Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 7 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 23 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia Deutsch IV é alcanzar como mínimo un grao de competencia comunicativa de alemán xeral equivalente ao nivel A2/1+ segundo os descritores do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). As actividades de recepción, produción, interacción y mediación serán desenvolvidas para avaliar os niveis de competencia comunicativa do alumno/a.
1. Alemán na empresa
2. Busca de traballo: preparar o CV e unha entrevista de traballo
Gramáticas recomendadas:
Schritte Übungsgrammatik - La gramática completa del A1 al B1. Ed. Langenscheidt.
Und jetzt ihr! Ed. Hueber
Einfach Grammatik A1 - B1. Übungsgrammatik. Ed. Hueber.
Gramática del estudiante-Alemán, Ed. Difusión
Practicar y consultar la gramática-Alemán, Ed. Difusión
Klipp und Klar-Übungsgrammatik Grundstufe Deutsch, Ed.Klett
Übungsgrammatik DaF für Anfänger, Verlag für Deutsch
Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik-Die neue Gelbe, Ed.Hueber
Diccionarios:
Diccionario básico alemán, Ed. Pons (monolingüe)
Diccionario compact, Ed. Langenscheidt (bilingüe)
Collins Pocket Plus Alemán: Diccionario bilingüe. Ed. Collins
Direccións de Internet:
https://formacion-cshg.xunta.gal Campus virtual do CSHG
http://www.goethe.de páxina web do Goethe-Institut
http://dw-world.de
(páxina web da Deutsche Welle, cadea de información internacional de Alemania)
Diccionarios bilingües alemán/español:
http://dix.osola.com/
http://pda.leo.org/?lp=esde&search=
http://www.pons.de
Pronuncia:
http://demo.acapela-group.com/
http://www.research.att.com/~ttsweb/tts/demo.php
Conxugación de verbos:
http://konjugator.lingofox.de/de/index.php?id=conjugate_german
http://verben.awardspace.com/
http://conjd.cactus2000.de/
o Básicas e Xerais
4.►Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo
G1.►Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sostible e respectando a diversidade e multiculturalidade: Organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar obxectivos e avaliar resultados.
o Transversais
T4- Coñecementos de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo.
T9- Recoñecemento á diversidade y a multiculturalidade.
T11- Aprendizaxe autónomo permanente e adaptación a novas situación.
AV3- Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional.
o Específicas
E9- Manexar técnicas de comunicación.
E11- Comunicarse de forma oral e escrita en inglés ou nunha segunda lingua estranxeira.
A materia Deutsch IV ten unha carga lectiva semanal de 3 horas no 1º semestre. O idioma empregado para o desenvolvemento da materia, o material didáctico, o enunciado dos exames e a comunicación cos estudantes será o alemán, o galego ou o castelán.
A metodoloxía empregada baséase principalmente nun enfoque comunicativo onde o profesor fomenta o traballo en equipo e a “multifuncionalidade”. As unidades didácticas desta materia teñen carácter teórico-práctico e abordaranse desde unha metodoloxía comunicativa de uso da lingua. Os distintos contidos introduciranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audiovisuais.
Nunha segunda fase, as estruturas introducidas explicaranse de maneira teórica, para pasar a continuación á consolidación e afondamento destas con exercicios de diferentes tipos. Esta terceira fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas.
Para garantir un proceso de traballo homoxéneo e continuado nas clases presenciais e para alcanzar os obxectivos da materia, será de gran importancia a participación regular e activa nestas actividades (diálogos interactivos: profesora / alumnos/ as, traballo en parellas ou en grupo, xogos de rol) por parte do alumnado.
As sesións para traballar a comprensión oral están ao dispor dos alumnos/ as no Campus Virtual. Un dos obxectivos destas sesións é o de familiarizar aos/as estudantes co uso de distintas ferramentas de aprendizaxe do alemán dispoñibles na internet. Estes recursos servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe individual e autónoma que debe acompañar as actividades presenciais da materia.
Nas titorías coa profesora ofrécese orientación relacionada coas necesidades individuais de cada alumno/a, tanto con respecto a dúbidas sobre a materia como sobre a realización das tarefas. As titorías serán sempre con cita previa.
En función dos intereses persoais e das preferencias e necesidades individuais de aprendizaxe, recoméndase realizar actividades complementarias por exemplo os exercicios no Campus Virtual, o uso de materiais de audio e vídeo á súa disposición no Campus Virtual e no blog de clase, o traballo con materiais de autoaprendizaxe, o intercambio con falantes nativos, etc.
Dada a importancia da competencia oral no sector de la hostalería, recoméndase a participación en todas as actividades de produción oral.
Se as condición así o permiten poderán ter lugar clases de conversación presenciais e obrigatorias impartidas por asistentes de conversación da USC en horario extraescolar. Neste caso será obrigatoria a asistencia a un número de sesións prácticas nos prazos previstos para a práctica de contidos específicos e preparación de exames orais. Se non ten asistido a esas clases nos prazos establecidos, non se lle permitirá realizar os exames orais e a nota do exame oral será cero. A participación nas mesmas redundará, sen dúbida, nun mellor rendemento na área de idiomas.
A materia Deutsch IV avaliarase por competencias. Isto significa que para superar a materia haberá que obter unha nota igual ou superior a 5 en cada unha delas: competencia escrita, comprensión oral e produción oral.
A avaliación será continua e incluirá, ademais dos exames, outras probas e observacións do docente sobre a competencia do alumno/a para intermediar tanto a nivel persoal como textual, é dicir, a capacidade de sintetizar, parafrasear, apostilar, citar, traducir e intermediar. Tamén se avaliará a responsabilidade do alumno/a sobre a súa aprendizaxe e o progreso do traballo autónomo. O estudante ten que demostrar que adquiriu os coñecementos e as habilidades necesarias para desenvolver as competencias programadas para a materia.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada sexa superior.
o Primeira oportunidade ordinaria:
Seguirase un sistema de avaliación continua, que implica a realización de distintas probas e actividades avaliables ao longo de todo o curso. Para aprobar a materia é imprescindible acadar un 5 en cada unha das tres competencias. Todo o contido da materia avaliarase tendo en conta a seguinte ponderación:
- Competencia escrita (40%)
- Comprensión oral (30%)
- Produción oral (30%)
- Participación activa, asistencia a clase e responsabilidade sobre a aprendizaxe: Farase seguimento da asistencia e participación na clase, así como do traballo individual autónomo na aula virtual. A falta de implicación do alumno e non completar as tarefas asignadas en tempo e forma poderá supor a penalización en ata un 10% da nota de avaliación continua de cada destreza.
Nas distintas probas de avaliación, realizaranse algúns exercicios nos que se lles poderá esixir superar uns requisitos mínimos. En caso de non superar devanditos mínimos, a nota do exercicio será 0.
Aqueles estudantes que obteñan unha cualificación media igual ou superior a 5 en cada unha das tres competencias non necesitarán presentarse ao exame final desta primeira oportunidade e polo tanto a nota de avaliación continua representará o 100% da nota global, achándose a media das tres competencias segundo a ponderación arriba descrita.
En caso de non acadar unha media de 5 en cada unha das competencias, o alumno/a terá que presentarse ao exame final de primeira oportunidade, no que se lle evaluará da materia de todo o curso naquela ou aquelas competencias non superadas. A nota de cada competencia será o resultado da media do control continuo (60%) y do exame de primeira oportunidade (40%). A nota da materia será a media das tres competencias aprobadas, aplicándose a ponderación arriba descrita.
En caso de non acadar un 5/10 na/s competencia/s avaliadas en primeira oportunidade, a materia estará suspensa e a cualificación global será a nota da competencia máis baixa.
Aqueles estudantes exentos de presentarse ao exame de primeira convocatoria ordinaria e que, con todo, queiran subir nota, poderán presentarse nesta 1ª oportunidade. Terán que examinarse de todas as partes (competencia escrita, comprensión oral e produción oral) e aplicaránselles as ponderacións xa mencionadas. Neste caso as notas do control continuo quedarán anuladas.
No CSHG a asistencia a clase é obrigatoria e parte importante da formación do alumno/a, polo que as ausencias repetidas ás actividades presenciais consideraranse unha falta de rendemento e por tanto afectarán á cualificación da materia, do seguinte modo:
• Cómputo total de horas presenciais (40 horas): 30% de ausencias e penalización de -1 punto (12 horas); 60% de ausencias e penalización de -2 puntos (24 horas).
• Se o alumno/a acada un 80% de ausencias sobre o total das horas presenciais, a materia considerarase suspensa cunha cualificación de 0.
o Segunda oportunidade extraordinaria:
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O estudante examinarase das tres competencias. A nota global será a media dos resultados obtidos segundo a seguinte ponderación: competencia escrita, 40%, comprensión oral, 30% e producción oral, 30%.
o Convocatorias posteriores
O estudante examinarase das tres competencias. A nota global será a media dos resultados obtidos segundo a seguinte ponderación: competencia escrita, 40%, comprensión oral, 30% e producción oral, 30%.
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
• Clases teórico-prácticas (33 horas), exames e titorías (7 horas), e traballo autónomo do estudante (50 horas).
Para integrar o valor de diversidade e multiculturalidade, é imprescindible que de maneira autónoma os estudantes dediquen tempo ao contacto co alemán en contexto real: utilizar todos os recursos ao seu alcance como películas e series en versión orixinal, contactos con nativos, etc.
o Prácticas académicas en empresa
Todos os idiomas teñen relevancia para a realización dos stages ou prácticas académicas en empresa, tanto en España como noutros países, ao poder atoparse o estudante en situacións reais con clientes estranxeiros. O stage facilita a toma de conciencia das necesidades, limitacións e competencias do estudante; tamén permite reforzar as súas habilidades comunicativas e motivarlle para continuar aprendendo e mellorar o seu nivel.
Margarita Fernández Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- margarita.fernandez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable