Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender a estrutura e a función da superficie ocular para previr as súas alteracións co porte de tipos e modalidades de uso de lentes de contacto.
- Aplicar, analizar e avaliar a superficie ocular mediante técnicas de exploración/investigación da superficie ocular para un diagnóstico diferencial.
- Detectar, valorar e resolver anomalías da superficie ocular asociadas ao porte das lentes de contacto, aplicando protocolos clínicos e instrumentais adecuados.
- A superficie ocular como entidade/bloque funcional e a súa relación coas lentes de contacto.
- Técnicas avanzadas en exploración da superficie ocular e bágoa.
- Propiedades fisicoquímicas dos biomateriales, disolucións de bágoas artificiais e de mantemento de lentes de contacto, como orixe de alteracións da superficie ocular.
- Complicacións da superficie ocular asociadas ao uso das lentes de contacto e a líquidos de limpeza, desinfección e mantemento.
- Biomarcadores e lentes de contacto.
González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura y lentes de contacto. Biomicroscopía ocular. Ed, ICM. Madrid. 2015.
Contactología aplicada. Raúl Martín Herranz. Ed ICM. 2005.
Contact lens practice Nathan Efron Butterworth Heinemann Elsevier, 2010.
Superficie ocular y lentes de contacto. JM González-Meijome, C villa Collar Ed. Fundación Salud Visual. Madrid, 2016
Contact Lenses. Phillips A. and Speedwell L. Ed. Butterworths Heinnemann, 2007.
Complicaciones de las Lentes de Contacto. Nathan Efron. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005.
Saona Santos, Carlos. Contactología Clínica 2ª ed. Barcelona; Masson, 2006.
Prescripción y Adaptación de Lentes de Contacto. Milton M. Hom and Adrian S. Bruce. Elsevier Mason. 2007.
Complicaciones de las Lentes de Contacto. Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005
Anterior Segment Complications of Contact lens Wear. Joel A. Silbert. Churchill Livingstone Inc.NY. 1994.
Anterior Eye Disease and Therapeutics A- Z. AS Bruce and MS Loughnan. Butterworth-Heinemann.2003.
www.journals.lww.com/corneajrnl/pages/default.aspx. Web da revista Journal of Cornea
www.journals.elsevier.com/contact-lens-and-anterior-eye. Web da revista Contact Lens and Anterior Eye.
www.journals.lww.com/claojournal/Pages/default.aspx. Web da revista Eye and Contact lens.
www.optometry.co.uk. Web da revista Optometry Today
www.Contactlenses.org. Web dedicada as lentes de contacto, principalmente RGP
www.clspectrum.com. Web da revista Contact Lens Spectrum
Básicas e xenerais
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG1 Coñecer, comprender e aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría, así como a adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título.
CG3 Adquirir coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
CG4 Integrar coñecementos e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
CG5 Transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
Transversais
CT1 Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
CT4 Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
CT5 Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Específicas
CE1 Adquirir criterios específicos de actuación clínica para especializar ao estudante nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
CE5 Coñecer, comprender e aplicar conceptos de cribaje na atención primaria visual e ocular.
CE6 Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión
Desde o inicio do curso académico estará activada a Aula Virtual da materia no Moodle do Campus Virtual, así como un Equipo de MS TEAMS. E obriga do alumnado a súa consulta regular así como a notificación das incidencias que poidan ocorrer con respecto a o acceso as mesmas.
ACTIVIDADE DE CONTIDO TEÓRICO:
Docencia virtual na que se poñerá a disposición dos alumnos os contidos do programa teórico, casos clínicos, e/ou exemplos xerais en diferentes formatos de presentación que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeo explicativo nunha contorna on- line.
9 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus Virtual (mecanismo asíncrono) e xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da Aula Virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE SEMINARIOS:
O alumno debe preparar o desenvolvemento da actividade con axuda do profesor e realizar medidas e correspondente análise de datos. Tamén se inclúen probas de avaliación se as houbese.
4 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus virtual (mecanismo asíncrono) e xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da aula virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE PRÁCTICAS:
Práctica clínica. Inclúese aquí a realización de prácticas clínicas en módulos moi reducidos.
8 horas de docencia presencial e telemática.
TITORÍAS:
Titorías personalizadas e en grupos reducidos.
As titorías levaranse a cabo a través da Aula Virtual, correo electrónico e/ou a través de plataformas a disposición do alumno como TEAMS; podendo ser estas de carácter individual ou grupal.
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios: Avaliación continua combinada cun exame final.
A avaliación continua realizarase de xeito virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams, e representará un 20% da nota final (2 puntos).
O examen final terá lugar de modo presencial, dacordo ao calendario establecido por Xunta de Centro, e poderá ser mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 50% da nota final (5 puntos).
- Avaliacion de contidos Prácticos
A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua, que suporá un 30% da nota (3 puntos), realizarase a través nas sesións presenciais e/ou en remoto utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams. A asistencia a prácticas é obrigatoria nun 90% do total das mesmas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
As horas totais de traballo persoal do alumno son 49 distribuídas da seguinte maneira:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 14 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Superficie Ocular e lentes de contacto, é especialmente recomendable que o alumno acceda aos artigos das revistas especializadas na temática para impartir. Estas están indexadas en bases de datos como PUBMED (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/)
Eva Punín Dorrio
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- eva.punin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Dolores Purificación Ferreiro Figueiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- dolores.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Silvia García Montero
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- silvia.garcia.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Garcia Resua
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rosa Calo Santiago
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- rosa.calo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Servizo de Optometría |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Servizo de Optometría |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
10.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |