Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia estuda as formas superiores do poder en Grecia e Roma, dende os pazos micénicos ata as monarquías xermánicas da Antigüidade tardía. Ao mesmo tempo que procura familiarizar ao alumno co manexo contrastado das fontes grecolatinas (textuais, arqueolóxicas e numismáticas), a materia constitúe unha iniciación á historia das institucións e á historia do poder na Antigüidade, estivese este artellado política ou apolíticamente, coas súas correspondentes nomoloxías, ideoloxías, iconografías e escenografías.
A materia persegue dous obxectivos nomeadamente: explicaren os sinais de identidade orixinarios da civilización europea, no proceso de politización grecorromano, e mellorar o espírito crítico do alumno fronte aos poderes constituídos no mundo contemporáneo, tanto nas democracias como nas autocracias.
1. As primeiras realezas: Grecia minoica e homérica, a Roma dos reis
2. O nacemento da política: polis gregas e res publica romana
3. Alexandre Magno e a basileia helenística
4. Imperium Romanum: o Principado
5. Imperium Romanum: o Dominado
6. Os reinos xermánicos
BÁSICA
G. Alföldy, Nueva historia social de Roma, Sevilla 2014.
M. I. Finley, El nacimiento de la política, Madrid 1986.
C. Meier, La nascita della categoria del politico in Grecia, Bolonia 1988.
A. Stewart, Faces of Power: Alexander's Image and Hellenistic Politics, Berkeley 1993.
R. Syme, La revolución romana, Madrid 1989.
M. Weber, La ciudad, Madrid 1987.
P. Zanker, Augusto y el poder de las imágenes, Madrid 1992.
COMPLEMENTARIA
F. R. Adrados, Ilustración y política en la Grecia clásica, Madrid 1966.
V. Alonso Troncoso, "Polis e imperium", en M. Artola (ed.), Historia de Europa, I, Madrid 2007, 179-243.
A. Biscardi, Diritto greco antico, Varese 1982.
P. Brown, El mundo de la Antigüedad tardía. De Marco Aurelio a Mahoma, Madrid 2012.
G. Busolt, Griechische Staatskunde, I-II, Múnich 1920-1926.
A. Caballos Rufino, E. Melchor Gil (eds.), De Roma a las provincias. Las élites como instrumento de proyección de Roma, Sevilla 2014.
P. Carlier, La royauté en Grèce avant Alexandre, Estrasburgo 1984.
A. Chaniotis, La era de las conquistas. El mundo griego de Alejandro a Adriano (336 a.C. – 138 d. C.), Barcelona 2018.
F. Coulanges, La ciudad antigua, Madrid 1968.
A. D'Ors, Derecho privado romano, Pamplona 2004.
J. G. Droysen, Alejandro Magno, México 1988.
V. Ehrenberg, The Greek State, Londres 1974.
F. J. Fernández Nieto (coord.), Historia antigua de Grecia y Roma, Valencia 2005.
L. García Iglesias, Los orígenes del pueblo griego, Madrid 1997.
L. García Moreno, La construcción de Europa. Siglos V-VIII, Madrid 2001.
L. Gernet, Droit et institutions en Grèce antique, París 1968.
F. Gschnitzer, Historia social de Grecia, Madrid 1987.
P. López Barja, F. J. Lomas Salmonte, Historia de Roma, Madrid 2004.
F. Marco Simón, F. Pina Polo, J. Remesal Rodríguez (eds.), Autorretratos. La creación de la imagen personal en la Antigüedad, Barcelona 2016.
J. Martínez-Pinna, Los orígenes de Roma, Madrid 1999.
F. Millar, The Emperor in the Roman World (31 BC - AD 337), Londres 1977.
Th. Mommsen, Historia de Roma, I-IX, Madrid 1876-1877.
J. M. Roldán Hervás, Historia de Roma. I: La República romana, Madrid 1981.
P. Veyne, Le pain et le cirque, París 1976.
É. Will, El mundo griego y el Oriente. I: El siglo V (510 - 403), Madrid 1997.
CG-1 - Que os estudantes demostrasen unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
CG-4 - Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CG-5 - Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento.
CG-7 - Que os estudantes demostrasen ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixos principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
CG-9 - Que sexan capaces de abrir vías de especialización novas no ámbito dos estudos arqueolóxicos.
CG-10 - Que a súa formación avanzada contribúa ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CT-1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
CT-2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
CT-3 - Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
A clase procurará combinar o método da exposición maxistral co comentario das fontes (textos, iconografías e monumentos), no que requirirase a participación dos alumnos. Ademais de traballaren no aula, con materiais impresos e proxectados, poderanse facer exercicios de busca e consulta de fontes na biblioteca. Tampouco desbótase a posibilidade de facer visita a algún museo e xacemento pra coñecer de visu as fontes epigráficas, numismáticas e arqueolóxicas que mellor ilustren as formas e expresións do poder a nivel local.
A nota final será o resultado de ponderar dúas avaliacións:
• control de asistencia ás clases e seguimento da participación do alumno na aula, os seminarios, as titorías e algunha eventual visita museográfica: 50% da nota final. (Se o alumno, por dispensa oficial, non pode asistir a clase, terá que facer a lectura e recensión dun libro sobre os contidos da materia proposto polo profesor). Máximo de puntuación neste apartado: 10
• exame final escrito sobre a materia impartida en clase polo profesor: 50% da nota final. Máximo de puntuación neste apartado: 10
O alumno que deba presentarse en segunda convocatoria, porque a súa nota media final no chegue a 5, terá que:
• recuperar a asistencia e participación na aula, etc., se está suspenso neste apartado, mediante a lectura e recensión dun libro sobre os contidos da materia proposto polo profesor: 50% da nota final. (Se é alumno con dispensa oficial, terá que refacer a recensión do libro proposto). Máximo de puntuación neste apartado: 10.
• realizar o exame escrito, se está suspenso neste apartado: 50% da nota final. Máximo de puntuación neste apartado: 10.
Sistema de avaliación: expresado mediante nota final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de setembro).
A avaliación da segunda convocatoria será parcialmente diferente da primeira se se trata de recuperar o 50% da nota correspondente á asistencia e participación nas clases, para o que establécese a recensión dun libro por parte do alumno.
No caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios que os aplicados ao ensino presencial que se imparta nese momento, agás no 50% da nota correspondente á asistencia e participación nas clases, para o que establécese a recensión dun libro por parte do alumno.
O art. 16 da normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Actividades presenciais do alumno:
Clase maxistral: 12 horas presenciais do alumno. Estudo autónomo do alumno (individual ou en grupo).
Clase práctica: 6 horas presenciais do alumno. Estudo autónomo do alumno.
Horas de traballo do alumno: 20.
Exposición de traballos: - horas presenciais do alumno. Lecturas recomendadas (actividades de biblioteca). Horas de traballo do alumno: 20.
Seminario: 4 horas presenciais do alumno. Traballo do alumno: preparación de presentacións, debate, etc. 10 horas de traballo do alumno.
Visitas, saídas: - horas presenciais do alumno. Traballo do alumno: preparación de presentacións, debates, etc.
Horas de traballo do alumno: 10.
Avaliación: 1 hora presencial do alumno
Titorías: 2 horas presenciais do alumno
Traballo de grupo: - horas presenciais do alumno
Traballo do alumno: outras tarefas asignadas polo profesor
Horas de traballo do alumno: -
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS: 25 horas presenciais do alumno
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS: 50 horas de traballo do alumno
Ao seren unha materia presencial, é obrigatoria a asistencia ás clases