Adicionalmente aos medios e servizos que a USC pon á disposición da comunidade educativa, o CSHG dispón dun campus propio de 50.000 metros cadrados que comprende 5 edificios. A capacidade especificada en cada apartado refírese a cada aula ou espazo “tipo”, sendo a capacidade total a que achegan o total de espazos detallados.
Edificio de AULAS de TEORÍA-XESTIÓN
• Aulas de xestión (docencia teórico-práctica)
• 14 aulas de clase: capacidade 30 persoas
• 1 aula de conferencias: capacidade 70 persoas
• 2 aulas seminario: capacidade 15 persoas
• Aulas de informática (2 aulas): capacidade 30 postos
• Laboratorios de idiomas (2 aulas dixitais): capacidade 28 postos
• Aula cafetería: 19 metros de barra e 32 prazas
• Biblioteca: 44 postos
• Salas multiuso (3 salas de traballo-alumno): dúas salas para 15 persoas e outra para 20 persoas
Edificio de AULAS TÉCNICAS, FORMACIÓN CONTINUA E CONSULTORÍA
• Aula de cata: capacidade 28 persoas
• Aula de Cociña de Demostración: capacidade 30 postos (anfiteatro)
• Aula de Xestión: capacidade 32 persoas
Edificio de AULAS PRÁCTICAS- RESTAURANTES
• Aula restaurante carta: 102 m2 y 38 prazas
• Aula restaurante buffet: 600 m2 y 220 prazas
• Aula recepción de mercancías e economato
• Aula cocina buffetier
• Aula cocina carta
• Aula cocina quente
• Aula pastelería
(Todas elas completamente equipadas)
• Almacéns e cámaras do edificio
Edificios de AULAS PRÁCTICAS- ALOXAMENTO
• Aula de prácticas de recepción: capacidade 12 postos
• Aula de lavandería: completamente equipada, 14 postos
• Habitacións hotel demostración
• Residencia de alumnos/as: capacidade 180 persoas
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
• Ximnasio e polideportivo cuberto
• Sala de fitness
• Pistas de tenis exteriores
• Pista polideportiva exterior
No edificio de Teoría-Xestión, todas as aulas están equipadas con medios audiovisuais: lousas veleda e electrónica, computador, videoproxector e altofalantes e cámaras de video web. As aulas de informática dispoñen de 60 postos con acceso a Internet e os laboratorios de idiomas, 56 postos. As aulas prácticas-restaurantes dispoñen de equipamento específico de servizo e cociña, renovado e distribuído en dúas plantas.
A biblioteca conserva un total de 7.000 volumes en castelán e inglés, vídeos e DVD, diverso material adicional de consulta (mapas, folletos, guías, …), 5.000 volumes en subscricións e publicacións periódicas (soporte papel e/ou dixital) e acceso on-line a outros recursos. Así mesmo, o alumnado do CSHG ten acceso á rede de bibliotecas da USC desde as propias instalacións da universidade (a través de credenciais do alumnado), beneficiándose dos servizos e recursos desta.
En todos os edificios do campus existe rede WIFI ao dispor do alumnado e do persoal, con acceso aos servizos de correo electrónico, xestor de calendarios e ao Campus Virtual do CSHG. A accesibilidade física ás aulas está garantida en todos os edificios, mediante ramplas e/ou ascensores. Existe unha zona de aparcamento para 185 vehículos.