Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender a fisiopatoloxía do ollo seco, así como os test clínicos e protocolos máis adecuados para a súa detección, avaliación, clasificación e prevención.
- Coñecer, comprender e valorar a interacción entre a lente de contacto e a película lagrimal.
- Analizar e valorar síntomas e signos relacionados coa sequedad ocular.
Na materia trátanse os seguintes contidos: Concepto de Enfermidade do Ollo Seco (EOS); Definición, clasificación, semioloxía, epidemioloxía, fisiopatoloxía, morbilidade e impacto na calidade de vida e económica da Enfermidade do Ollo Seco; e Manexo da EOS. Os contidos da materia son expostos a traves de temas teoricos e de seminarios:
- TEMA 1 - Introducción: a lágrima
- TEMA 2 - Enfermidade do Ollo Seco: definición, semioloxía y clasificación
- TEMA 3 - Enfermidade do Ollo Seco: fisiopatoloxía e epidemioloxía
- TEMA 4 - Manexo e terapia na EOS
- SEMINARIO 1 - Avaliación da lágrima
- SEMINARIO 2 - Diagnose e clasificación da EOS
- SEMINARIO 3 - Manexo optométrico da EOS
Ojo seco y otros trastornos de la superficie ocular. Ashok Garg. Editorial Médica Paramericana. 2008
Complicaciones de las Lentes de Contacto. Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005
Contactología aplicada. Raúl Martín Herranz. Ed ICM. 2005.
Contact lens practice Nathan Efron Butterworth Heinemann Elsevier, 2010.
Dry Eye. Colin Chan. Ed Springer. 2015.
González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura y lentes de contacto. Biomicroscopía ocular. Ed, ICM. Madrid. 2015.
Contactología aplicada. Raúl Martín Herranz. Ed ICM. 2005.
Contact lens practice Nathan Efron Butterworth Heinemann Elsevier, 2010.
Contact Lenses. Phillips A. and Speedwell L. Ed. Butterworths Heinnemann, 2007.
Prescripción y Adaptación de Lentes de Contacto. Milton M. Hom and Adrian S. Bruce. Elsevier Mason. 2007.
Anterior Segment Complications of Contact lens Wear. Joel A. Silbert. Churchill Livingstone Inc.NY. 1994.
www.tearfilm.org. Web de la “Tear Film and Ocular Surface”.
www.tearfilm.org/dewsreport_Spanish/index.html. Web do Taller Internacional de Ollo seco (DEWS). 2007.
www.tfosdewsreport.org/index.php?lng=es. Web do Taller Internacional de Ollo seco II (DEWS II). 2017.
http://www.tearfilm.org/mgdreportspanish/index.html. Web do Taller Internacional da Disfunción das Glándulas de Meibomio (DEWS II). 2011.
www.journals.lww.com/corneajrnl/pages/default.aspx. Web da revista Journal of Cornea
www.journals.elsevier.com/contact-lens-and-anterior-eye. Web da revista Contact Lens and Anterior Eye.
www.journals.lww.com/claojournal/Pages/default.aspx. Web da revista Eye and Contact lens.
www.optometry.co.uk. Web da revista Optometry Today
www.Contactlenses.org. Web dedicada as lentes de contacto, principalmente RGP
www.clspectrum.com. Web da revista Contact Lens Spectrum
Básicas e xenerais
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG1 Coñecer, comprender e aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría, así como a adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título.
CG3 Adquirir coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
Transversais
CT1 Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
CT4 Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
CT5 Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Específicas
CE1 Adquirir criterios específicos de actuación clínica para especializar ao estudante nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
CE5 Coñecer, comprender e aplicar conceptos de cribaje na atención primaria visual e ocular.
CE6 Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión.
CLASES EXPOSITIVAS
Están reservadas 9 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus Virtual (mecanismo asíncrono) e xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da Aula Virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
Están reservadas 8 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus virtual (mecanismo asíncrono) e xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da aula virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS
4 horas de docencia presencial de cracter clínico unicadas no Servicio de Optometría.
TITORIAS
As titorías levaranse a cabo de maneira presencial, a través da Aula Virtual, correo electrónico e/ou a través de plataformas a disposición do alumno como TEAMS; podendo ser estas de carácter individual ou grupal.
Avaliación de seminarios e contidos de práctica clínica:
- Avaliación seminarios: rendemento esforzo, progreso no aprendizaxe e rendemento durante a realización de probas obxectivas sobre a labor realizada, resolución de casos teórico ou tarefas. Cada un de estes exercicios ou tarefas de seminarios e avaliado mediante un sistema especifico detallado no mesmo. A avaliación de estas actividades ou tarefas de seminario realizase de maneira virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle, TEAMS, correo electrónico ou outras ferramentas sobra as que será informado con suficiente antelación o alumando (Edpuzzle, Simuladores, Mentimeter, Socrative, etc.). Esta avaliación representa un 40% da nota final da materia (4 puntos).
- Avaliación de contidos prácticos e participación: destreza do alumnos no manexo dos contidos prácticos que compoñen a materia, así como a súa participación na mesa. Esta avaliación realizarase principalmente de maneira presencia durante o desenvolvemento das propias sesións prácticas, tendo en contada ádemas a participación nas mesmas e nos medios telemáticas. A asistencia a practicas e obrigatoria en n 90% do total de estas. Esta avaliación representa un 20% da nota final da materia (2 puntos).
Avaliación dos coñecementos teóricos: o exame final terá lugar de maneira presencial de acordo co calendario establecido pola Xunta de Centro, mediante unha proba en formato test de respostas simple sobre a teoría impartida no temarios, os seminarios o as sesións practicas. Requírese alcanza un 70% de respostas acertada para alcanzar o aprobado. Esta avaliación representa un 40% da nota final da materia (4 puntos).
Na segunda convocatoria do curso académica, o alumno debera examinarse da/s partes que teña suspensa, conservándose a cualificacións correspondente as outras seccións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 49 distribuídas da seguinte maneira:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 h.
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 14 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Ojo seco e lentes de contacto, é especialmente recomendable que o alumno acceda aos artigos das revistas especializadas na temática para impartir. Estas están indexadas en bases de datos como PUBMED (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/)
Hugo Pena Verdeal
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- hugo.pena.verdeal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Servizo de Optometría |
21.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |