Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo global da materia é a comprensión das interrelacións da actividade económica e o territorio, e de como desas interrelacións se deriva a organización espacial desde o punto de vista económico.
A Xeografía Económica sérvenos para entender e interpretar a lóxica espacial da actividade económica. Resulta, polo tanto, fundamental coñecer e entender o papel que desenvolven os diferentes axentes (empresas, consumidores, traballo....), así como os factores que condicionan a actividade das empresas (innovación, competitividade...). Finalmente, é importante non apenas analizar o proceso de globalización maís tamén o protagonismo que segue a ter o local, onde o territorio resulta unha peza imprescindíbel.
Con base no anterior os obxectivos xerais pódense resumir en:
-Analizar as interrelacións entre actividade económica e territorio
-Valorar o papel dos axentes económicos e dos factores condicionantes da actividade económica.
-Traballar coas escalas xeográficas que permitan interrelacionar o proceso de globalización co protagonismo local e rexional.
-Comprender as desigualdades económicas de carácter espacial, interpretando as súas causas e entendendo as alternativas e solucións
-Coñecer e manexar con habilidade as fontes e as ferramentas de carácter económico-espacial.
Fundamentos Xeografía Económica. A dimensión espacial no pensamento dos economistas clásicos. Xeografía Económica: antecedentes e orientacións actuais. Economía, territorio e sociedade. A conformación do sistema mundo ao longo do tempo. As macrorregiones económicas. Os grandes bloques económicos mundiais. Asociacións, mercados económicos e tratados de comercio.O espazo xeográfico e o espazo económico. Teorías de localización espacial clásicas ( Christaller, Lösch, etc). Estrutura e funcionamento do sistema económico capitalista: a súa lóxica espacial,
singularidades e fases. O circuíto económico.A estrutura do sistema produtivo: sectores e factores de produción. Teorías de localización industrial e empresarial contemporáneas. As industrias de implantación. Políticas de polos. O desenvolvemento endóxeno e o desenvolvemento local. As descontinuidades económicas espaciais: a organización rexional no tempo e no espazo.Da localización á deslocalización. A división espacial das fases do proceso de produción. Formación, organización, estrutura e funcionamento da economía en perspectiva global. A importancia do transporte
e a loxística nun mundo globalizado. As novas tecnoloxías e a consolidación dun sistema económico integrado mundial. Globalización ou antiglobalización. O equilibrio entre o local e o global. Tendencias actuais e perspectivas de futuro.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes Temas:
Tema 1. Relacións Economía-Xeografía.
Tema 2. As fronteiras da Xeografía Económica
Tema 3. Teorías e métodos na Xeografía Económica
Tema 4. Globalización e desenvolvemento desigual
Tema 5. O espazo económico
Bibliografía básica e complementaria
ALBÁN D´ENTREMONT (1997): Geografía económica. Ed. Cátedra. Madrid.
ALBET, A. y BENEJAM, P. (2001): Una Geografía Humana renovada. Lugares y regiones en un mundo global. Vicens Vives. Barcelona.
AZCÁRATE, B, AZCÁRATE, Mª V. y SÁNCHEZ, J. (2008): Grandes espacios geográficos. El mundo desarrollado. UNED. Madrid.
AZCÁRATE, B, AZCÁRATE, Mª V. y SÁNCHEZ, J. (2009): Grandes espacios geográficos. Subdesarrollo y países emergentes. UNED. Madrid.
BARNES, T., CHRISTOPHERS, B. (2018): Economic Geography. A Critical Introduction. London: Wiley
BRAUDEL, F. (2006): La dinámica del capitalismo. Fondo de Cultura económica. México.
BUTLER, J.H. (1986): Geografía económica. Aspectos espaciales y ecológicos de la actividad económica. Ed. Limusa. Méjico.
CASTELLS, M (2000): La era de la información. La sociedad red. Alianza Editorial. Madrid.
CLAVAL,P. (1980): Geografía económica. Ed. Oikos-Tau. Barcelona.
COE, N.-KELLY, P.-YEUNG, H.W.C. (2013) Economic geography: a contemporary introduction. Wiley-Blackwell.
DICKEN, P. (2015): Global Shift. Mapping the changing contours of the world economy. London, Sage
DOLLFUS, O. (1995): La nouvelle carte du monde. PUF. París.
DOLLFUS, O. (1999): La mundialización. Ediciones Bellaterra. Barcelona.
DUBY, G. (1987): Atlas histórico mundial. Editorial Debate.Barcelona.
GROU, P. (1990): Atlas mundial des multinationales. RECLUS. París.
MÉNDEZ,R. (1997): Geografía económica. La lógica espacial del capitalismo global. Ariel Geografía. Madrid.
MÉNDEZ, R. y CARAVACA, I. (1996): Organización industrial y territorio. Editorial Síntesis. Madrid.
MANDADO, E. (1991): Galicia ante el reto tecnológico. Universidade de Vigo
MONDE DIPLOMATIQUE (2006): L´Atlas. Armand Colin. París.
PNUD: Informe sobre desarrollo humano, varios años.
SÁNCHEZ HERNÁNDEZ, J.L. (2003): Naturaleza, localización y sociedad. Tres enfoques para la geografía económica. Ed. Universidad de Salamanca.
ROMERO, J (coord..) (2007): Geografía humana : procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Ariel Geografía. Barcelona.
VIDAL VILLA,J.Mª (1990): Hacia una economía mundial. Norte/Sur: frente a frente. Ed. Plaza&Janés. Barcelona.
VVAA (2008): Atlas de la globalización. Ed. Universitat de València.
ZÁRATE MARTÍN, M. A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2005): Geografía Humana. Sociedad, Economía y Territorio. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
Diccionarios de termos xeográficos
Organización das Nacións Unidas. www.un.org
UE. http://europa.eu/index_es.htm.
Organización Mundial do Comercio. www.wto.org
Banco Mundial. www.worldbank.org
Instituto Nacional de Estadística. www.ine.es
Instituto Galego de Estatística. www.ige.es
Instituto de Comercio Exterior (ICEX). www.icex.es
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. www.undp.org
Entender as interrelacións que se establecen entre economía e territorio
Valorar os procesos de globalización e o papel que ten a escala local
Coñecer a división espacial do traballo e as implicacións que ten para a empresa e para a sociedade local
Interpretar a importancia da localización das actividades económicas en función dos procesos globais e das estratexias locais
Comprender os factores que condicionan a localización das actividades económicas
Expresar mediante cartografía fenómenos espaciais de carácter económico
Desenvolver razoamentos críticos sobre o sistema económico e a súa capacidade de transformación socio-territorial
Manexar correctamente fontes estatísticas e conceptos relacionados coa materia
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre a terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
Desenvolveranse clases expositivas (explicación dos conceptos do programa polo profesor) e clases interactivas nas que o alumnado traballará con distintas fontes, documentos, artigos e calquer outro material de interese para a disciplina. É importante saber desenvolver un espírito crítico nos traballos e nas intervencións.
A entrega dos traballos das clases interactivas son obrigatorios, calquera que sexa a convocatoria, incluíndo aquelas persoas con dispensa de asistencia ou repetidoras.
O profesor poderá encargar un traballo final e tamén, se é posible, haberá unha saída de campo.
A pariticipación activa nas interactivas ou nas expositivas será valorado moi positivamente
Se as condicións o permiten, haberá unha saída ao campo de carácter obrigatorio
Os requisitos para superar a materia serán os seguintes:
Aprobar o examen escrito cunha nota mínima de 5 sobre 10 (70 % da cualificación final).
Os traballos realizados nas clases interactivas e a práctica de campo terán un valor global do 30% sobre acualificación final.
Valorarase a asistencia regular á clase, así como a participación activa e dinamización das aulas. De igual xeito, forma parte das actividades obrigatorias, todas aquelas organizadas dentro da materia, como é o caso da saída de campo, se a houber.
Os traballos derivados das horas interactivas serán subidos ao campus virtural no prazo fixado polo profesor. Non se recollerán traballos a posteriori a non ser que haxa un motivo debidamente xustificado. A partir dun 20% de prácticas non entregadas, non se valorarán para a oportunidade de maio-xuño.
Para poder presentarse ao exame da primeira oportunidade cómpre ter sido avaliado nas clases interactivas. Isto inclúe ás persoas con dispensa de asistencia e repetidoras.
Os criterios de avaliación para a convocatoria extraordinaria de xullo serán os mesmos que para a ordinaria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
O das clases presenciais e interactivas, e tres horas semanais (promedio) para estudo, realización de traballos e titorías para o seguimento.
Utilizar os manuais recomendados
Utilizar diccionarios de termos xeográficos para dominar a linguaxe específica e para adquirir o hábito da concreción e exactitude ao manexar
conceptos
Ler os textos seleccionados
Ler a prensa de forma habitual, e especialmente os artigos relacionados coa materia
O horario de titorías será: luns, martes e mércores de 9 a 11 h.
Xose Manuel Santos Solla
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812629
- Correo electrónico
- xosemanuel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
14.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
20.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |