Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 213 Horas de Titorías: 9 Clase Interactiva: 3 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Historia
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Arqueoloxía, Historia Antiga, Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Traballo de Fin de máster (en adiante, TFM) consistirá na elaboración por parte do estudante, de forma individual, dun traballo, memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados no máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estará orientado á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo
A extensión do TFM non deberá superar as 20.000 palabras (unhas 50 páxinas a espazo e medio), sen contar bibliografía nin anexos. O TFM deberá adecuarse aos temas tratados nas materias do máster. O alumno deberá demostrar que é quen de facer un uso axeitado da bibliografía especializada.
Como norma xeral, o TFM constará das seguintes partes:
a) Introdución: na que se identificará o campo xeral da investigación no que se enmarca o traballo, as características do tema analizado e os obxectivos perseguidos.
b) Corpo do traballo.
c) Conclusión: resumen das ideas principais e indicacións sobre futuros traballos e liñas de investigación que se abren a partir do TFM
d) Referencias bibliográficas, diferenciando as fontes utilizadas (edicións de textos literarios, epigráficos, etc.) da bibliografía xeral
Non se precisa, pois cada traballo require a consulta particular de bibliografía según o tema elexido.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
(CB-1) Comprender coñecementos susceptibles de ser orixinais e por tanto útiles para o desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CB-2) Saber aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos en contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(CB-3) Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
(CB-4) Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
(CB-5) Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar o estudo dun modo en boa medida autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS:
(CG-1) Demostrar unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
(CG-2) Demostrar a capacidade de concibir, deseñar e poñer en práctica un proceso substancial de investigación con seriedade académica.
(CG-3) Realizar unha contribución mediante unha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial que polo menos en parte mereza ser publicado,
(CG-4) Ser capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
(CG-5) Saber comunicarse con colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento.
(CG-6) Ser capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
(CG-7) Demostrar ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixos principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
(CG-8) Ser capaces de relacionar a cultura clásica coa doutros períodos históricos.
(CG-9) Que sexan capaces de abrir vías de especialización novas no ámbito dos estudos arqueolóxicos.
(CG-10) Capacidade para contribuír ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
Ao principio de curso, organízanse unhas xornadas nas que o profesorado pode expoñer as súas liñas de investigación, co fin de orientar ao alumno e facilitarlle a escolla de titor e tema de TFM.
Os TFM desenvolveranse baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, nomeados pola Comisión Académica. O/a titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir informe preceptivo e confidencial sobre este seguimento no prazo que estableza o centro antes da defensa do traballo e para os efectos de que se teña en conta para a avaliación establecida na normativa propia.
A Comisión Académica del máster nomeará, a proposta do Coordinador, un tribunal avaliador por cada seis TFM presentados ou ben fracción de dito número, en función dos temas tratados en cada uno e tendo en conta os campos de especialización do profesorado. No caso de que se designen varios tribunais, a comisión académica será a encargada de asignar os TFM a cada tribunal.
Os tribunais estarán formados por tres membros e, polo menos, un suplente que substituirá, de ser o caso, ao membro ausente. Polo menos dous dos membros deberán ter o título de doutor. O titor do TFM no poderá formar parte do tribunal que o xulgue. En todo caso, polo menos un dos membros do tribunal pertencerá a unha área de coñecemento afín ás liñas temáticas xerais dos traballos.
A cualificación poderá comunicarse ao alumno no rematar o acto da defensa do TFM e farase pública nos taboleiros de cualificacións do centro, nun prazo non superior a sete días dende a súa defensa.
O presidente do tribunal acordará e notificará a cada alumno o lugar e a hora sinalados para a defensa do TFM con sete días naturais de antelación.
A defensa do traballo será realizada polo/a estudante de xeito presencial. Non obstante o anterior, para casos excepcionais debidamente autorizados pola comisión académica, poderá realizarse a defensa por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
O alumno fará a defensa do seu TFM mediante a exposición oral das liñas principais do seu contido durante un tempo non superior aos 20 minutos. O alumno contestará a cantas preguntas e observacións lle fagan os membros do tribunal durante un tempo non superior aos 40 minutos.
A cualificación dos traballos se realizara segundo a ponderación seguinte:
a) Calidade do contido do traballo = 80%
b) Presentación formal do traballo = 10%
c) Presentación oral = 10%
A cualificación final será a resultante da media das cualificacións outorgadas polos membros do tribunal.
ACTIVIDADES PRESENCIALES DEL ALUMNO HORAS PRESENCIALES DEL ALUMNO TRABAJO DEL ALUMNO HORAS DE TRABAJO DEL ALUMNO
Exposición de traballos 2
Lecturas recomendadas (actividades de biblioteca) 170
Seminario --
Preparación de presentacions, debates, etc. 20
Visitas, salidas -
Eval1ación 1
Outras tareas asignadas por el profesor 10
Titorías 22
Traballo en grupo -
TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS 25 TOTAL PARA 3 CRÉDITOS ECTS 200
Véase el reglamento de TFM: http://www.usc.es/posgrao/muarqueo/pdf/ReglamentoTFM.pdf
En el caso de fraude académico, tal y como se define en el artículo 42 del Reglamento por el que se establecen las normas de convivencia de la Universidad de Santiago de Compostela, y de conformidad con lo dispuesto en el artículo 11. g) de la Ley de Convivencia Universitaria, se aplicarán las sanciones previstas por la normativa. Entre los comportamientos premeditados tendentes a falsear los resultados de un examen o trabajo se incluyen el plagio y el empleo no consentido de herramientas de Inteligencia Artificial.