Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Comprender a calidade na formación desde unha perspectiva aberta, crítica e compartida.
2. Coñecer e analizar os diferentes modelos de calidade.
3. Analizar a aplicación de modelos de calidade (PISA, avaliación diagnóstica, EFQM, ente outros) a institucións educativas.
4. Coñecer as técnicas e instrumentos de recollida de información.
5. Comprender as ferramentas básicas de avaliación de procesos de calidade.
6. Analizar o sistema de xestión da calidade de institucións formativas específicas: universidades, centros educativos, empresas de formación, etc.
7. Relacionar os procesos de innovación nas institucións educativas cos sistemas de calidade das mesmas.
8. Deseñar un plan de avaliación da calidade dunha institución de formación e a implantación de medidas de mellora.
BLOQUE 1: A CALIDADE NA FORMACIÓN
1.1. Concepto de calidade desde diferentes enfoques e/ou modelos.
1.2. A calidade na formación: importancia e necesidade.
1.3. Evolución e tendencias actuais na conceptualización da calidade nas institucións formativas.
1.4. Calidade e procesos de cambio.
BLOQUE 2: A XESTIÓN DA CALIDADE NOS PROCESOS FORMATIVOS
2.1. Modelos e enfoques de xestión da calidade.
2.2. Elementos principais dos modelos de xestión da calidade: filosofía, estrutura organizativa, procedementos metodolóxicos, procesos, axentes, recursos e informes.
2.3. Principais sistemas de xestión da calidade.
2.4. Exemplos de modelos de xestión da calidade específicos para o ámbito da educación e a formación.
BLOQUE 3: INNOVACIÓN, CALIDADE E ACREDITACIÓN
3.1. Innovación e calidade. A influencia entre os dous procesos.
3.2. Introdución da innovación e a mellora nos procesos formativos.
3.3. Procesos de avaliación interna e externa.
3.4. Sistemas e criterios de acreditación da calidade en contextos formativos e educativos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Álvarez-López, G. & Matarranz, M. (2020). Calidad y evaluación como tendencias globales en política educativa: estudio comparado de agencias nacionales de evaluación en educación obligatoria en Europa. Revista Complutense de Educación, 31(1), 83-93. http://dx.doi.org/10.5209/rced.61865
ECA (2013). Learning Outcomes in Quality Assurance and Accreditation. Principles, recommendations and practice. European Consortium for Accreditation in higher education.
Grupo SI(e)TE Educación (2021). La calidad en educación. Horsori.
Trujillo, F., Segura, A. & González, A. (2020). Claves de la innovación educativa en España desde la perspectiva de los centros innovadores: una investigación cualitativa. Participación Educativa. Revista del Consejo Escolar del Estado, 7(10), 49-58.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bargay, M. & Alfageme-González, M. B. (2021). Inicio del proceso de calidad en un centro público de Educación Secundaria. REIF, 5, 55-73.
Cajide, J. (2003). Calidade educativa e avaliación. Revista Galega do Ensino, 39, 57-79.
Cancela. A., Sánchez, A., Gandón, R., & Rey, M. J. (2010). La Gestión de Calidad ante la Actual Dimensión Universitaria en España. Formación Universitaria, 3(2), 29-36. doi: 10.4067/S0718-50062010000200005
Cantón-Mayo, I., García-Martín, S., Cañón-Rodríguez, R. & Grande-de-Prado, M. (2021). Calidad y Liderazgo Sostenible. International Journal of Educatinal Leadership and Management, 9(1), 76-91. http://dx.doi.org/10.17583/ijelm.2021.5361
Díaz, J. A. (2013). Calidad Educativa: Un análisis sobre la acomodación de los sistemas de gestión de la calidad empresarial a la valoración en educación. Tendencias Pedagógicas, 21, 177-194.
European Association for Quality Assurance in Higher Education (ENQA) (2005). Standards and Guidelines for Quality Assurance in the European Higher Education Area. ENQA.
Fernández, Mª J. (2005). La innovación como factor de calidad en las organizaciones educativas. Educación XX1, 8, 67-86.
International Network for Quality Assurance Agencies in Higher Education (INQAAHE) (2005). Guidelines of Good Practice. INQAAHE Secretariat.
Matarranz, M. (2021). El Espacio Europeo de Educación Superior y su sello de calidad. Revista española de Educación Comparada, 37, 153-173. DOI: 10.5944/reec.37.2021.27728
Rodríguez, M. R. & Ordóñez, R. (2012). Modelo de gestión de la calidad en las prácticas de Pedagogía. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 16(3), 357-372. http://www.ugr.es/local/recfpro/rev163COL8.pdf
Villar, L. M. (Dir.) (2004). Capacidades docentes para una gestión de calidad en Educación Secundaria. McGraw-Hill.
Páxinas web de interese:
Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) - http://www.aneca.es/
Axencia de Calidade (ACSUG) - http://www.acsug.es/es
European Network for Quality Assurance in Higher Education (ENQA) - www.enqa.net
European Consortium for Accreditation (ECA) - www.ecaconsortium.net
International Network for Quality Assurance Agencies in Higher Education (INQAAHE) -https://www.inqaahe.org/
Entre as competencias do Título que se desenvolven con esta materia destacan, especialmente, as seguintes:
Competencias Xerais:
CX2 - Plantexar e resolver problemas extraídos da práctica, chegano a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo).
CX3 - Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
CX4 - Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
CX5 - Actuar con soltura non uso e aplicación de metoloxías didácticas.
CX7 - Ter iniciativa na intervención en contextos complexos e resolver situacións educativas que afectan a estudiantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
CX8 - Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
CX9 - Guiarse polo desexo de coñecer e aprender das situacións e as persoas.
CX10 - Saber situarse asimilando rapidamente conceptos, ideas e experiencias dándolle un carácter persoal ao aprendido, o que supón curiosidade por saber sobre temas novos e utilizar estratexias para ampliar o coñecemento.
CX11 - Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
CX12 - Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
Competencias Básicas:
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Competencias Específicas:
CE2 - Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
CE3 - Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
CE4 - Identificar aspectos específicos das probelmáticas e tendencias educativas actuales.
CE5 - Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
CE6 - Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
CE8 - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
CE9 - Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
CE10 - Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
CE11 - Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade.
CE14 - Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características dos suxeitos e colectivos en relación aos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como os seus comportamentos, necesidades, cualidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que resulta da devandita detección.
CE15 - Detectar e avaliar os diferntes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
Ademais, como como resultados de aprendizaxe da materia establécense os seguintes:
-Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade a partir dos plans de avaliación desenvolvidos nas institucións e/ou organizacións educativas e formativas.
-Elaborar o manual de calidade (normas, procesos, procedementos), organizar, traballo en grupo para a elaboración e aplicación de plans de mellora e de pautas para o seguimento e revisión das melloras acordadas.
-Analizar os estándares de calidade, guías e modelos de autoavaliación.
-Rexistrar a realización de plans de formación, segundo especificacións de modelos de xestión da calidade.
-Especificar nun proxecto de calidade as normas, procesos e procedementos.
-Ser capaz de analizar os estándares de calidade, guías e modelos de autoavaliación.
-Ser capaz de rexistrar a realización de plans de formación, segundo especificacións de modelos de xestión da calidade.
-Acadar a calidade a través dunha interrelación adecuada entre planificación, aplicación, avaliación e revisión da formación.
-Presentar e comunicar os resultados dun proceso de avaliación da calidade.
-Usar a acreditación e ver a súa utilización e aplicación.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe orientarase a desenvolver no alumnado un conxunto de coñecementos e competencias útiles para o deseño e desenvolvemento dun proxecto sobre calidade no ámbito formativo e dotalo de autonomía para levalo a cabo, e para a autoaprendizaxe.
Combinaranse a presentación dos principais contidos por parte do profesor co traballo individual e en grupo das alumnas e dos alumnos e realizaranse actividades como:
- Busca, lectura e síntese de información.
- Debates e análise crítica de traballos de avaliación da calidade.
- Exercicios prácticos.
- Elaboración e presentación dun traballo final.
O 40% da materia impartirase de modo virtual (en modalidade síncrona ou asíncrona) a través da realización de foros, manexo de ferramentas dixitais, etc.
No desenvolvemento da materia empregarase o Campus Virtual da USC como contorna de apoio síncrono e/ou asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, cumprindo a aula virtual as seguintes funcións:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, esquemas de temas das clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración de actividades prácticas e aqueloutros necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal:mensaxería e foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.) a través da activación de tarefas da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
Se non houbese un número mínimo de estudantes matriculados, a metodoloxía modificarase en función das características do grupo.
A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
1. Asistencia: é imprescindible asistir, como mínimo, a un 80% da actividade presencial.
2. Participación nas actividades de aula presenciais e virtuais e a realización das actividades prácticas previstas suporá un 50% da cualificación.
3. Elaboración e presentación dun traballo final da materia que suporá o 50% restante da cualificación. A elaboración terá un peso máximo do 40% e a presentación do 10%.
Para aprobar a materia o alumnado debe superar cada unha das tarefas na porcentaxe correspondente. Os criterios de avaliación son idénticos para a 1ª e a 2ª oportunidade, adaptándose nesta última o calendario de entrega das tarefas e traballo.
As competencias serán recoñecidas a través de:
1. Unha avaliación continua: seguimento do traballo realizado polo alumnado nos diversos ámbitos: a participación activa e achegas nas sesións presenciais e virtuais, seminarios, realización de exercicios e tarefas. Este aspecto converterase na ferramenta por excelencia para a aprendizaxe autónoma.
2. Unha avaliación final: realización e presentacion dun traballo individual ou en pequeno grupo (2 persoas) que esixirá do alumnado competencias de comprensión, análise, síntese e avaliación.
No caso de que unha alumna ou un alumno teña concedida dispensa da asistencia a clase, de acordo coa Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral (http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html) substituirase a valoración das actividades de aula presenciais pola valoración doutras similares. Os demais aspectos terá que realizalos coas condicións que se contemplan neste programa. Unha vez concedida a dispensa de asistencia a clase, o/a estudante deberá comunicar a situación de dispensa nos 10 días seguintes á concesión e o profesor terá que convocalo/a a unha titoría para planificar o desenvolvemento e seguimento da materia nos 10 días seguintes. Nesta planificación informarase do sistema de avaliación (Apdo. 2 da Instrución 1/2017).
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente oportunidade. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen de forma coordinada.
Actividades presenciais: 24 horas.
-Clases expositivas: 9 horas.
-Clases interactivas: 12 horas.
-Titorías: 3 horas.
Traballo persoal do estudante: 51 horas repartidas en:
-Estudo: 11 horas.
-Valoración crítica de traballos de investigación: 10 horas.
-Análise de informacións: 10 horas.
-Lecturas recomendadas: 10 horas.
-Preparación do traballo final da materia: 10 horas.
Tempo estimado total:75 horas.
-Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
-Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesor da materia.
-Realización e participación activa nas actividades prácticas.
-Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
COMUNICACIÓN CO DOCENTE
Despacho Nº 62; 2º andar (módulo C2)
Tfno.: 881813819
e-mail: jpablo.franco [at] usc.es (jpablo[dot]franco[at]usc[dot]es)
Para contacto co profesor por correo electrónico será imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
Horario de titorías: exposto no despacho, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Datas de exames: ver calendario oficial.
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Microsoft Office 365) e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
Non se podrá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos)
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia se terán en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
No caso de que os traballos se soliciten impresos cómpre ter en conta o seguinte:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto na docencia como nos traballos académicos encomendados (memorias, proxectos...) Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Pablo Franco Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813835
- Correo electrónico
- jpablo.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
26.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
01.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |