Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten como obxectivos presentar ao alumnado:
a) Os métodos de investigación propios da epigrafía
b) Os principais instrumentos de investigación (especialmente as bases de datos online), imprescindibles para a realización dun traballo de epigrafía.
c) Os principais tipos de inscricións en epigrafía latina.
d) As formas estándar de estructuración e presentación dun traballo de investigación
en epigrafía.
A publicación das inscricións. A escritura no mundo romano. Tipos de soportes. Hábito epigráfico. Onomástica. Inscricións funerarias, votivas, honoríficas, xurídicas, instrumenta domestica. A epigrafía como fonte histórica: algúns casos de estudio do Noroeste hispano
Webs de epigrafía:
EAGLE: Electronic Archive of Greek and Latin Epigraphy
http://www.edr-edr.it/Italiano/index_it.php
Epigraphische Datenbank Heidelberg (G. Alföldy):
http://edh-www.adw.uni-heidelberg.de/home
Epigraphik Datenbank(M. Clauss):
http://www.manfredclauss.de/gb/index.html
Manuais:
Andreu, J. (ed.). Fundamentos de epigrafía latina. Liceus. Madrid. 2009.
Bruun, C. The Oxford Handbook of Roman Epigraphy, Nueva York, 2015
Buonopane, A. Manuale di epigrafia latina, Roma, 2009
Cooley, A. The Cambridge Manual of Latin Epigraphy, Cambridge, 2012
Corbier, P. Epigrafía latina. Universidad de Granada. Granada. 2004.
González García, Francisco Javier (2010): «Hábito epigráfico, decoración plástica e interacción cultural en el Noroeste hispánico en época romana. Análisis de las estelas funerarias de Vigo (Pontevedra)», Madrider Mitteilungen 51, pp. 397-418
González García, Francisco Javier; López Barja de Quiroga, Pedro (2010): «La estela de Crecente: reflexiones sobre el proceso romanizador en la Galicia antigua», en Primitiva Bueno et al. (eds.): Arqueología, sociedad, territorio y paisaje. Homenaje a Mª Dolores Fernández Posse, Madrid, CSIC, pp. 349-360
Lassère, J.M. Manuel d’épigraphie romaine. Picard. París 2005.
López Barja, P. Epigrafía Latina. Tórculo. Santiago 1993.
(CB-1) Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CB-2) que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
(CB-3) que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
(CB-4) que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
(CB-5) que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
(CG-1) Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo;
(CG-4) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
(CG-5) Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento;
(CG-7) Que os estudantes demostren ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixos principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
(CG-9) Que sexan capaces de abrir vías de especialización novas no ámbito dos estudos arqueolóxicos.
(CG-10) Que a súa formación avanzada contribúa ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos
xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
(CE-2) Ser capaz de colaborar na xestión de coleccións e museos
As clases consistirán nunha parte teórica, na que se irá explicando o contido do programa, e unha parte práctica, de lectura de inscripciones sinxelas, para as que se terá en conta que a maior parte dos alumnos non ten coñecementos de latín, nin sequera básicos.
O 50% da nota final corresponderá a un traballo sobre a epigrafía dunha provincia (actual) española e o outro 50% ao exame que consistirá no comentario dalgunhas inscricións latinas seleccionadas.
Para a segunda oportunidade: haberá que repetir aquela parte (traballo ou exame ou ben ambos os) que non alcance o aprobado.
Dispensa de asistencia: o exame suporá o 100% da nota.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
ACTIVIDADE FORMATIVA
Clases expositivas: corresponde fundamentalmente á impartición de clases maxistrais HORAS
12 PRESENCIALIDAD
100
Clases interactivas: sesións de análises de textos, casos prácticos, tarefas e exercicios; guías e/ou resumos de lecturas obrigatorias; controis de coñecemento; fomentarase o debate 9 100
Titorias: de atención individualizada e/ou de grupo 3 100
Traballo persoal do alumno: traballo individual para seguimento da materia (incluído, de ser o caso, realización traballo escrito 49 0
Exames: proba final 2 100
En lo referente al plagio o uso indebido de las tecnologías en la realización de trabajos o pruebas, deber tener en cuenta que para los casos de realización fraudulenta de ejercicio o pruebas será de aplicación lo recogido en la Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. En el caso de fraude académico, tal y como se define en el artículo 42 del Reglamento por el que se establecen las normas de convivencia de la Universidad de Santiago de Compostela, y de conformidad con lo dispuesto en el artículo 11. g) de la Ley de Convivencia Universitaria, se aplicarán las sanciones previstas por la normativa. Entre los comportamientos premeditados tendentes a falsear los resultados de un examen o trabajo se incluyen el plagio y el empleo no consentido de herramientas de Inteligencia Artificial.
Pedro Manuel Lopez Barja De Quiroga
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812559
- Correo electrónico
- pedro.barjadequiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Gonzalez Garcia
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812564
- Correo electrónico
- franciscojavier.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | CLE_01 | Castelán | Aula 15 |