Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e avaliar as alteracións oculares e visuais máis frecuentes na poboación pediátrica.
- Aplicar os coñecementos necesarios para detectar, avaliar e tratar problemas oculares e na poboación pediátrica.
- Aplicar os protocolos de actuación e técnicas de exame máis adecuadas segundo idade e diagnóstico.
- Analizar cada caso clínico e discusión do mesmo, para levar a cabo un diagnóstico, utilizar diferentes opcións terapéuticas e realizar un prognóstico.
- Elaborar e comunicar informes para pais, titores, educadores e outros profesionais.
- Características oculares e visuais do suxeito pediátrico e o seu desenvolvemento.
- Anomalías oculares, refractivas e funcionais no suxeito pediátrico.
- Técnicas de refracción ocular no suxeito pediátrico.
- Exame da visión binocular e función oculomotoras no suxeito pediátrico
- Diagnóstico e tratamento de anomalías visuais no suxeito pediátrico.
- Contactología no suxeito pediátrico.
- Screening ou cribaxe visual pediátrico.
- Bibliografía básica
Optometría Pediátrica. A López Alimany. Ed Ulleye. 2009.
Wilson M., Saunders R. Pediatric Ophthalmology: Current Thought and a Practical Guide. Springer, 2009
Manual de Optometría (2ª edición). R Martín Herranz, G Vecilla Antolínez. Panamericana, 2018.
Taylor, D., Hoyt C. Paediatric Ophthalmology and strabismus. Saunders Ltd.; 3 ed. 2004
Grosvenor T. Optometría de atención primaria. Ed. Masson, 2004.
Benjamin WJ. Borish,s Clinical Refraction. 2ª edition. Ed. Butterworth Heinemann, 2006.
Scheiman, M. H. y Wick, B., Clinical Management of Binocular Vision: Heterophoric, Accommodative, and Eye Movement Disorders. Ed. Lippincott Williams And Wilkins. 2014.
Harvey, W, Gilmartin, B. Paediatric Optometry. Edinburgh, ButterworthHeinemann. 2004.
- Bibliografía complementaria
Scheiman, M. Optometric Management of Learning Related Vision Problems. 2nd ed Mosby 2006.
Pickwell, D., Anomalías de la visión binocular: Investigación y tratamiento. Ed. JIMS, 1996
Caloroso EE y Rouse MW. Tratamiento clínico del estrabismo. Butterworth-Heinemann, 2000.
www.aoa.uberflip.com/i/807465-cpg-pediatric-eye-and-vision-examination. Guía práctica do examen ocular e visual pediátrico da Asociación Americana de Optometría (AOA)
www.aap.org/en-us/Pages/Default.aspx. Web da Academia americana de Pediatría.
www.journals.lww.com/optvissci/pages/default.aspx. Web da revista Optometry and Vision Science.
www.onlinelibrary.wiley.com/journal/14751313. Web da revista Ophthalmic and Physiological Optics.
www.covd.org/?page=OVD. Web da revista Optometry and Vision Development.
www.sciencedirect.com/journal/optometry-journal-of-the-american-optomet…. Web da revista Optometry.
www.oepf.org/journals. Web da revista Journal of Behavioral Optometry.
Básicas e xenerais
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG1 Coñecer, comprender e aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría, así como a adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título.
CG3 Adquirir coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
Transversais
CT1 Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
CT4 Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
CT5 Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Específicas
CE1 Adquirir criterios específicos de actuación clínica para especializar ao estudante nos distintos campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
CE5 Coñecer, comprender e aplicar conceptos de cribaxe na atención primaria visual e ocular.
CE6 Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión.
Dende o inicio do curso académico estará activada a Aula Virtual da materia no Moodle do Campus Virtual, así como o equipo de MS TEAMS da clase. O alumnado terá que consultalo regularmente, así como a notificación das incidencias que poidan ocorrer con respecto a o acceso as mesmas.
ACTIVIDADE DE CONTIDO TEÓRICO:
Docencia virtual na que se poñerá a disposición dos alumnos os contidos do programa teórico, casos clínicos, e/ou exemplos xerais en diferentes formatos de presentación que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeo explicativo nunha contorna on- line.
9 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus Virtual (mecanismo asíncrono) e de xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da Aula Virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE SEMINARIOS:
O alumno debe preparar o desenvolvemento da actividade con axuda do profesor e realizar medidas e correspondente análise de datos. Tamén se inclúen probas de avaliación se as houbese.
4 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus virtual (mecanismo asíncrono) e xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da aula virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE PRÁCTICAS:
Práctica clínica consistente en cribado visual en niños/as. Realización de prácticas clínicas en módulos moi reducidos.
8 horas de docencia presencial.
TITORÍAS:
Titorías personalizadas e en grupos reducidos.
As titorías levaranse a cabo a través da Aula Virtual, correo electrónico e/ou a través de plataformas a disposición do alumno como TEAMS; podendo ser estas de carácter individual ou grupal.
- Avaliación de contidos teóricos e seminarios:
Avaliación continua combinada cun exame final.
A avaliación continua realizarase de xeito virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams, e representará un 20% da nota final (2 puntos).
O examen final terá lugar de modo presencial, dacordo ao calendario establecido por Xunta de Centro, e poderá ser mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 50% da nota final (5 puntos).
- Avaliacion de contidos prácticos
A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua, que suporá un 30% da nota (3 puntos), realizarase a través nas sesións presenciais. A asistencia a prácticas é obrigatoria nun 90% do total das mesmas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 49 distribuídas da seguinte maneira:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 14 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Optometría pediátrica, é especialmente recomendable que o alumno acceda aos artigos das revistas especializadas na temática para impartir. Estas están indexadas en bases de datos como PUBMED (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/)
Carlos Garcia Resua
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
22.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |