Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 2 Total: 5.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia permitirá ao alumnado incrementar o seu coñecemento do sector e de contornas de traballo reais, aplicando competencias adquiridas no plan de estudos e desenvolvendo especialmente aquelas relacionadas coa autoxestión.
Resultados da aprendizaxe:
• Integrarse nunha contorna laboral real.
• Planificar e priorizar áreas de traballo e obxectivos.
• Identificar as necesidades de funcionamento dunha empresa real.
• Resultados da aprendizaxe individualizados, en función da área/departamento, así como das características do establecemento e as tarefas encomendadas ao alumno/a.
1. O alumno/a integrarase nun establecemento hostaleiro ou “parahostaleiro”, colaborando na xestión do mesmo.
2. O alumno/a desenvolverá tarefas de apoio en áreas de xestión, que poderán relacionarse con recursos (materiais, económicos ou financeiros), comercialización, calidade, sostibilidade, dirección e coordinación de áreas operativas ou incluso a dirección dun establecemento.
Estas tarefas tamén poderán relacionarse con e deseño, implementación, control e avaliación da oferta; sistemas de produción ou controis de calidade e avaliación do produto/servizo.
Por outro lado, e como complemento, é interesante que o alumno/a procure coñecer o establecemento no seu conxunto (outros departamentos operativos ou áreas funcionais, instalacións, tipoloxía de clientes, …), de forma que enriqueza a súa formación e lle permita establecer comparacións con os establecementos nos que desenvolva ou teña desenvolto o resto das prácticas académicas en empresa (stages).
o Básicas e Xerais
B1. ► Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (a xestión e dirección de empresas hostaleiras).
B2. ► Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (ámbito das empresas hostaleiras).
B3. ► Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes, de índole social, científica ou ética (normalmente no seu campo de estudo).
B4. ► Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
G1. ► Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidadee de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sostible e respectando a diversidade e multiculturalidade: Organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar objectivos e avaliar resultados.
o Transversais
T1- Capacidade de xestión da información, análise e síntese
T2- Capacidade de organización e planificación
T3- Comunicación oral e escrita no ámbito empresarial
T4- Coñecementos de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo
T5- Resolución de problemas e toma de decisións
T6- Traballo en equipo
T7- Traballo nun contexto internacional
T8- Habilidades nas relacións interpersoais e resolución de conflitos
T9- Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade
T10- Razoamento crítico, compromiso ético e social
T11- Aprendizaxe autónoma permanente e adaptación a novas situacións
T12- Liderado responsable
T13- Iniciativa, espírito emprendedor, resiliencia e orientación ao logro
T14- Motivación pola mellora continua da calidade e a sostibilidade medioambiental
T15- Deseño e xestión de proxectos
T17- Capacidade para poñer en práctica os coñecementos con perspectiva social e de crecemento
AV1- Vocación de servizo e espírito de colaboración
AV2- Orde, hixiene, disciplina, puntualidade e imaxe persoal, de xeito proactivo
AV3- Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional
AV4- Autoconfianza e seguridade
o Específicas
E1- Comprender os principios do Turismo e analizar a súa dimensión económica, así como o seu carácter dinámico e evolutivo.
E2- Recoñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas e os principais axentes turísticos.
E4- Ter unha marcada orientación ao servizo ao cliente.
E5- Analizar, sintetizar e resumir a información económico-patrimonial das organizacións hostaleiras.
E6- Xestionar os recursos financeiros.
E7- Definir obxectivos, estratexias e políticas de comercialización.
E8- Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións hostaleiras.
E9- Manexar técnicas de comunicación.
E14- Analizar e utilizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no sector hostaleiro.
E15- Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións do sector hostaleiro.
E17- Traballar en contornas socioculturais diferentes vinculadas coa actividade hostaleira.
E19- Comprender a importancia da sostibilidade, tanto a nivel económico, social e ambiental.
E20- Identificar, investigar e avaliar problemas ou situacións ofrecendo solucións eficaces mediante a xeración de novas ideas e conceptos de maneira creativa, aplicando as devanditas solucións ao deseño e definición de propostas innovadoras.
Durante o curso, realizaranse sesións presenciais conxuntas para presentar a materia ao alumnado. Unha vez asignado o destino e máis a praza polo departamento de stages do CSHG, o alumno/a integrarase no departamento que se lle adxudique dunha empresa hostaleira o “parahostaleira”.
A súa estadía dividirase en tres etapas:
• Introducción: o alumno/a concretará con o seu titor/a as funcións e tarefas a desenvolver durante a súa estadía, elaborando unha planificación que prevea a orde e duración de cada unha. Esta planificación deberá contar coa aprobación do titor/a da empresa e enviarase ao titor/a no CSHG no prazo que se indique.
• Desenvolvemento: seguindo as indicacións do seu titor/a tanto na empresa como no CSHG, realizará as tarefas de apoio que se lle indiquen. Durante esta etapa proporá ao seu titor/a na empresa as modificacións que podan ser pertinentes sobre a planificación realizada na etapa anterior. Unha vez aprobada na empresa, calquera modificación da planificación será comunicada ao titor/a no CSHG á maior brevidada. Nesta etapa, o alumno/a identificará un área ou cuestións susceptibles de mellora, analizando alternativas a aplicar.
• Elaboración do informe: ao final da súa estadía, o alumno/a elaborará un informe/memoria conforme as directrices que se indiquen, así como unha proposta razoada de mellora sobre a área ou cuestión que teña identificado na etapa anterior. Tanto o informe/memoria como a proposta de mellora serán revisados polo titor/a na empresa a efectos de autorizar o uso da información incluída.
O alumno/a ampliará esta información consultando o Regulamento de Prácticas Académicas en Empresa (stages).
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades realizadas polo alumnado que se indiquen a continuación. Para a superación do Practicum disporase dunha única oportunidade por convocatoria.
O titor/a na empresa realizará unha avaliación do alumno/a, que terá en conta tanto aspectos profesionais relacionados coas habilidades e destrezas necesarias para o correcto desempeño das tarefas que lle sexan asignadas como aspectos personais relacionados coas competencias xenéricas adquiridas (relacionadas con as súas capacidades de atención ao cliente, integración no equipo de traballo, autonomía, iniciativa e espírito emprendedor). Tamén se avaliará o resultado obtido nas tarefas encomendadas.
O titor académico no CSHG avaliará o informe elaborado polo estudante, así como a súa proposta de mellora.
O estudante será avaliado tanto polo seu titor/a no establecemento como polo seu titor/a no Centro, sendo a avaliación correspondente á empresa o 50% da nota final. A avaliación do titor/a no CSHG suporá o 50% restante, distribuíndose nun 25% para o informe/memoria das súas prácticas e outro 25% para a proposta de mellora. En todo caso, para superar a materia o alumno/a deberá obter en cada apartado avaliado unha puntuación mínima de 3 sobre 10.
A entrega de informes fóra do prazo fixado suporá penalización da cualificación. O alumnado terá coñecemento das normas e criterios de avaliación específicos na guía docente da materia no Campus Virtual. É obrigatorio que o alumno/a entregue o informe/s para poder considerarse un Stage superado.
A asistencia do alumno/a durante a súa estadía na empresa é obrigatoria. Para considerar que se ten alcanzado o total de créditos da materia, o alumno/a non poderá superar o equivalente a dos semanas (14 días naturais) de ausencias durante las jornadas presenciales en la empresa. de ausencias durante as xornadas presenciais na empresa. Non cumprir este requisito suporá suspender a materia cunha cualificación de 0. O abandono non autorizado das prácticas, a modificación non autorizada das datas de inicio e fin fixadas polo departamento de stages, así como as faltas reiteradas de asistencia ou puntualidade suporán a penalización da nota definitiva.
o Segunda e posteriores convocatorias:
En caso de non superar a materia en primeira convocatoria, o alumno/a terá dereito ao mesmo número de convocatorias que no resto das materias.
Na segunda e posteriores convocatorias, o requisito para superar a materia será o mesmo que o establecido para a primeira.
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
• Prácticas en situacións reais en empresa (330 horas), traballo autónomo do estudante (30 horas).
O alumno/a aproveitará o seu coñecemento de entornos reais obtido previamente nas prácticas en empresas correspondentes ás materias de “Organización operativa do departamento de alimentos e bebidas”, “Organización operativa e prácticas do departamento de aloxamento” e “Materias primas e procesos de transformación”
As prácticas externas en empresa constitúen unha oportunidade para que o alumno/a poda orientarse cara aquelas áreas e/ou empresas que lle resulten de máis interese para o seu futuro profesional. Por esta razón, e recomendable que reflexione sobre os seus intereses profesionais para decidir o tipo de prácticas a realizar (sempre dentro do marco fixado pola materia).
Durante a estadía na empresa, o alumno/a respectará en todo momento as normas de funcionamento fixadas pola empresa, especialmente no relativo á protección de datos de carácter persoal (incluíndo a imaxe dos traballadores, clientes ou calquera persoa relacionada coa empresa).