Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia ten por vocación fundamental a análise xeográfica de España. Xa que o alumnado cursou maioritariamente a xeografía de bacharelato e educación secundaria dedicada case na súa totalidade ao estudo do territorio español, evitaranse os contidos básicos de natureza descritiva e memorística. Primaranse, polo tanto, aspectos xeográficos de niveis avanzados, de tipo analítico e interpretativo. Perséguese así que o alumnado consolide os coñecementos que xa posúe sobre a materia e que os expanda, tanto en relación a temas habitualmente considerados na educación xeográfica en e sobre España (climas, sistema urbano, etc.) como incorporando aspectos posiblemente preteridos (xeopolítica, xeografía lingüística, xestión ambiental, etc.). Asemade, preténdese que o alumnado adquira novas formas de ler a realidade xeográfica de España que permitan o desenvolvemento das súas habilidades como futuros/as xeógrafos/as e expertos/as en ordenación do territorio.
• Aprender a analizar xeograficamente o conxunto do territorio español, establecendo relacións entre as principais características físicas, humanas i económicas do mesmo.
• Analizar a configuración territorial de España e os problemas que se derivan dela.
• Comprender a complexa realidade española coas súas implicacións espaciais.
• Desenvolver ferramentas que faciliten a interpretación dos diferentes fenómenos ambientais, sociais ou económicos con implicación territorial.
• Xestionar fontes e cartografía que faciliten a análise territorial.
• Aplicar el análise rexional dun espazo concreto os coñecementos xeográficos adquiridos ao longo dos dous cursos anteriores do Grado.
1. Introdución á Xeografía de España.
2. O relevo.
3. O clima e a circulación atmosférica.
4. Hidrografía e augas continentais.
5. Bioxeografía.
6. Solo e vexetación.
7. Os aspectos demográficos: evolución e estrutura.
8. Os movementos migratorios actuais.
9. O proceso de urbanización: as cidades.
10. As áreas metropolitanas.
11. As paisaxes agrarias.
12. A actividade primaria.
13. As fontes de enerxía.
13. A industria.
14. Infraestruturas e medios de transporte.
15. O comercio e os servizos.
16. Espazos e destinos turísticos.
17. Organización política e administrativa.
18. A ordenación do territorio a distintas escalas.
19. España na Comunidade Internacional.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
I. INTRODUCIÓN
1. Introdución á Xeografía de España.
2. As claves da diversidade natural e cultural.
3. A pluralidade cultural e lingüística.
4. Os recursos territoriais.
II. O MEDIO FÍSICO
5. O relevo peninsular.
6. Os climas.
7. As augas: sistemas fluviais e recursos hídricos.
III. POBOACIÓN, ASENTAMENTOS E ACTIVIDADES
8. A poboación española: estrutura e tendencias.
9. O proceso de urbanización: cidades e áreas metropolitanas.
10. Actividades e espazos económicos: unha economía terciarizada.
IV. ORGANIZACIÓN E ORDENACIÓN TERRITORIAIS
11. Organización política e administrativa.
12. A ordenación do territorio a distintas escalas.
13. España na Comunidade Internacional.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Farinós, J. y Olcina Cantos, J. (Coords) (2017). Geografía regional de España. València: Universitat de València, Tirant Humanidades.
- Gil Olcina, A. y Gómez Mendoza, J. (Coords.) (2001). Geografía de España. Barcelona: Ariel.
- Méndez, R. y Molinero, F. (Coords.) (1993). Geografía de España. Barcelona: Ariel.
- Romero, J. (Coord.) (2016). Geografía humana de España. València: Universitat de València, Tirant Humanidades.
- Sanz Heeráiz, C. et al. (2014). Geografía de los Paisajes de España. Madrid: UNED.
- Vila Valentí, J. (1989). La Península Ibérica. Barcelona: Ariel.
Lecturas Recomendadas
- Bel, G. (2010). España, capital París. Origen y apoteosis del Estado radial: del Madrid sede cortesana a la «capital total». Barcelona: Destino.
- Bosque Maurel, J. (2012). España en el tercer milenio. Una imagen geográfica de una sociedad moderna en cambio. Granada: Universidad de Granada.
- del Molino, S. (2022). La España vacía. Alfaguara.
- Cebeiro Ortiz, N. (2023). El plan Marta (1960-1963). Madrid: DYKINSON.
- Pinto Pajares, D. (2022). Lenguas de España. Combatiendo los prejuicios en torno a la realidad lingüística española. Gijón: Ediciones Trea.
- Romero, J. (2006). España Inacabada. Valencia: Publicacions de la Universitat de València.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Carreras Verdaguer, C. y García Ballesteros, A. (Coords.) (1995). Geografía de España. Barcelona: Gallach, 14 vol.
- Delgado, C. & Plaza, J.I. (Coords.) (2012). Territorio y paisaje en las montañas españolas. Estructuras y dinámicas espaciales. Santander: Estvdio.
- Del Romero Renau, L. (2018). Despoblación Y Abandono De La España Rural. El Imposible Vencido. Valencia: Tirant Humanidades.
- Feria, J.M., y Albertos, J.M. (Coords.) (2010). La ciudad metropolitana en España: Procesos urbanos en los inicios del siglo XXI. Cizur Menor: Civitas Thomson Reuters.
- García Álvarez, J. (2002). Provincias, regiones y comunidades autónomas. La formación del mapa político de España. Madrid: Senado.
- Martínez de Pisón, E. (dir.) (1986-1996). Guía física de España. Madrid: Alianza. 6 vol.
- Martín Vide, J. y Olcina, J. (2001). Climas y tiempos de España. Madrid: Alianza.
- Molinero, F. E Tort, J. (Coords.) (2018). Paisajes patrimoniales de España. Valor y significado del patrimonio territorial español. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación/Ministerio para la Transición Ecológica/Universidad Autónoma de Madrid. 3 vol.
- Romero, J. (2009). Geopolítica y gobierno del territorio en España. València: Tirant lo Blanch.
Atlas temáticos de interese (escolma)
- Fernández Cuesta, G. (Coord.) (2019). Atlas de geografía humana de España. Madrid: Paraninfo.
- Instituto Geográfico Nacional (2018). España en mapas. Una síntesis geográfica. Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica. https://www.ign.es/web/ign/portal/espana-en-mapas
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística.
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. Doutra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos habilidades de manexo de fontes, sobre todo de tipo bibliográfico e cartográfico. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en dúas compoñentes:
a) Na data establecida pola Facultade de Xeografía e Historia, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria a avaliación continua) sobre os coñecementos traballados. Computará o 60% da nota final.
b) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presenciais, que serán de tipo individual e grupal; computarán o 40% da nota final. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas clases. Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para os/as alumnos/as coa dispensa académica concedida, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
Para os casos de realización fraudulenta (plaxio, mala utilización dos instrumentos electrónicos e da intelixencia artificial) de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas, e coas horas de prácticas: 48
- Horas de titorías: 3
- Traballo autónomo: 100
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos en vistas do exame final.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Lucrezia Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Nerea María Otero Vale
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- neream.otero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
09.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
18.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |