Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A antropoloxía nacente no século XIX conformouse nun contexto cultural dominado polo evolucionismo e o positivismo. O primeiro levou á disciplina a unha procura incesante das “orixes” de calquera clase de forma social, institución ou sistema de vida, ás veces ignorando as condicións concretas do seu sentido no presente realmente observado. Neste contexto, o uso de nocións derivadas da Antigüidade tivo enseguida o seu curso debido á importante influencia da cultura clásica nas elites da Europa da época que construían a nova disciplina.
A partir dese momento estableceuse un continuo tecer e destecer sobre a pertinencia dos modelos e interrogantes antropolóxico para comprender aspectos da Antigüidade.
O desenvolvemento da disciplina arqueolóxica tamén tivo un importante rol neste sentido ao buscar na antropoloxía modelos e analoxías como apoio para interpretar os restos materiais das culturas coñecidas exclusivamente a través da arqueoloxía, ou daquelas culturas protohistóricas, xa en contacto con sociedades portadoras de escritura, pero con percepcións e presentacións breves, descontinuas e sempre difíciles de interpretar.
A historia antropolóxica da Antigüidade practicada hoxe en día baséase en tres tradicións complementarias.
1. A escola de Cambridge, activa a inicios do século XX, fundamental para temas relixiosos.
2. A dimensión social que a esta escola achega a obra de M. Finley tras o seu exilio a Cambridge.
3. O camiño autónomo, con raíces na socioloxía de Durkheim e Mauss, da escola francesa de antropoloxía histórica, a chamada psicoloxía histórica (o complexo sentido semántico dos conceptos clave).
Á súa vez, estas tres tradicións insírense noutros tantos paradigmas antropolóxicos que se mesturan de formas diversas na práctica historiográfica vixente.
1. O evolucionismo e o comparatismo.
2. O funcionalismo.
3. O estructuralismo.
Contido
Tema 1. A construción do modelo clasicista e a súa quebra.
a. O Renacemento e o redescubrimiento do mundo clásico.
b. A Ilustración, historia erudita, a eclosión filolóxica e a creación dunha imaxe.
c. A emerxencia da antropoloxía e da historia das relixións como disciplinas científicas: o lugar do Mundo Antigo.
d. Os mestres da sospeita e a quebra do modelo clásico.
e. A socioloxía francesa e a procura do rigor metodolóxico: ecos gregos.
f. Funcionalismo e estrutura, dos modelos de sociedade aos modelos de pensamento.
Tema 2. As antropoloxías gregas.
a. A epopea dos bárbaros.
b. Heródoto e os outros.
c. Das etnografías folk ás etnografías literarias.
d. Cando o outro é grego: os espartanos como outros, a etnografía dos intelectuais.
Tema 3. Antropoloxías Atenienses
a. Antropoloxía da política ateniense (de E. Leach a N. Loraux).
b. Antropoloxía do voto e marxinalidade feminina (das sufragistas a M. Godelier).
c. Ritos de paso e paisaxe ateniense (de A. Van Gennep a P. #Vidal-Naquet).
d. Unha antropoloxía do tempo ateniense (de J. Z. Smith a R. Parker).
Tema 4. Estrabón e a antropoloxía do Imperio Romano.
a. A obra de Estrabón: xeografía, filosofía, historia e antropoloxía.
b. Antropoloxías de Iberia: a construción dun espazo “bárbaro”, modelos literarios e crítica de fontes.
c. Antropoloxías galas, de César a Estrabón.
d. Modelos homéricos e loitas culturais na Tróade.
Tema 5. As analogías antropolóxicas en arqueoloxía: o caso das xefaturas.
a. Arqueoloxía e modelos sociais: como facer falar á cultura material?
b. Como ser xefe?
c. Realezas, non monarquías, exemplos de realezas plurais.
d. Materialidades das xefaturas.
e. Os ritos de investidura.
Fontes principais
Hesíodo, Los trabajos y los días. Antropología del campesino.
Homero, Odisea, canto 9, el Cíclope. Antropología del pastor.
Homero, Odisea, canto 10, Reso el tracio. Antropología del soldado.
Heródoto, libro 4, amazonas y escitas.
Hipócrates, Sobre aires, aguas y lugares.
Julio César, libro 6, Etnografía de los galos. Libro 7, Vercingetorix.
Apolodoro, la realeza primitiva de Atenas.
Estrabón, libros 3 y 4. Iberia y Galia (selección).
Estrabón, libro 13, Tróade, antropología de la cultura griega en tiempo de Augusto.
Bibliografía Básica
Ackerman, R. 2002. The Myth and Ritual School J.G. Frazer and the Cambridge Ritualists. Routledge. New York & London.
Bloch, M. 1928. Pour une histoire comparée des sociétés européennes, Revue de synthèse historique, vol. 46, ns nº 20, p. 15-50 (= Marc Bloch, Histoire et Historiens, Paris, Armand Colin, 1995, p. 95-144).
Bloch, M. 1930. Comparaison, Revue de synthèse historique, vol. 49, ns nº 23 (appendice Bulletin du Centre international de Synthèse. Section de Synthèse historique, nº9), p. 31-39 (= Marc Bloch, Histoire et Historiens, Paris, Armand Colin, 1995, p. 87-93).
Ember Carol R., Ember, M. 2009. Cross-Cultural Research Methods, 2nd ed., Lanham etc.
García Quintela, M.V. 2019. Autour des comparaisons , Nouvelle Mythologie Comparée / New Comparative Mythology, 5, 2019-2020: 5-63. on line 03/09/2019 http://nouvellemythologiecomparee.hautetfort.com/archive/2019/09/03/mar…
García Quintela, M.V. 2022. Le mythe de fondation de Lugdunum. Préface de Bernard Sergent. Appendix de A.César González-García. Paris.
Geertz, C. 1983. Local Knowledge: Further Essays in Interpretive Anthropology, New York.
Goody, J. 1985. La domesticación del pensamiento salvaje. Madrid.
Sahlins, M. 1987. Islands of History, Londres.
Segal, R. A. 2001. In Defense of the Comparative Method, Numen, 48, nº3, p. 339-373.
Siapkas, J., Sjögren, L. 2014. Displaying the Ideals of Antiquity. The Petrified Gaze. New York.
Vigour, C. 2005. La Comparaison dans les sciences sociales, pratiques et méthodes, Paris.
Bibliografía Complementaria
1. Antecedentes e modelos
Bernand, C, Gruzinski, S. 1992. De la idolatría: una arqueología de las ciencias religiosas, Méjico.
Boas, F. 1896. The Limitations of the Comparative Method of Anthropology, Science (déc.), vol. 4, nº 103, p. 901-908.
Evans-Pritchard, E. E., 1965. Theories of Primitive Religion, Oxford.
Farnell, L.R. 1905. The comparative study of religions, its method and problems, in L.R. Farnell, The Evolution of Religion. An Anthropological study, Londres, New York, p. 1-87.
Jones, W. 1799. On the Gods of Greece, Italy, and India, in The Works of Sir William Jones in six Volumes, Londres, G. G. and J. Robinson, and R. H. Evans, (texte écrit en 1784), p. 229-280.
Lafitau, J.-F. 1724. Moeurs des sauvages amériquains comparées aux moeurs des premiers temps, tome premier, Paris, Saugrain l’aîné et Charles Estienne Hochereau.
Morgan, L.H. [1877] Ancient Society or Researches in the Lines of Human Progress from Savagery through Barbarism to Civilization, Chicago.
2. Antropoloxía grega
Burkert, W. 2013. Homo necans. Interpretaciones de ritos sacrificiales y mitos de la antigua Grecia, Barcelona.
Dodds, E.R. 1983. Los griegos y lo irracional. Madrid.
Finley, M.I. 1977. Antropología y estudios clásicos, en M.I. Finley, Uso y abuso de la historia, Barcelona, pp. 156-184.
Gernet, L. 1981. Antropología de la Grecia Antigua, Madrid.
Hartog, F. 1980. Le miroir d’Hérodote. Essai sur la représentation de l’autre, Paris.
Humphreys, S. C. (2009) The historical anthropology of thought: Jean-Pierre Vernant and intellectual innovation in ancient Greece. Focaal—European Journal of Anthropology 55: 101–112.
Iriarte, A. y L. Sancho Rocher (eds.), 2010. Los antiguos griegos desde el observatorio de París. Mediterránea nº 15, Málaga.
Lloyd, G.E.R. 1966. Polarity and Analogy: two types of argumentation in early Greek thought, Cambridge.
Momigliano Arnaldo, 1984, Sagesses barbares. Les limites de l’hellenisation, Paris
Payen, P. y E. Scheid-Tissinier (eds.) 2012. Anthropologie de l'antiquité. Anciens objets, nouvelles approches, Turnhout.
Redfield, J. M. 1991. “Classics and anthropology”, Arion 1, pp. 5-23.
Skinner J. 2012. The Invention of Greek Ethnography: Ethnography and History from Homer to Herodotus, Oxford.
3. Antropoloxías de Atenas
Blok, J. H. 2017. Citizenship in Classical Athens, Cambridge.
Brulé, P. 1987. La fille d’Athènes. La religion des filles à Athènes à l’époque classique, Besançon.
Durand, J.-L. 1986. Sacrifice et labour en Grèce ancienne, Paris, Rome,.
Godelier, M. 1996. La production des grands hommes. Pouvoir et domination masculine chez les Baruya de Nouvelle-Guinée, Paris.
Guicharrousse, R. 2022. Athènes en partage. Les étrangers au sein de la cité (Ve-IIIe siècles avant notre ère), Paris.
Humphreys, S. 2004. The Strangeness of Gods: Historical Perspectives on the Interpretation of Athenian Religion, Oxford.
Kapparis, K. A. 2022. Women in the Law Courts of Classical Athens, Edinburgh.
Lévi-Strauss, C. 1973. La geste d’Asdiwal, in Lévi-Strauss C., Anthropologie structurale deux, Paris, p. 175-233.
Loraux, N. 1984. Les enfants d’Athéna, Paris.
Loraux, N. 2008. La ciudad dividida: el olvido en la memoria de Atenas, Madrid.
Naiden, F.S. 2013. Smoke Signals of the Gods. Ancient Greek Sacrifice form the Archaic through Roman Periods, Oxford, New York.
Parker, R. 2007. Polytheism and Society at Athens, Oxford.
4. Estrabón
Ando, C. (2005), “Interpretatio Romana », Classical Philology, vol. 100, nº1, p. 41-51.
Clarke K. (1997), « In Search of the Author of Strabo’ s Geography », JRS, 87, p. 92-110.
Clarke K. (2001), Between Geography and History. Hellenistic Constructions of the Roman World, Cambridge.
Dauge Y.-A. (1981), Le Barbare : recherches sur la conception romaine de la barbarie et de la civilisation, Bruxelles.
Dueck D. (2000), Strabo of Amasia. A Greek Man of Letters in Augustan Rome, London.
García Quintela, Marco V. (2017). Du Mercure gaulois à la colonie romaine de Lugdunum : un système « canonique » de transformations ? Dialogues d’Histoire Ancienne, 43/2, 91-116.
Gómez Espelosín F. J., Cruz Andreotti G., García Quintela M. V. (2007), Estrabón. Geografía de Iberia, Madrid.
Nicolet Claude, 1988, L’Inventaire du monde : géographie et politique aux origines de l’Empire Romain, Paris.
Pothecary S. (2002), Strabo, the Tiberian Author: Past, Present and Silence in Strabo’ s Geography, Mnemosyne, 55/4, p. 387-438.
Rambaud M. (1966), L’ art de la déformation historique dans les commentaires de César, Paris.
5. Analoxías antropolóxicas en arqueoloxía
Binford, Lewis R., 1967. Smudge Pits and Hide Smoking: The Use of Analogy in Archaeological Reasoning, American Antiquity, vol. 32, nº1, p. 1-12,
Braund D. 1984. Rome and the Friendly King: the Character of the Client Kingship, New York.
Criado Boado F. 2012. Arqueológicas. La Razón Perdida, Barcelone.
Earle, T. 1997. How Chiefs Come to Power. The Political Economy in Prehistory, Stanford, Stanford University Press.
Earle T. 1989, « The Evolution of Chiefdoms », Current Anthropology, 30/1, p. 84-88.
García Quintela, M.V., y R. Brañas Abad, 2002. La Organización socio-política de los populi del Noroeste de la Península Ibérica Un estudio de antropología política histórica comparada. Traballos de Arqueología e Patrimonio (TAPA), nº 28, Universidade de Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe, Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, Santiago de Compostela 2002.
Leach E.R., [1954] 1970, Political Systems of Highland Burma. A Study of Kachin Social Structure, London.
Peregrine, P.N. 2001. Cross-Cultural Comparative Approaches in Archaeology, Annual Review of Anthropology, vol. 30, p. 1-18.
Perry, Richard J. 1983. « Proto-Athapaskan Culture : The Use of Ethnographic Reconstruction », American Ethnologist, vol. 10, nº4, p. 715-733.
Shelley, C. 1999. Multiple Analogies in Archaeology, Philosophy of Science, 66, nº4, p. 579-605.
BÁSICAS E XENERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Saber comunicar as conclusións alcanzadas e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
CX-1 - Demostrar unha comprensión ampla dun campo de estudo e o dominio dos usos científicos e técnicos propios do devandito campo.
CX-2 - Demostrar capacidade de idear, desenvolver e poñer por escrito un ou varios traballos académicos segundo os parámetros e usos propios da disciplina.
CX-3 - Demostrar capacidade para incorporar ideas orixinais a partir da información científica facilitada.
CX-4 - Capacidade para comprender, analizar e criticar textos científicos.
CX-5 - Capacidade para expresarse utilizando un vocabulario técnico preciso e segundo os usos da disciplina.
CX-6 - Capacidade para intercambiar ideas cos seus colegas e coa sociedade en xeral.
CX-7 - Demostrar ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixos principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
CX-8 - Capacidade para relacionar a cultura clásica coa doutros períodos históricos.
CX-10 - Contribuír, coa súa formación avanzada, ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico.
TRANSVERSAIS
CT-1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluído o acceso por Internet, sendo conscientes das súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
CT-2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
CT-3 - Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
ESPECÍFICAS
CE1.- Introducir ao alumnado na terminoloxía e os métodos propios da Antropoloxía.
CE2.- Fomentar a orientación interdisciplinar e a transversalidade entre disciplinas no estudo das sociedades antigas.
CE3.- Favorecer a transferencia de coñecementos e métodos entre distintas disciplinas das Ciencias Sociais e Humanas (Antropoloxía, Historia, Arqueoloxía).
Os enunciados dos temas propostos ofrecerán o contexto xeral no que se lerá e debaterá sobre a selección de fontes propostas que se tratarán desde a óptica definida polos obxectivos da materia. En resumo, por unha banda, partirase dos interrogantes da antropoloxía moderna sobre a historia antiga e, doutra banda, examinaranse os interrogantes antropolóxicos emanados desde a propia antigüidade, á súa vez contrastados con metodoloxías antropolóxicas modernas.
O tema uno consistirá nunha exposición xeral, historiográfica, sobre a evolución do pensamento occidental en relación coas percepcións do mundo antigo e a súa localización nas percepcións culturais xenerais.
Os temas seguintes partirán dunha exposición sucinta ao redor dos enunciados propostos. Seguidamente, propoñerase, para cada tema, unha lectura combinada dun texto de etnografía ou antropoloxía moderna (artigo ou capítulo de libro) e dun texto antigo de entre os seleccionados. En cada caso suscitarase a formulación de interrogantes a partir da antropoloxía cuxa resposta se buscará nos textos antigos.
Neste modelo de ensino o seguimento das lecturas propostas e a participación en clase son os elementos fundamentais da docencia e así se considerarán na avaliación da materia.
Establécese un sistema de avaliación continua, baseado na preparación, asistencia e participación en clase (50% da nota final).
Ademais, elaborarase un traballo escrito coas seguintes características e que se presentará oralmente en aula (50% da nota final):
TÍTULO : ENUNCIADO CLARO E BREVE DO TEMA DO TRABALLO
Nome do autor (jos%C3%A9.garcia [at] rai.usc.es (josé[dot]garcia[at]rai[dot]usc[dot]es))
Resumo. 100 palabras. 7 liñas en letra Times New Roman ou similar. Entreliñado simple. Expresar de forma sintética o tema do traballo e a/as conclusión(s) principais.
Palabras chave. 5/6 conceptos fundamentais traballados no texto.
Corpo do traballo. 2000 palabras. Aproximadamente tres páxinas en Times New Roman 12. Entreliñado simple. Deben delimitarse ben as seccións e subseccións se procede.
O esquema básico é:
1. Introdución, ¿que problema ou cuestión propoño?
2. Fonte(s) utilizada(s), método, estado da cuestión. Xeito de resolver o problema ou dar resposta a cuestión proposta.
3. Conclusións. Conseguín ou non resolver o problema, dar resposta a cuestión. Que problemas atopei.
Bibliografía.
Fonte(s) estudiadas.
Literatura secundaria (entre 4 e 8 títulos).
Webgrafía aparte, máximo de 4 sitios.
O conxunto do traballo non debe exceder as 2300 palabras.
O TRABALLO ENTREGARASE EN FORMATO PDF
Avaliación da presentación escrita
Para a avaliación teranse en conta os seguintes elementos
Básicos:
1. Claridade e precisión da exposición nos distintos ítem do traballo conforme o esquema sinalado arriba.
2. Uso correcto de notas a pe de páxina (un traballo desta natureza non ten porque ter moitas, pero deben estar ben usadas).
3. Bibliografía citada correctamente, tanto en notas como na bibliografía final. Pódese utilizar calquera dos procedementos estándar.
4. As fontes antigas deben citarse de acordo os usos propios dos estudos clásicos.
Complementarios:
1. Manexo, sequera elemental, das linguas clásicas empregadas nas fontes estudiadas (conceptos básicos, citas breves, etc.).
2. Manexo de bibliografía ou webgrafía en linguas estranxeiras (basicamente inglés e francés, eventualmente alemán ou italiano).
Avaliación da presentación oral
Os traballos persoais presentaranse na clase co seguinte formato:
1. Presentación do contido por un tempo limitado (entre 15 e 20 minutos, segundo o calendario). Reservaranse 5 minutos de debate.
2. Os termos do debate poden supor unha verificación de que a presentación escrita axústase co contido oral e a sua comprensión. De non ser así considerarase que houbo uso fraudulento de ferramentas de intelixencia artificial que poden supor a non superación da materia.
Unha ausencia reiterada ás sesións, non xustificada, superior ao 20%, implicará que o/a alumno/a non poderá ser avaliado/a.
A realización de traballos que incorran en plaxio suporá a non superación da materia.
Segunda oportunidade: Consistirá en comentarios de texto relacionado cos contidos da asignatura (70%).
Alumnado con dispensa de asistencia: Os dous traballos relacionados con cada un dos bloques temáticos da asignatura suporán o 100% da nota.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS DO ALUMNADO:
Clase maxistral e presentacións......06
Seminario................................... 16
Titorías....................................... 03
TOTAL.........................................25
TRABALLO DO ALUMNADO:
Lecturas.......................................40
Redacción traballo.........................10
TOTAL..........................................50
Recoméndase o traballo continuado para seguir correctamente a materia e lograr as mellores cualificacións
Considerarase positivamente o uso de linguas que non sexan o español e o galego.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Marco Virgilio Garcia Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812558
- Correo electrónico
- marco.garcia.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |
16.01.2025 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
17.06.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |