Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Afondar no estudo de textos clásicos do pensamento pedagóxico e analizar as relacións entre educación, democracia e cidadanía
- Entender e contextualizar o concepto de cidadanía europea, e nas súas diferentes demarcacións.
- Trazar vínculos entre a historia da cidadanía e o desenvolvemento actual da participación cívica.
- Comprender a orixe dos dereitos humanos e contextualizar a súa implementación no marco da sustentabilidade.
- Promover a investigación socio-histórica como vía para a comprensión de feitos actuais.
1. O nacemento do concepto de cidadanía
- Atenas e Esparta: dúas perspectivas na concepción da cidadanía
- A cidadanía romana. Caída do imperio e os pobos bárbaros
- A Idade Media e o culto divino. Renacemento e creación da burguesía
2. A educación cívica e o movemento da Ilustración.
- A Ilustración Europea
- A Ilustración en España
- Antecedentes e consecuencias da Ilustración
3. Educación, democracia e cidadanía nos séculos XIX e XX
- A Escola Nova
- A Educación Socialista
- O Neoliberalismo
4. A cidadanía no Século XXI. Análise desde a pedagoxía crítica
- Revolucións e cidadanía. Novas vías de participación.
- Política e desenvolvemento da sociedade civil
- O papel da pedagoxía na consecución da cidadanía.
Bibliografía básica
Aristóteles (2005). Política. Tecnos.
Barreiro, H.; Peña, V. (Coords.) (1993). Historia da Educación. Textos Comentados. USC.
Costa, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX): permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo.
Edicións Xerais
Rousseau, J.J. (1990). Emilio. EDAF.
Bibliografía complementaria
Barreiro, H. (1982). "Notas sobre el comentario de textos en Historia de la Educación. (Una aproximación didáctica)". Perspectivas Pedagógicas, 50 (pp.
309-320).
Barreiro, H. (1987). "La educación como cuestión de estado: de Platón a la Ilustración francesa". Historia de la Educación, 6 (xaneiro-decembro), (pp.
161-169).
Barreiro, H. (1996). Educación e construcción nacional en Rousseau: Arredor do "Emilio" e das "Consideracións sobre o goberno de Polonia". Trabe de
Ouro, 25 (pp. 27-36).
Dewey, J. (1978). Democracia y educación. Editorial Losada.
Dolle, J.-M. (1973). Politique et pedágogie: Diderot et les problems de l´education. Librairie Philosophique.
Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Editorial Losada.
Luzuriaga, L. (1968). Antología Pedagógica. Editorial Losada.
Marx, K.; Engels, F. (1978). Textos sobre educación y enseñanza. Editorial Alberto Corazón.
V.V.A.A. (1994). Historia de la educación en España y América. La educación en la España contemporánea (1789-1985). Editorial Fundación Santa María.
Platón (1991). La República. Universitat de Valéncia.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mujeres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer»
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
Desde unha base expositiva centrada na presentación e explicación dos eixos temáticos, a metodoloxía derivará nun plan de acción participativo e cooperativo, con prácticas de aula ou seminarios relacionados cos distintos temas. As intervencións e debates artellaranse no marco das sesións interactivas programadas.
Asemade, farase uso do Campus Virtual para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, e tamén para aloxar documentación.
Tamén se plantexarán saídas de campo ou visitas a centros de especial interese en relación ao contido da materia, tales como Concellos, Centros de ensino, Asociacións, Centros Cívicos, Museos, Institución ... Ditas saídas computaran no marco das sesións interactivas da materia, e serán organizadas en función da desenvolvemento do cuadrimestre.
O Consello de Goberno da USC de 25/03/2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis… ). Cómpre lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
É claro que o proceso de avaliación debe ser continuo. Debe abranguer tamén tódalas dimensións que se implican nun proceso de aprendizaxe dirixido ao fornecemento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios. Concretamente, teranse en conta os seguintes aspectos:
EVALUACION POR MÓDULO
a) Traballo de módulo (70%)
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse a esta modalidade de avaliación, que na materia contempla a realización da seguinte tarefa: “Identificación e análise de boas prácticas ( BBPP)”. Que consistirá na análise dunha boa práctica de desenvolvemento comunitario, de xestión da diversidade cultural, de iniciativa cultural ou social, de plan comunitario ou de sustentabilidade socio-ambiental integrada no marco das dinámicas de transformación e mellora da comunidade local. Poden tratarse de accións promovidas pola comunidade local, os concellos ou organizacións cívicas e do
terceiro sector. A/ o coordinadora/ or de módulo especificará as directrices de realización do traballo, que tamén estarán publicadas na aula virtual da Coordinación do Máster.
b) Traballos propios da materia (30%)
Implicará a realización das seguintes tarefas:
1.Elaboración dunha memoria de prácticas de aula, onde se recollan os exercicios propostos polo docente nas diferentes sesións, as cales serán complementadas con reflexións e valoracións sobre os temas tratados = 20 %
2.Creación dunha proposta pedagóxica para o fomento da Sociedade Civil = 10%
3. Non se contemplará a asistencia como puntuación específica dado o acordo do Consello de Goberno da USC de 25/03/2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis… ). Fai falta
lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatorias/é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
AVALIACIÓN POR MATERIA ESPECÍFICA
No caso de que o alumno, por calquera razón xustificada (matriculados a tempo parcial, repetidores, alumnos con dispensa de asistencia…), non se adscriba ao modelo de avaliación por módulo, será cualificado en función do manexo e coñecemento dos contidos propios de cada materia e a realización de prácticas e tarefas específicas. A cualificación será outorgada en base ás seguintes actividades:
a) Exame (70%).
Que consistirá nunha proba teórica escrita que abordará os contidos impartidos na materia.
b) Realización de traballos de aula (30%)
Que replicará, de forma adaptada, as actividades e tarefas indicadas para cubrir o 30% do traballo de módulo.
IMPORTANTE: Para poder superar a materia é imprescindible entregar todas as tarefas sinaladas en tempo e forma. O presente programa será válido, a todos os efectos, para o alumnado coa materia pendente. Considerando a Instrucción 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención/dispensa de docencia, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, agás no que atinxe á realización do cartafol, que será substituído pola realización dun traballo
monográfico, acordado co profesorado da materia nas tres primeiras semanas despois do comezo das clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas Presenciais:
Exposición = 25 %
Desenvolvemento de Prácticas = 25%
Traballo en Equipo = 20%
Busca e análise de información: 15 %
Elaboración de documentación = 15 %
Porcentaxes:
- Traballo de Módulo = 70%
- Memoria de Prácticas = 20%
- Traballo Final = 10%
*Non se poderá ter a materia superada sen ter entregado todas as actividades requiridas no programa.
A primeira atinxe á recomendable asistencia ás clases, a fin de garantir a mellor xestión posible da aprendizaxe e da implicación nas tarefas presentes neste programa, e mesmo as que se acorden en función de necesidades e preferencias. A segunda ten que ver coa lectura dalgún libro clásico no ámbito da historia da cidadanía europea. E a terceira non pode esquecer a importancia de cumprir os prazos que se establezan nas actividades individuais e grupais.
A asistencia a clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
1. Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
2. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
3. Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
4. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
5. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Alejandro Sotelino Losada
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
06.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |