Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 19 Clase Interactiva: 21 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo final é que os/as alumnos/asa coñezan a dinámica do procedemento administrativo, dende a recepción dunha notificación da Administración, ata o arquivo do expediente. Ou pola aceptación das alegacións presentadas pola empresa e pertinente arquivo, ou pola ratificación do contido da primeira notificación. Esta última resolución, suporía a apertura do procedimento xudicial na vía contencioso-administrativa
Para poder entender un procedemento administrativo, farase entrega de casos prácticos relativos a sancións, dende o principio, ata a súa finalización, advertindo que, nesta fase, non é precisa a intervención de axentes xudiciáis, bastando a intervención dos/as representantes da empresa incursa no procedemento.
Por outra banda, a recente Lei Orgánica 1/2025 de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza, establece como obrigatorio o trámite da mediación na xurisdición civil, mercantil e social (os MASC), de forma que na defensa xurídica da empresa hai que introducir mecanismos extraprocesales incluíndo a citada mediación e a implementación de procesos preventivos que eviten a tramitación xudicial.
Por tanto, o alumnado debe saber cómo xestionar un procedemento administrativo nas súas dúas fases (ante a Administración e ante a Xurisdición competente) e por outra banda, cómo defendela paralelamente á tramitación xudicial, atendendo aos principios xurídicos da última Lei Orgánica, que aposta decididamente por unha defensa “preventiva” e mesmo “evitativa” do Xulgado na defensa dos intereses particulares.
Manexaranse conceptos propios do Dereito Público, onde se integra o Dereito administrativo, e Privado, xa que a mediación só se impón en asuntos propios deste aspecto do ordenamento xurídico, da seguinte maneira:
• Asumir a responsabilidade empresarial que se contrae ante diferentes organismos públicos e privados.
• Comprender o procedemento administrativo, tal como desenvólveno as leis 39/2015 reguladora do procedemento administrativo e 40/2015 do réxime xurídico do sector público.
•Identificar os conflitos administrativos da empresa de restauración, así como os mercantís, privados e laborais.
Asumir a responsabilidade empresarial que se contrae #ante diferentes organismos públicos e privados.
• Comprender o procedemento administrativo, tal como desenvólveno as leis 39/2015 reguladora do procedemento administrativo e 40/2015 do réxime xurídico do sector público.
•Identificar os conflitos administrativos da empresa de restauración, así como os mercantís, privados e laborais.
• Distinguir os supostos e efectos das diferentes resolucións administrativas.
• Discriminar as fases de resolución dun conflito administrativo, tanto ante a Administración como ante a Xurisdición contencioso-administrativa.
• Coñecer someramente o funcionamento da Administración pública nas súas relacións con terceiros administrados.
• Entender as fases do procedemento contencioso-administrativo.
• Utilizar os mecanismos de prevención de conflitos xudiciais.
• Coñecer a dinámica e consecuencias da mediación no ámbito privado da empresa.
• Utilizar outros medios preventivos da xudicialización dos conflitos.
• Saber a utilidade da implementación dun compliance penal como medio defensivo da responsabilidade empresarial.
• Adquirir unha cultura de entendemento e resolución pacífica de conflitos no ámbito da empresa de gastronomía.
BLOQUE 1: DEREITO ADMINISTRATIVO
Tema1: Breve introducción ao Dereito Administrativo
Tema2: A facultade de control da Administración sobre a empresa.
Tema3: O procedemento administrativo sancionador. A defensa da empresa ante unha denuncia de oficio o a instancia de parte.
Tema4: Os dereitos dos/as consumidores/as e usuarios/as. Especial referencia á accesibilidade.
Tema5: O fin do procedemento administrativo: opcións da empresa
BLOQUE 2: SOLUCIÓNS EXTRAPROCESUAÍS
Tema 1: A mediación no ámbito laboral.
Tema 2: Supostos de mediación obrigatoria.
Tema 3: Cómo actuar ante o órgano mediador: a posición do traballador/a. A posición da empresa
BLOQUE 3: COMPLIANCE
Tema 1: Concepto e orixe.
Tema 2: Para qué é necesario o compliance
Tema 3 A protección do compliance no ámbito penal
Tema 4: As consecuencias da falta dun plan de compliance
o Bibliografía básica
O material docente, atoparase semanalmente no campus virtual, ao que é imprescindible que os/as alumnos/as accedas con frecuencia. A información contida nesta plataforma será a considerada como a básica para a preparación e superación das diferentes probas ao longo do curso.
o Bibliografía complementaria
• BOE-A-2015-10565 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
• BOE-A-2015-10566 Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
• BOE-A-2025-76 Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza.
• BOE-A-1995-25444 Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal.
• BOE-A-2012-9112 Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís.
• BOE-A-2000-323 Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.
o Outros recursos online
https:/www.tuvsud.com/es-es/centro-recursos/blogs/normativas/normas-de-complia…
https://guiasjuridicas.wolterskluwer.es/
https://www.cef.es/es/
Competencias:
• Básicas e Xerais
• B1 ► Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (a xestión e dirección de empresa hostaleiras)
• B2 ►Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (ámbito das empresas hostaleiras).
• B3 ►Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes, •de índole social, científica ou ética (normalmente no seu campo de estudo).
• B4 ►Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
• B5 ►Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía en todo tipo de contextos.
• G1 ►Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sostible e respectando a diversidade e multiculturalidad: Organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar obxectivos e avaliar resultados.
• Transversais
T1.- Capacidade de xestión da información, análise e síntese
T3.- Comunicación oral e escrita no eido empresarial
T5- Resolución de problemas e toma de decisións
T10- Razoamento crítico, compromiso ético e social.
T16.- Habilidades de investigación e curiosidade intelectual
AV4-Autoconfianza e seguridade.
• Específicas
E1.- Comprender os principios do Turismo e analizar a súa dimensión económica, así como o seu carácter dinámico e evolutivo.
E2 –Recoñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas e os principais axentes turísticos, nos que se enmarca a actividade hostaleira.
E9- Manexar técnicas de comunicación.
E19.- Comprender a importancia da sustentabilidade, tanto a nivel económico, social e mundial, aplicando boas prácticas a nivel profesional no ámbito hostaleiro e gastronómico, tanto na propia actividade como polo labor na creación e consolidación de tendencias de consumo.
Clases teóricas maxistrais, traballo autónomo do alumnado, visitas obrigatorias a determinadas institucións. Unha vez desenvolto un tema ou bloque relativo a un concepto xuridico concreto, realizarase un exercicio sobre o mesmo. Cada visita a insituacións debe ir acompañada do correspondente informe por parte do/a alumnos/a
As actividades de traballo peroal do alumnado inclúen, ademáis do tempo adicado ao estudo, a realización das actividades sinaldas pola profesora.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades realizadas polo alumnado priorizando a avaliación continua.
A asistencia a clases de especialistas ou visitas programadas, serán obrigatorias para o alumnado.
Quen non superen a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
o Primeira oportunidade ordinaria
Será obxectivo do curso conseguir que o alumnado adquira os coñecementos e habilidades indicadas para desenvolver as competencias programadas para a materia.
A realización e participación dos exercicios propostos, será obrigatoria.
Prevense visitas a diferentes organismos da Administración autonómica que serán igualmente obrigatorias para o alumnado.
Cada unha destas actividades, será puntuada individualmente a partir dos informes realizados polo alumnado.
Realizaranse tres probas ao longo do cuadrimestre, cun valor máximo do 30%, supoñendo o 10% restante outros aspectos da avaliación continua.
A nota de aprobado é un 5,0.
As ausencias repetidas ás actividades presenciais consideraranse unha falta de rendemento e por tanto afectarán á cualificación da materia, seguíndose para iso o disposto no Regulamento do Centro
o Segunda oportunidade extraordinaria
Neste suposto non se ten en conta a avaliación continua, considerándose unicamente a nota obtida nesta proba como a definitiva na materia. Dita nota será obtida mediante un exame escrito global.
o Segunda e posteriores convocatorias
Os alumnos que deban superar a materia en 2ª, 3ª ou 4ª convocatoria, serán avaliados mediante un sistema teórico no que se lles poderá preguntar sobre calquera aspecto avaliado en 1ª convocatoria. Para superalo, deberán obter 5 puntos de nota.
As actividades formativas y a súa dedicación en horas, serán as seguintes:
Clases expositivas (19 horas), estudos de casos (5 horas), realización de exámenes (5 horas), traballos grupales (8 horas), debates (8 horas), traballo autónomo de estudantes (45 horas)
Esta asignatura cúrsase unha vez superada a asignatura de Lexislación e fiscalidade empresarial, polo que o alumnado ten coñecementos xurídicos básicos.
É importante ter o hábito da lectura, curiosidade intelectual e pensamento crítico.
Nesta asignatura se quere que o alumnado se acerque ás principales institución da nosa Administración autonómica, local e institucional.
Beatriz C. Estévez Fontenla
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- beatrizcristina.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable