatge.net/esp/documentacio_butlleti.php
C/ Revistas
- Landscape and Urban Planning: https://www.journals.elsevier.com/landscape-and-urban-planning
- Landscape Ecology https://www.springer.com/journal/10980
- Landscape Research: https://www.tandfonline.com/toc/clar20/current
D/ Páxinas web relevantes
- CEP CoE: https://www.coe.int/en/web/landscape
- Instituto de Estudos do Territorio: https://cmatv.xunta.gal/organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territor…
- Observatori del Paisatge: http://www.catpaisatge.net/esp
E/ Unidades didácticas da USC
- Tema 2: (proximamente dispoñíbel)
- Tema 3: https://www.usc.gal/libros/es/historia/86-o-convenio-europeo-da-paisaxe…
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT6 - Xerar acordos en equipas interdisciplinares.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial.
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental.
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos seis temas previstos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades prácticas relacionadas coas políticas paisaxísticas. Unha e outra abordaxes non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Contémplase a realización dunha saída de campo obrigatoria de análise, diagnóstico e propostas de paisaxe sobre o terreo. De levarse a cabo, o alumnado deberá realizar unha actividade posterior derivada que será cualificada.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%.
O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas, sobre todo destinadas á elaboración dun plan de paisaxe. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas, o traballo co ensaio (Berque, 2008 [trad. 2009]; Besse, 2000 [trad. 2010]; Martínez de Pisón, 2009, 2015; Nogué, 2009, 2018; Roger, 1997 [trad. 2007]; Tuan, 2013 [trad. 2015]) e mais a actividade posterior derivada da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender; neste punto, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe curricular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
- Docencia teórica e práctica, seminarios, titorías, saídas: 55 h
- Estudo, redacción de traballos, preparación de presentacións, outras actividades: 95 h
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Ignacio Vila Vazquez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Vila Lage
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- roberto.vila.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
14.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
20.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |