Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (3ª ed)
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Hai que entender a escavación arqueolóxica dende unha perspectiva teórica, metodolóxica e práctica. É un obxectivo importante que o alumno recoñeza a transcendencia de todas as novidades teóricas que a escavación arqueolóxica foi incorporando e que á súa vez comprenda as consecuencias metodolóxicas e o potencial interpretativo que comporta cada unha delas.
A través dun sistema combinado de clases teóricas, prácticas e seminarios, establécense canles para abordar unha escavación arqueolóxica, tanto en xeral como en problemas específicos dunha época determinada ou dun espazo cultural.
Para o desenvolvemento profesional do alumno, é necesario equipalos coas ferramentas e as nocións necesarias para que poidan asumir os traballos de escavación arqueolóxica desde o momento no que o proxecto estea preparado ata a memoria final.
Tema 1. Proxecto e deseño da escavación arqueolóxica.
Tema 2. Estratexias e tipos de escavación.
Tema 3. Rexistro e documentación na escavación.
Tema 4. Estratigrafía arqueolóxica.
Tema 5. Elaboración de informes e memorias.
Básica:
CARANDINI, A. 1997. Historias en la Tierra. Manual de excavación arqueológica, Ed. Crítica, Barcelona
DOMINGO, BURKE e SMITH 2007: Manual de campo del arqueólogo. Ariel, Barcelona.
FRANCOVICH e MANACORDA 2001: Diccionario de Arqueología. Temas, conceptos y métodos. Crítica, Barcelona.
HARRIS, E. 1991. Principios de estratigrafía arqueológica, Editorial Crítica, Barcelona.
RENFREW, C.; BAHN, P. 1993. Arqueología. Teorías, métodos y práctica. Akal Editor. Madrid. ROSKAMS, S. 2002. Teoría y práctica de la excavación. Crítica, Barcelona.
RUIZ ZAPATERO, G. 2013. “La excavación arqueológica”, en GARCÍA-DIEZ y ZAPATA (Eds.): Métodos y técnicas de análisis y estudio en arqueología prehistórica, Servicio Editorial de la UPV, Vitoria, pp. 39-72
Complementaria:
CARMICHAEL, D. L.; LAFFERTY III, R. H. Y MOLYNEAUX, B. L. 2003: Excavation, Archaeologist
’s Toolkit, vol. 3. Altamira Press. Walnut Creek.
CARVER, G. (ed.) 2004: Digging in the Dirt. Excavation in a new millennium, BAR International Series 1256, Oxford.
CARVER, M. 2009: Archaeological investigation. Routledge. Nueva York.
CARVER, M. Y ROTHSCHILD, N. 2004: Field Archaeology. Principles, Techniques and Design, Thames and Hudson. Londres/Nueva York.
COLLIS, J. 2001: Digging Up the Past. An Introduction to Archaeological Excavation, Sutton Publishing. Stroud, Stroud.
ELLIS, L 2000: Archaeological method and theory. An Encyclopedia. New York.
FRANCOVICH, R.; MANACORDA, D., (Eds.) 1990. Lo scavo archeologico: dalla diagnose all’edizione, Florence.
GREENE, K y MOORE, T. 2010: Archaeology: An Introduction, Routledge, Londres.
MADRIGAL, A. 2013: Desenterrar el pasado. Introducción al patrimonio arqueológico, Ministerio de Cultura, Madrid.
GAMBLE, C. 2008: Arqueología Básica, Ariel Prehistoria. 2ª ed. Barcelona.
MASCHNER, H.D.G. Y CHIPPINDALE, CH. (eds.) 2005: Handbook of Archaeological Methods, Altamira Press Lanham.
ROSKAMS, S. (ed.) 2000: Interpreting Stratigraphy: site evaluation, recording procedures and stratigraphic analysis: papers presented to the Interpreting Stratigraphy conferences 1993-1997, BAR International Series 910. Oxford.
SCHIFFER, M.B., 1987. Formation Processes of the Archaeological Record. University of Utah Press, Salt Lake City.
TROCOLI, I.; SOSPEDRA, R. (Eds.) 1992. Harris Matrix. Sistemes de registre en arqueología
/Recording Systems in Archaeology, Col. El Fil d’Ariadna. Historia 9. Publicacions de l’Estudi General de Lleida, Lléida
TRONCHETTI, C. 2006: Metodo e strategie dello scavo archeologico (prólogo de D. Manacorda). Carocci Editore. Roma.
Obter formación teórica, técnica e interpretativa para:
• Planificar unha escavación arqueolóxica, a partir dos requisitos previos (conveniencia e/ou necesidade, procedementos administrativos, financiamento, preparación do proxecto).
• Usar, en cada caso, o método adecuado ás preguntas e obxectivos suscitados.
• Xestionar convenientemente os datos obtidos, derivados da toma de mostras e da recuperación dos achados, xa sexan estruturas ou todo tipo de obxectos.
Se levará a cabo unha estratexia de evaluación continua.
As clases teóricas consistirán en clases maxistrais onde se exporán os contidos básicos de cada tema. As clases prácticas (seminarios) serán de dous tipos:
Campo (Espazo Arqueolóxico Experimental do Monte da Condesa e xacemento arqueolóxico escavado preto de Santiago (p.e. Ciadella en Sobrado dos Monxes): prácticas de montaxe e deseño dunha escavación, rexistro fotográfico e planimétrico e rexistro altimétrico (perfil estratigráfico).
Laboratorio (na Facultade): prácticas de análise estratigráfica (matrices de Harris).
Os desprazamentos ao campo de prácticas do Monte de la Condesa (campus sur, Santiago) faranse por conta propia do alumnado. O desprazamento ao xacemento escavado preto de Santiago (p.e. Ciadella), que leva todo o día, si que require o transporte ao xacemento (microbús ou similar), unha práctica que só se levará a cabo se existe o correspondente financiamento. Opcionalmente, tamén se contempla a posibilidade de transporte en vehículos particulares achegados por profesores e/ou alumnos, cubríndose exclusivamente os gastos de combustible ou kilometraxe.
A docencia da materia é presencial. Non obstante, se por causas de forza maior (p.e. emerxencia sanitaria por pandemia) non puidesen desenvolverse no seu lugar e horario habituais as aulas teórico-prácticas e mailas prácticas experimentais, serán substituídas por aulas ou seminarios virtuais a través do emprego da plataforma Campus Virtual da USC (https://www.usc.es/es/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html) e do sistema de videoconferencia Microsoft Teams. Polo tanto, non se omitirá ningún dos contidos contemplados neste programa.
Todos os materiais didácticos (presentacións, documentos, etc.) serán accesibles e descargables a través da plataforma Campus Virtual da USC (https://www.usc.es/es/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html), plataforma na que os estudantes deben estar necesariamente rexistrados.
Horarios
Clases teóricas (total: 12 horas)
• 8 sesións distribuídas durante o semestre (de setembro a decembro) (Aula 15)= 12 horas.
Clases prácticas (total: 12 horas)
• Campo (Espazo Arqueolóxico Experimental Monte da Condesa): xoves ou venres de 10 a 13 horas; 2 sesións (outubro-novembro) = 6 horas.
• Campo (xacemento arqueolóxico escavado preto de Santiago): xoves ou venres de 10 a 13 horas; 1 sesión (novembro-decembro) = 3 horas
• Laboratorio (Aula 15): 2 sesións (novembro-decembro) = 3 horas.
A práctica externa de rexistro arqueolóxico realizarase nun xacemento real suficientemente escavado, sendo elixido o campamento romano de Ciadella en Sobrado dos Monxes. Data/duración: día completo (un venres de outubro, novembro ou decembro), desde as 09:00 ata as 19:00, incluíndo desprazamento e comida no sitio.
Avaliación continua segundo os seguintes criterios e porcentaxes:
• Asistencia presencial: 10%
• Exame tipo test: 40%
• Entrega de traballos e exercicios: 50%
Os traballos e exercicios consistirán nunha memoria de prácticas (montaxe e deseño da escavación, rexistro planimétrico e fotográfico, rexistro e trazado dun perfil estratigráfico), así como nun exercicio de análise estratigráfica (matriz de Harris).
Os exames tipo test realizaranse de xeito virtual empregando a plataforma Campus Virtual da USC (https://www.usc.es/es/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html). A entrega dos traballos e exercicios farase do mesmo xeito.
Ao final do semestre (xaneiro) haberá unha última oportunidade de avaliación (exame e/ou entrega do informe de prácticas) para aqueles estudantes que non o fixeran anteriormente.
No caso de dispensa oficial de presencialidade, a avaliación consistirá no exame tipo test realizado de modo virtual (45%) e mais na entrega dun traballo alternativo equivalente á memoria de prácticas realizada polos estudantes presenciais (55%), que se acordará co profesor da materia antes de decembro .
A nota final desta primeira convocatoria ordinaria (tamén chamada "1ª oportunidade") consistirá na media ponderada dos criterios e porcentaxes indicados. Non obstante, para superar o curso será unha condición imprescindible ter obtido unha nota mínima de 4,00 puntos tanto no exame como nos traballos e exercicios.
A convocatoria extraordinaria de xullo (tamén chamada "2ª oportunidade") abrirase exclusivamente para aqueles estudantes que non superaron (ou non se presentaron) á convocatoria da 1ª oportunidade en febreiro. Por defecto, os estudantes deberán presentarse á totalidade da materia, agás que superasen, cunha nota mínima de 5,00 puntos, xa sexa o exame ou os traballos e exercicios; neste caso só terán que facer fronte á materia do semestre que tiveran suspensa. O prazo para realizar exames ou enviar tarefas ou exercicios é normalmente desde a terceira semana de xuño ata a primeira semana de xullo.
Actividades presenciais do estudante:
• Actividades docentes de carácter expositivo: 12 horas.
• Actividades de docencia interactiva de laboratorio e campo: 10 horas.
• Actividades de docencia interactiva de seminario: 2 horas.
• Titorías e avaliación: 1 hora. Subtotal: 25 horas.
Traballo persoal
• Estudo autónomo: 20 horas
• Lecturas recomendadas: 8 horas
• Preparación de presentacións, debates, etc: 20 horas
• Outras tarefas asignadas polo profesor: 2 horas Total: 50
Combinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día.
Recoméndase o manexo funcional dalgunhas das principais linguas estranxeiras.
Recoméndase ter experiencia previa ou planificar a asistencia nun futuro inmediato a escavacións arqueolóxicas.
Recoméndase asistir ás titorías propostas. Se as titorías non se puidesen realizar nas instalacións físicas da USC por causa de forza maior, estas levaranse a cabo por medios telemáticos, a través dos foros de Campus Virtual ou por videoconferencia.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 15 |
13.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
19.06.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |