Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 43 Total: 70
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O contido da materia permitiralle ao alumnado adquirir coñecementos e desenvolver destrezas, habilidades e competencias en cinco ámbitos de actuación: 1) Deseño de estrutura organizativa, 2) Prevención de riscos laborais, 3) Sistemas de retribución, 4) Negociación, e 5) Comunicación interna. Estes cinco ámbitos veranse complementados cun taller sobre Habilidades Directivas.
Resultados da aprendizaxe:
• Describir a organización das funcións dunha empresa hoteleira.
• Coñecer o funcionamento da prevención de riscos laborais.
• Seleccionar e avaliar diferentes alternativas de Sistemas de Retribución e a súa adecuación á situación empresarial.
• Coñecer a regulación básica da Negociación Colectiva.
• Preparar e desenvolver unha situación de negociación.
• Manexar habilidades básicas de comunicación na empresa.
• Aplicar e empregar diferentes habilidades directivas para o desenvolvemento profesional futuro.
1. Estrutura organizacional.
2. Prevención de Riscos Laborais.
3. Sistemas de Retribución.
4. Negociación colectiva.
5. Desenvolvemento e estratexias de negociación.
6. Comunicación interna.
7. Habilidades directivas.
O apartado de Habilidades Directivas desenvolverase en formato taller e non terá repercusión sobre a avaliación do alumnado.
Os contidos da materia están recollidos no manual da materia que se poderá encontrar no campus virtual y ao que o alumnado poderá acceder desde o primeiro día de clase. O campus virtual representa unha plataforma onde, ademais dos contidos, compártense os materiais didácticos, a programación de actividades e a organización xeral da materia.
Outra bibliografía recomendada:
• V Acuerdo para el Empleo y la Negociación Colectiva, de 10 de mayo de 2023. Boletín Oficial del Estado, núm. 129, de 31 de mayo de 2023. https://www.boe.es/eli/es/res/2023/05/19/(2).
• VI Acuerdo sobre Solución Autónoma de Conflictos Laborales (VI ASAC) (Sistema Extrajudicial). Boletín Oficial del Estado, núm. 334, de 23 de diciembre de 2020. https://www.boe.es/eli/es/res/2020/12/10/(6).
• Aaron, M.C. (2012): Como ser un negociador eficaz. Harvard Business Review Press.
• Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo. Diario Oficial de Galicia, núm. 29, de 12 de febrero de 2020. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200212/AnuncioG0424-130120-….
• Aranzadi (2016): Aspectos controvertidos de la negociación colectiva. Aranzadi.
• Berceruelo, B. (coord.) (2011): Comunicación interna en la empresa. Wolters Kluwer España.
• Bueno, E. (1996): Organización de Empresas. Estructura, procesos y modelos. Ed. Pirámide.
• Costa, M. y Segura, M. (2011): Negociar para con-seguir. Prentice Hall.
• Dasí, F. y Martínez-Vilanova, R. (2009): Técnicas de Negociación. ESIC.
• Font, A. (1997): Negociaciones. Entre la cooperación y el conflicto. Ed. Grijalbo.
• Fernández, A. (2005): Consultor para la Dirección de Recursos Humanos. Ed. Ciss.
• Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de Prevención de Riesgos Laborales. Boletín Oficial del Estado, núm. 269, de 10 de noviembre de 1995. https://www.boe.es/eli/es/l/1995/11/08/31/con
• Ley Orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de Libertad Sindical. Boletín Oficial del Estado, núm. 189, de 8 de agosto de 1985. https://www.boe.es/eli/es/lo/1985/08/02/11/con
• Munduate. L. y Medina, F.J. (2013). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Pirámide.
• Nierenberg, G. (1998): El negociador completo. Ed. Limusa.
• Portocarrero, F. y Gironella, N. (2001): La escritura rentable. Ed. SM.
• R.D. 39/1997, de 17 de enero, que aprueba el Reglamento de los Servicios de Prevención. Boletín Oficial del Estado, núm. 27, de 31 de enero de1997. https://www.boe.es/eli/es/rd/1997/01/17/39/con
• Robbins, S.P. y Judge, T.A. (2017). Comportamiento Organizacional (17ª ed.). Pearson.
• Roca, F. (2008): ¡Disfruta negociando! Ed. Univ. Ramón Areces.
• Texto Refundido de la Ley del Estatuto de los Trabajadores. R.D.L. 2/2015, de 23 de octubre. Boletín Oficial del Estado, núm. 255, de 24 de octubre de 2015. https://www.boe.es/biblioteca_juridica/abrir_pdf.php?id=PUB-DT-2025-139
• Vila, T. (2022): Cuestiones actuales en materia de negociación colectiva. Ed. Aranzadi.
• Voirin, G.: Definir las funciones y tareas en la empresa. Ed. Deusto.
Básicas e Xerais
B1. ► Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (a xestión e dirección de empresas hostaleiras).
B2. ► Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (ámbito das empresas hostaleiras).
B3. ► Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes, de índole social, científica ou ética (normalmente no seu campo de estudo).
B4. ► Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
B5. ► Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía en todo tipo de contextos.
G1. ► Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sustentable e respectando a diversidade e multiculturalidade: Organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar obxectivos e avaliar resultados.
o Transversais
T1- Capacidade de xestión da información, análise e síntese.
T2- Capacidade de organización e planificación.
T3- Comunicación oral e escrita no ámbito empresarial
T5- Resolución de problemas e toma de decisións.
T6- Traballo en equipo.
T8- Habilidades nas relación interpersoais e resolución de conflitos.
T10- Razoamento crítico, compromiso ético e social.
T11- Aprendizaxe autónomo permanente e adaptación a novas situacións.
T12- Liderado responsable.
T17- Capacidade para poñer en práctica os coñecementos con perspectiva social e de desenvolvemento.
AV1- Vocación de servizo e espírito de colaboración.
AV2- Orde, hixiene, disciplina, puntualidade e imaxe persoal, de xeito proactivo.
AV3- Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional.
AV4- Autoconfianza e seguridade.
o Específicas
E8 - Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións hostaleiras.
E9 - Manexar técnicas de comunicación.
E15- Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións do sector hostaleiro.
Cada tema iniciarase cunha introdución/explicación por parte do profesor sobre os conceptos principais. A partir de aí, o alumnado desenvolverá un papel activo na aprendizaxe a través de diferentes enfoques (exercicios, lecturas, traballos, procura de información…) que desembocarán nunha posta en común supervisada polo profesor que se asegurará de que se alcancen as conclusións adecuadas.
Realizaranse traballos de aprendizaxe en grupo, mentres que os traballos con cualificación serán individuais.
Ademais das sesións de clase presencial, o alumnado deberá dedicar tempo de traballo para preparar, elaborar e redactar tanto os seus traballos individuais como os elaborados en grupo.
O sistema de avaliación terá en conta toda as actividades realizadas polo alumnado que se indiquen a continuación, en cada unha das oportunidades para superar a materia. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade, terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
o Primeira oportunidade ordinaria:
Na avaliación continua teranse en conta: os traballos prácticos obrigatorios e as probas de avaliación escritas. Efectuaranse dúas avaliacións ao longo do semestre, onde a nota final en cada unha destas avaliacións calcularase en base a un exame escrito e un traballo individual.
A cualificación final do alumno/a obterase coa media aritmética de ámbalas dúas avaliacións.
Os/as estudantes que teñan obtido unha nota media final inferior a 6 (en caso de ter obtido a valoración de apto en todos os traballos de aprendizaxe e de avaliación, a media será de 5,5), estarán obrigados/as a presentarse a un exame final de toda a materia para superala.
Este exame final representará o 40% na cualificación final. Poderá presentarse ao exame final todo aquel alumno/a que desexe subir a súa cualificación global.
1ª Avaliación
Cada bloque terá a seguinte ponderación na cualificación (indícase o sistema de avaliación):
• Estrutura organizacional: 3 ptos. en exame.
• Prevención Riscos Laborais: 3,5 ptos. en exame.
• Sistemas de Retribución: 1,5 ptos. en exame e 2 ptos. en traballo individual.
Avaliación dos traballos:
A nota mínima esixida no exame escrito para facer media ponderada con o traballo será de 3,75 sobre 10.
2ª Avaliación
Cada bloque terá a seguinte ponderación na cualificación (indícase o sistema de avaliación):
• Negociación colectiva: 3 ptos. en exame.
• Negociación: 2,5 ptos. en exame e 2,5 ptos. en traballo individual.
• Comunicación interna: 2 ptos. en exame.
Avaliación dos traballos:
A nota mínima esixida no exame escrito para facer media ponderada con o traballo será de 3,75 sobre 10.
No CSHG a asistencia a clase é obrigatoria e parte importante da formación do alumnado. As ausencias repetidas ás actividades presenciais consideraranse unha falta de rendemento e afectarán á cualificación da materia, do seguinte modo:
• Cómputo total de horas presenciais (70 horas): 30% de ausencias terá unha penalización de -1 punto (21 horas); 60% de ausencias penalizarase con -2 puntos (42 horas).
• Se o alumno/a alcanza un 80% de ausencias sobre o total das horas presenciais, a materia considerarase suspensa con unha cualificación de 0.
o Segunda oportunidade extraordinaria e posteriores convocatorias:
Todo alumno/a que non supere os criterios de avaliación das probas antes descritas, deberá presentarse a unha segunda oportunidade extraordinaria na que o único requisito establecido para aprobar a materia é obter como mínimo 5 (sobre 10) no exame desta segunda oportunidade. Este exame será de toda a materia.
Na segunda e posteriores convocatorias, o requisito será igualmente o fixado para a segunda oportunidade extraordinaria.
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
• Clases maxistrais - expositivas (23 horas), traballos grupais (24 horas), análises de problemas, dinámicas de grupo e debates (19 horas), exames e titorías (4 horas), traballo autónomo do estudante (110 horas).
A asistencia e participación ás clases facilitan a comprensión e estudo da materia; os exemplos e experiencias comentados nas sesións maxistrais axudan a dimensionar os conceptos teóricos.
O alumno/a verá facilitado o traballo na materia apoiándose nos seus coñecementos tanto dos procedementos operativos dunha empresa hostaleira como de comunicación interpersoal e modificación de conduta. Asemade, a experiencia en contornas reais facilitará a aplicación dos contidos.
Andrés Javier Rumbo Amigo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- andresjavier.rumbo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable