Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Analizar o papel, tarefas e competencias profesionais do formador/a e coñecer diferentes modalidades de formación de formadores/as.
2. Coñecer e valorar proxectos de formación de formadores/as e profesionais de axuda
3. Saber delimitar as características e pautas básicas para a aplicación do modelo sistémico á formación de formadores/as e profesionais de axuda.
1. As profesións de axuda. Políticas e prácticas de formación e profesionalización.
2. Perfil profesional dos/as formadores/as e os profesionais de axuda.
2.1. Procesos formativos de construción da identidade profesional e de desenvolvemento de competencias.
2.2. Programas e comportamentos de desenvolvemento profesional dos formadores/as. Boas prácticas de formación.
3. A formación desde o modelo sistémico.
3.1. Principios, pautas e procesos
3.2. A formación teórica.
Bibliografía Básica:
Álvarez Núñez, Q. (2017). Pedagogía Sistémica e Interculturalidad: claves para construir un aula inclusiva. Revista Lusófona de Educaçao, 37, 165 - 179
Del Pozo, P. (2009). Formación de Formadores (2 ª ed). Pirámide
Real Decreto 1697/2011, de 18 de novembro, polo que se establecen cinco certificados de profesionalidade da familia profesional Servicios socioculturais e a comunidade que se inclúen no Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade. Boletín Oficial del Estado, 309, de 24 de decembro de 2011, 141437-141469. https://www.boe.es/boe/dias/2011/12/24/pdfs/BOE-A-2011- 20102.pdf.
Valcarce, M. (2016). O/A formador/a, unha ocupación de axuda, determinante na vulnerabilidade laboral. En M. Valcarce y A. F. Rial (edit.), Vulnerabilidade, Formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia- Norte de Portugal (pp. 289-313). Servizo de Publicación e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
Bibliografía complementaria:
Álvarez Núñez, Q. (2012). La teoría de sistemas y las organizaciones educativas: el camino del orden. En Ll. Ballester y A. J. Colom (eds.) Intervención sistémica en familias y organizaciones socioeducativas (pp. 159-204). Octaedro.
Álvarez Núñez, Q. (2013). La pedagogía sistémica: una educación basada en el equilibrio, el orden y la vinculación. RELADEI Revista Latianoamericana de Educación Infantil, 2(3), 71-98.
Corcino-Barrueta, F. E., Chamoli-Falcon, A. W., Otalora-Martinez, C. R., e Melgarejo-Figueroa, M. D. P. (2021). El modelo sistémico de aprendizaje y enseñanza, como apoyo en la inserción laboral. Investigación Valdizana, 15(1), 31–40.
De la Peña Consuegra, G. e Velázquez Ávila, R. M. (2018). Algunas reflexiones sobre la teoría general de sistemas y el enfoque sistémico en las investigaciones científicas. Revista Cubana de Educación Superior, 37(2), 31-44.
Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Wolters Kluwer.
Irarreta, A. (2008). Formación de formadores después de Bolonia. Díaz de Santos.
Jover, G. e Ruiz, M. (2013). El código deontológico de la profesión docente: evolución y posibilidades. Edetania, 43, 114-131.
Morgado, I. (2007). Emociones e inteligencia social. Las claves para una alianza entre los sentimientos y la razón. Ariel.
Navío, A. (2007): El resultado de los programas de formación de formadores: Análisis comparativo de dos realidades institucionales. Revista de Curriculum y Formación del Profesorado, 11(2), 2 - 2 3
Parellada, C. e Traveset, M. (2016). Las redes sutiles de la educación. Las ideas claves de la Pedagogía sistémica multidimensional. Octaedro.
Parra Dussan, C. (2010). Educación inclusiva: Un modelo de educación para todos. Isees, 8, 73-84. https:/ dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3777544.pdf
Ros-Garrido, A., Navas-Saurin, A e Marhuenda Fluixá, F. (2017). Teorías implícitas del profesorado de formación profesional para el empleo. Estudios pedagógicos, 43(1), 269-288. DOI: http:/ dx.doi.org/10.4067/S0718-07052017000100016T.
Sicora, A. (2012). Práctica reflexiva y profesiones de ayuda. Cuadernos de trabajo social, 19, 45-58. https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/26719/1/Alternativas_19_03.pdf
Tejada, J. (2002). La formación de formadores: Apuntes para una propuesta de plan de formación. Revista Educar. 30, 91-118.
Tejada. J. (Coord.) (2007). Formación de formadores. Thomson.
Traveset, M. (2007). La pedagogía sistémica. Fundamentos y práctica. Graó. Traveset, M. (2016). Pensar con el corazón, sentir con la mente. Recursos didácticos de educación emocional sistémica multidimensional. Octaedro UIDV (07/03/2015). Principios básicos de la pedagogía sistémica. https:/ bit.ly/3eQIxb0
Vaillant, D. e Marcelo, C. (2001). Las tareas del formador. Aljibe
Valcarce, M. (noviembre, 2002). Técnicas e instrumentos para a verificación dos aprendizaxes adquiridos polos profesionais docentes de FPO e continua, nos cursos de Formación Docente. Actas del IV Congreso Internacional de Norte de Portugal e de Galicia de Formación para o Traballo (2003), 525-537
Valcarce, M. e Rial, A. (noviembre, 2001). A formación pedagóxica dos/as profesionais docentes da formación profesional ocupacional en Galicia. Actas del III Encontro Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo (2002), 137-150
Vázquez, V. e Escámez, J. (2010). La profesión docente y la ética del cuidado. Revista Electrónica de Investigación Educativa, [Número Especial]. 1-19. http:/ redie.uabc.mx/contenido/NumEsp2/contenidoverdera.html
Zamanillo, T. (2012). Las relaciones de poder en las profesiones de ayuda. Revista internacional de trabajo social, 1, 15-170.
Competencias xenéricas:
CG3 - Adoitar actitudes favorables á participación e implicación nos procesos formativos e á colaboración como pauta das relacións profesionais.
CG4 - Organizar e xestionar o uso e o funcionamento dos recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
CG5 - Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
CG7 - Ter iniciativa na intervención en contextos complexos e resolver situacións educativas que afecten a alumnos con diferentes capacidades e diferentes ritmos de aprendizaxe.
CG8 - Adaptarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, comprender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o requira.
CG9 - Guiarse polo desexo de coñecer e aprender de situacións e persoas
CG10 - Saber posicionarse asimilando con rapidez conceptos, ideas e experiencias, dándolle carácter persoal ao aprendido, o que implica curiosidade por coñecer novos temas e utilizar estratexias para ampliar coñecementos.
CG11 - Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos baseados en valores democráticos
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas do Máster:
CE4 - Identificar aspectos específicos dos problemas e tendencias educativas actuais.
CE6 - Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para mellorar a formación.
CE7 - Participar colaborativamente no desenvolvemento do coñecemento científico, utilizando a linguaxe científica formal e promovendo a transferencia dos resultados da investigación educativa á práctica profesional.
CE8 - Deseñar e implantar procesos formativos de calidade que respondan ás necesidades do exercicio profesional e dos nichos formativos emerxentes
CE9 - Implicarse, asesorar, organizar e dirixir os plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a realización de accións formativas organizadas por prioridades, así como a súa avaliación e seguimento.
CE10 - Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
CE12 - Axudar a outros profesionais no desenvolvemento de programas formativos utilizando como apoio os medios de comunicación e as redes de información e comunicación
CE14 - Desenvolver e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características dos suxeitos e dos grupos en relación cos seus coñecementos, habilidades, valores, actitudes así como os seus comportamentos, necesidades, calidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que resulte da devandita actuación.
CE15 - Detectar e valorar os diferentes factores persoais, interpersoais ou sociais que afectan a determinadas situacións e que xeran ou manteñen situacións de exclusión.
Competencias específicas da materia:
1. Coñecemento da teoría e as accións do desenvolvemento persoal e profesional.
2. Actitude positiva cara ao proceso ocupacional de axentes formativos e de axuda.
3. Habilidade para deseñar accións formativas para profesionais de formación e de apoio.
4. Capacidade para identificar variables de avaliación de programas de desenvolvemento profesional de formadores/as e orientadores/as.
As sesións presenciais e en liña expositivas centraranse no coñecemento dos fundamentos teóricos e normativos que dan sentido á formación de formadores, así como na análise de documentos, estudos de caso, investigacións e experiencias neste campo.
As sesións presenciais e en liña interactivas realizaranse a través de métodos participativos e de traballo colaborativo: foros, chat, videoconferencias, estudo de casos, xogo de roles, movementos sistémicos, etc., que permitirán desenvolver un maior e máis diverso número de competencias.
s titorías de apoio ás actividades presenciais e en liña, facilitarán unha aprendizaxe máis personalizado ás necesidades e circunstancias concretas de cada estudante.
Relación coas competencias que debe lograr o alumnado:
A primeira competencia: Coñecemento da teoría e accións do desenvolvemento persoal e profesional, adquírese por medio das actividades docentes (exposición, demostración, explicación…)
A competencia segunda: Desenvolvemento dunha actitude positiva cara o proceso ocupacional de axentes formativos e de axuda, lograse mediante actividades do alumnado, de observación e traballo colaborativo.
A terceira competencia: Habilidade para deseñar accións formativas para profesionais de formación e axuda, adquírese a través do traballo persoal e grupal do alumnado, titorizados polo/a docente.
A competencia cuarta: Capacidade para identificar variables de avaliación de programas de desenvolvemento profesional de formadores e orientadores, lograse mediante accións persoais e en equipo dos/as estudantes, asesorados polo/a docente.
As titorías de apoio ás actividades presenciais e en liña, facilitarán unha aprendizaxe máis personalizada.
* Se non houbese un número mínimo de alumnos/as matriculados na materia, a metodoloxía modificarase en función das características e o tamaño do grupo.
1. Unha avaliación continua cun seguimento do traballo desenvolvido polos/as estudantes nas diversas modalidades de clases expositivas e interactivas, con atención ao grao de participación e calidade das achegas nas diferentes sesións presenciais e a distancia (50%).
2. A realización de dous traballos finais, en grupo, relativos á formación dos /as formadores/as (50%).
De acordo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, aquel alumnado con dispensa presencial de docencia en todas as sesións, contará coa mesma ou outra alternativa de traballo que lle permita ter as mesmas probabilidades e criterios de avaliación, aínda que con diferentes instrumentos e metodoloxía de traballo.
Terase en conta a temporalidade da ausencia.
Todos/as os/as estudantes, que se atopen nalgunha das situacións anteriores, deberán solicitar unha titoría ou videotitoría nos primeiros dez días de inicio da materia, para concretar o que afecte a súa avaliación personalizada.
Polo que respecta á avaliación da segunda oportunidade, especificarase o procedemento no inicio da materia de xeito escrito.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais: 28 (12 expositivas, 16 interactivas e 6 horas de titoría).
Horas a distancia: 14 (6 expositivas, 8 interactivas).
- Documentación e estudo: 30 horas
- Lecturas recomendadas: 20 horas
- Elaboración informe final: 52 horas
Asistencia e participación activa nas sesións presenciais expositivas e interactivas.
Participación nas sesións virtuais (visitando frecuentemente a aula virtual) e nas titorías, o que permitirá unha integración idónea das diferentes modalidades de traballo e formas de agrupamento, seguindo unha secuencia coherente de aprendizaxe.
Resulta crucial manterse ao día nas actividades que se propoñan para participar nas sesións presenciais que, habitualmente, requirirán un tempo de traballo previo individual ou en grupo (usando tamén os medios tecnolóxicos), de forma que se aproveiten o mellor posible as horas presenciais de que dispón a materia. A ausencia de preparación previa de determinados documentos, ou de realización de actividades de forma autónoma no tempo de traballo non presencial, pode supor a imposibilidade de participar nas sesións presenciais de maneira adecuada.
RECOMENDACIÓNS PREVIAS
Recomendase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se…
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Debido ás características das materias que compoñen o Módulo de Investigación, NON SE CONTEMPLA A POSIBILIDADE DE ESTUDIANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Recoméndase consultar a Guía Práctica do estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina:
Microsoft Word - Guia práctica do estudantado.doc (usc.gal)
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://bibliotecascampusavila.usal.es/wp-content/uploads/sites/45/2020…
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
Microsoft Word - linguaxe_non_sexista_USC _26-maio_-1.doc (assets.usc.gal)
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia e,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións, cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI. OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Silvia Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |