Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (3ª ed), Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As fontes literarias da Antigüidade diferéncianse das fontes literarias correspondentes a outros períodos históricos na medida que combinan a aportación de información factual ben coa súa interpretación, ben coa súa condición de formar parte dun xénero literario con características propias. O obxectivo fundamental da materia é comprender como nas fontes literarias combínanse, entón, os tres factores: aporte de datos para a análise histórica, xénese, funcionamento e impacto social dos xéneros literarios, singularidades para dar resposta as preguntas dos historiadores contemporáneos.
Dende os clásicos da historiografía e da metodoloxía da historia, Benedetto Croce (1855-1952), Marc Bloch (1886-1944), está ben establecido que a escritura da historia é un feito contemporáneo consistente en facerse preguntas dende un presente en constante cambio sobre os diferentes períodos e situacións do pasado. Neste sentido será obxectivo da materia examinar algunhas cuestións de actualidade para ver a forma en que as sociedades da antigüidade dábanlle resposta a partir das súas creacións literarias.
SECCIÓN A. As mulleres e a guerra no teatro ateniense:
1. Introdución: Situación histórica e xéneros literarios.
2. O teatro ateniense como institución. Teatro e procesos históricos.
3. El casus belli: A causa da guerra de Troia. O xuicio de Paris, Helena.
LECTURA. Esquilo, Suplicantes, 466 a.n.e.
4. O guerreiro ausente. Ítaca sen Odiseo, a historia de Penélope. O regreso de Agamenón a Argos.
LECTURA. Esquilo, Agamenón, 458 a.n.e. / Sófocles, Electra, 417 a.n.e.
LECTURA. Aristófanes, Lisístrata, 411 a.n.e.
5. As mulleres dos guerreiros mortos. Hécuba en relación cos seus fillos.
LECTURA. Sófocles, Antígona, 441 a.n.e.
6. As mulleres vencidas. As troianas, unha e outra vez…
LECTURA. Eurípides, Hécuba, 424 a.n.e.
LECTURA. Eurípides, Las Troyanas, 415 a.n.e.
SECCIÓN B: Mulleres e poder no mundo romano:
1. Introdución á literatura romana: tipos, autores e cronoloxías
2. O papel das mulleres nas orixes de Roma: Liv. 1; Dio Hal. 1.
3. Os historiadores latinos e la intervención femenina na política republicana: Liv., App., Dio Cass. (fragmentos).
4. Mulleres na relixión cívica: O caso das vestais: Aul. Gel. 1.2; Sen. Controv. 1.2; 1.3; 6.8.
5. Mulleres na crise da República e a definición de roles de xénero: Cic. Phil.; Plut. Cic; Caes.; App. BC; Val. Max. (fragmentos).
6. Mulleres e poder nos albores do Imperio: virtudes femininas vs. transgresións de xénero: Dio Cass.; Suet. Vit.; Sen. Apocol; Hel; Ben.; Ep.; Plin. Pan. (fragmentos).
7. Mulleres en público nos escritos de Tácito: Tac. Ann. 2; 3.33; 11.26-12.56.
1. Edicións recomendadas dos textos clásicos estudados:
SECCIÓN A. As mulleres e a guerra no teatro ateniense:
Homero: Ilíada. Tradución de Emilio Crespo. Gredos, Madrid, 1996.
Homero: Odisea. Tradución de José Manuel Pabón. Gredos, Madrid, 1982.
Esquilo: Tragedias. Tradución E notas de Bernardo Perea Morales. Gredos, Madrid, 1986.
Sófocles: Tragedias. Tradución e notas de Assela Alamillo. Gredos, Madrid, 1981.
Aristófanes: Comedias III. Traducción e notas de Luis M. Macía Aparicio. Gredos, Madrid, 2007.
Eurípides: Tragedias I (Hécuba). Traducción e notas de Juan Antonio López Férez. Gredos, Madrid, 1977.
Eurípides: Tragedias II (Las Troyanas). Traducción e notas de José Luis Calvo Martínez. Gredos, Madrid, 1978.
SECCIÓN B: Mulleres e poder no mundo romano:
Tito Livio, Historia de Roma desde su fundación. Trad. José Antonio Villar Vida, Gredos.
Dioniso de Halicarnaso, Historia antigua de Roma, Trad. Elvira Jiménez, Gredos
Aulo Gelio, Noches Áticas. Trad. Santiago López Moreda, Akal.
Séneca el viejo, Controversias. Trad. Ignacio Adiego Lajara; Esther Artigas Álvarez e Alejandra de Riquer Permanyer, Gredos.
Cicerón, Discursos vol. VI, Filípicas. Trad. María José Múñoz Giménez.
Plutarco, Vidas Paralelas vol. VI. Trad. Jorge Bergua Cavero; Salvador Bueno Morillo e Juan Manuel Guzmán Hermida, Gredos.
Plutarco, Vidas Paralelas vol. VIII. Trad. Carlos Alcalde Martín; Marta González González, Gredos.
Apiano, Historia romana vol. III. Trad. Antonio Sánchez Arroyo, Gredos.
Valerio Máximo, Hechos y dichos memorables. Trad. Santiago López Moreda; María Luisa Harto Trujillo e Joaquín Villalba Álvarez, Gredos.
Dion Casio, Historia romana, libros L-LX. Trad. Juan Manuel Cortés Copete, Gredos.
Suetonio, Vidas de los Césares, vols. I y II. Trad. Rosa María Agudo Cubas, Gredos.
Séneca, Diálogos. Apolocintosis. Trad. Juan Mariné Isidro, Gredos.
Plinio, Panegírico. Trad. Rosario Moreno Soldevilla, CSIC.
Tácito, Anales vols. I y II. Trad. José Luís Moralejo, Gredos.
2. Bibliografía básica.
SECCIÓN A. As mulleres e a guerra no teatro ateniense:
Lesky, A., Historia de la literatura griega, 2 vols., Madrid, 2009-2010.
López Férez, J. A. (ed.), Historia de la literatura griega, Madrid, 2000.
Osborne Robin La Grecia clásica : 500-323 a.C. Barcelona : Crítica 2002
Samons II Loren J. (editor) The Cambridge companion to the Age of Pericles. Cambridge ; New York : Cambridge University Press. 2007
Sancho Rocher, Laura, 2021. El Nacimiento de la Democracia. El experimento político ateniense (508-322 a. C.), Barcelona, Madrid, México: Arco de los libros
Iriarte, Ana, Democracia y tragedia : la era de Pericles. tres Cantos, Madrid, España : Ediciones Akal, S.A., [2014]
Loraux, Nicole Madres en duelo, Madrid : Abada, 2004
Vidal-Naquet, Pierre, El espejo roto : tragedia y política en Atenas en la Grecia antigua Madrid : Abada 2004
Cantarella, Eva La Calamidad ambigua : condición e imagen de la mujer en la antigüedad griega y romana. Madrid : Ediciones Clásicas
Iriarte, Ana Feminidades y convivencia política en la antigua Grecia. Madrid : Editorial Síntesis, [2020]
Mossé, C. La mujer en la Grecia clásica. Nerea, Madrid, 1990.
Valdés Guía, Miriam Prácticas rituales y discursos femeninos en Atenas. Los espacios sacros de la gyne, Sevilla, Editorial Universidad de Sevilla, 2020.
SECCIÓN B: Mulleres e poder no mundo romano:
Bickel, E. 1982: Historia de la literatura romana, Barcelona.
Codoñer, C. 2011 (ed.): Historia de la Literatura latina, Madrid.
Conte, G.B. 1995: Letteratura Latina. Manuale storico dale origini alla fine dell’impero romano, Florencia.
von Albrecht, M. 1997: Historia de la literatura romana, vol.I, Barcelona.
Beard, M.; Henderson, J. 2016: El mundo clásico: Una breve introducción, Madrid.
Gwynn, D.M. 2012: The Roman Republic: A very short introduction, Oxford
Kelly, C. 2006: The Roman Empire: A very short introduction, Oxford.
Suárez Piñeiro, A.M. 2019: Roma Antigua. Historia de un imperio global, Madrid.
Bauman, R.A. 1992: Women and politics in Ancient Rome, Londres.
Boatwright, M.T. 2021: Imperial Women of Rome. Power, Gender, Context, Oxford.
Cantarella, C. 1997: Pasado Próximo: mujeres romanas de Tácita a Sulpicia, Madrid.
Cenerini, F. 2009: La donna romana, Bolonia.
Severy, B. 2010: Augustus and the family at the birth of the Roman Empire, Londres.
3. Bibliografía complementaria.
SECCIÓN A: As mulleres e a guerra no teatro ateniense
Le récit de guerre comme source d’histoire, de l’Antiquité à nos jours Le récit de guerre comme source d’histoire, de l’Antiquité à nos jours. Besançon : Institut des Sciences et Techniques de l'Antiquité, 2022. 0 p. (Collection « ISTA », 1545) www.persee.fr/issue/ista_0000-0000_2022_act_1545_1
Bridges, Emma, Warriors’ Wives. Ancient Greek Myth and Modern Experience. Oxford, Oxford University Press, 2023.
Anónima, Una mujer en Berlín. Anotaciones de diario escritas entre el 20 de abril y el 22 de junio de 1945. Barcelona: Anagrama, 2005 (Frankfurt 2003).
Dombrowski, Nicole Ann (ed.) Women and War in the Twentieth Century, Routledge: New York & London, 2005.
Nicholson, Virginia, Millions Like Us. Women’s Lives in the Second World War. Penguin. 2012.
Nicholson, Virginia Singled Out: How Two Million Women Survived Without Men after the First World War, Penguin. 2007
Alexievich Svetlana La guerra no tiene rostro de mujer. Barcelona : Debate. 2015
SECCIÓN B: Mulleres e poder no mundo romano:
Balmaceda, C. (2020). ‘Las mujeres de Livio: Exempla, pasado y presente’, Intus-Legere Historia 14, 168—189.
Barreiro Morales, M.W. (2024). ‘El sacerdocio femenino de las vestales’, Ridrom 32, 1—23.
Bravo Bosch, M.J. 2017: Mujeres y símbolos en la Roma Republicana. Análisis jurídico-histórico de Lucrecia y Cornelia, Madrid.
Cidoncha Redondo, F. 2019: Mujeres infames en la sociedad romana del Alto Imperio, Habis 50, 167—182.
Fagan, G. G. 2002: ‘Messalina’s folly’, Classical Quarterly 52 (2), 566—579.
Fischler, S. 1994: ‘Social stereotypes and historical analysis. The case of the Imperial women at Rome’, in J. Archer; S. Fischler and M. Wyke (eds.), Women in ancient societies: an illusion of the night, Londres, 115–133.
Santoro L’Hoir, F. 1994: ‘Tacitus and women’s usurpation of power’, Classical World 88(1), 5—25.
4. Recursos na rede.
Bases de datos accesibles a través da biblioteca da USC https://rebusca.usc.gal/az.php?t=27111
Delas son útiles para a materia
Année philologique
Database of Latin Dictionaries
Dialnet - USC
JSTOR - Artes e Ciencias I, II e III
Library of Latin Texts
REBIUN - Catálogo Colectivo
Thesaurus Linguae Graecae
Thesaurus Linguae Latinae
Outros recursos en liña
Bibliotheca Classica Selecta: http://bcs.fltr.ucl.ac.be/
Perseus Digital Library: http://www.perseus.tufts.edu
The Latin Library: http://www.thelatinlibrary.com
Dictionnaire des Antiquités Grecques et Romaines Daremberg-Saglio: http://dagr.univ-tlse2.fr/sdx/dagr/
CB-1) Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CB-2) Que os estudantes saiban aplicar os coñecemientos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudoo
(CB-3) que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
(CB-4) que os estudantes saiban comunicar as súas conclusión (e os coñecementos e razón últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
(CB-5) que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
(CG-1) Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo
(CG-4) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, evaluación e síntesis de ideas novas e complexas
(CG-5) Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica np seu conxunto e coa sociedade en xeral arredor das súas áreas de coñecemento.
(CG-7) Que os estudantes demostren ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixos principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico y lingüístico-literario
(CG-8) Que sexan capaces de relacionar a cultura clásica coa doutros períodos históricos.
(CG-10) Que a súa formación avanzada contribúa ao desenrolo cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico.
(CT-1) Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, que inclúe o acceso por internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos disponibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en entornos cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
Os contidos da materia desenvolveranse en sesións teórico-prácticas presenciais vertebradas a través do estudo das obras literarias establecidas de lectura obrigada, combinadas con outros textos literarios. O profesorado realizará unha presentación de cada tema abordado, con especial referencia ás fontes literarias, para dar paso á intervención activa do alumnado, co comentario crítico das fontes literarias e co debate histórico.
Se potenciará tamén o achegamento do alumnado ás edicións críticas de referencia das obras clásicas e aos problemas de transmisión das mesmas. Farase fincapé na utilidade pero tamén eivas dos recursos dixitais (edicións antigas, falta de aparato crítico...).
Cada alumno/a realizará dous traballos de investigación persoal, un por cada sección. Neles deberán demostrar o manexo da metodoloxía histórica e a súa capacidade para proceder a unha análise crítica das fontes literarias en relación a unha pregunta de investigación formulada. As edicións das obras clásicas analizadas que se recomendan están mencionadas na bibliografía.
Sistema de avaliación continua.
30%: Asistencia ás sesións teórico-prácticas e avaliación das intervencións realizadas polos estudantes na análise de textos e nos debates que se realizarán nelas.
70%: Presentación de dous traballos persoais orixinais -un por cada sección - relacionados cos contidos do curso (70%). Os traballos serán presentados na aula e entregados previamente en formato electrónico (pdf.) con formato que segue:
TÍTULO : ENUNCIADO CLARO E BREVE DO TEMA DO TRABALLO
Nome do autor (jos%C3%A9.garcia [at] rai.usc.es (josé[dot]garcia[at]rai[dot]usc[dot]es))
Resumo. 100 palabras. 7 liñas en letra Times New Roman ou similar. Entreliñado simple. Expresar de forma sintética o tema do traballo e a/as conclusión(s) principais.
Palabras chave. 5/6 conceptos fundamentais traballados no texto.
Corpo do traballo. 2000 palabras. Aproximadamente tres páxinas en Times New Roman 12. Entreliñado simple. Deben delimitarse ben as seccións e subseccións se procede.
O esquema básico é:
1. Introdución, ¿que problema ou cuestión propoño?
2. Fonte(s) utilizada(s), método, estado da cuestión. Xeito de resolver o problema ou dar resposta a cuestión proposta.
3. Conclusións. Conseguín ou non resolver o problema, dar resposta a cuestión. Que problemas atopei.
Bibliografía.
Fonte(s) estudiadas.
Literatura secundaria (entre 4 e 8 títulos).
Webgrafía aparte, máximo de 4 sitios.
O conxunto do traballo non debe exceder as 2300 palabras.
O TRABALLO ENTREGARASE EN FORMATO PDF
Avaliación da presentación escrita
Para a avaliación teranse en conta os seguintes elementos
Básicos:
1. Claridade e precisión da exposición nos distintos ítem do traballo conforme ó esquema sinalado arriba.
2. Uso correcto de notas a pe de páxina (un traballo desta natureza non ten porque ter moitas, pero deben estar ben usadas).
3. Bibliografía citada correctamente, tanto en notas como na bibliografía final. Pódese utilizar calquera dos procedementos estándar.
4. As fontes antigas deben citarse de acordo os usos propios dos estudos clásicos.
Complementarios:
1. Manexo, sequera elemental, das linguas clásicas empregadas nas fontes estudiadas (conceptos básicos, citas breves, etc.).
2. Manexo de bibliografía ou webgrafía en linguas estranxeiras (basicamente inglés e francés, eventualmente alemán ou italiano).
Avaliación da presentación oral
Os traballos persoais presentaranse na clase co seguinte formato:
1. Presentación do contido por un tempo limitado (entre 15 e 20 minutos, segundo o número de matriculados e o axuste do calendario). Reservaranse 5 minutos de debate.
2. Os termos do debate poden supor unha verificación de que a presentación escrita axústase co contido oral e a sua comprensión. De non ser así considerarase que houbo uso fraudulento de ferramentas de intelixencia artificial que poden supor a non superación da materia.
Unha ausencia reiterada ás sesións, non xustificada, superior ao 20%, implicará que o/a alumno/a non poderá ser avaliado/a.
A realización de traballos que incorran en plaxio suporá a non superación da materia.
Segunda oportunidade: Consistirá nun exame relacionado cos contidos dos dous bloques temáticos do curso (70%).
Alumnado con dispensa de asistencia: Os dous traballos relacionados con cada un dos bloques temáticos do curso suporán o 100% da nota.
A materia consta de 3 créditos ECTS.
Clases expositivas: 7 horas (presencialidade 100)
Clases interactivas: 14 (100)
Tutorías: 3 horas (100)
Traballo persoal do/a alumno/a: 49 horas
Proba final: 2 horas (100)
Recoméndase un traballo continuo, a preparación detida de cada lectura obrigatoria e o manexo das edicións bilingües (latín/grego-lingua moderna) das obras estudadas.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Marco Virgilio Garcia Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812558
- Correo electrónico
- marco.garcia.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |
03.06.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
08.07.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |