Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Innovación e Creatividade é unha materia optativa de 3 ECTS que forma parte, xunto con Calidade: modelos, enfoques e técnicas do Módulo de Innovación e Calidade e impártese no 2º cuadrimestre do curso.
Os seus obxectivos inscríbense de forma predominante nos seguintes obxectivos do Máster Universitario en Procesos de Formación:
(4º) Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (investigación e innovación educativa).
(5º) Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
(6º) Mellorar/completar as competencias transversais dos/as profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos/as especialistas da educación nos seus contextos laborais.
De maneira específica preténdese:
1- Desenvolver a sensibilidade cara ao coñecemento, identificación e práctica de iniciativas innovadoras e creativas.
2- Desenvolver competencias relativas á incardinación da actividade innovadora e creativa en contextos formais e non formais de ensino.
3- Proxectar a intervención innovadora no desenvolvemento de valores e da comunicación verbal.
4- Aplicar as técnicas de creatividade ao deseño e desenvolvemento de procesos formativos on-line e presenciais.
5- Relacionar os procesos de innovación nas instituciones educativas con os sistemas de calidade das mesmas
BLOQUE 1. Conceptualización e tendencias
1.1. Concepto e modelos de innovación e creatividade. Innovación disrutiva e sostible.
1.2. Tendencias en innovación educativa.
1.2. Innovación e calidade. A Influenza de dous procesos
BLOQUE 2. A innovación e a creatividade nos procesos formativos
2.1. Innovación e tecnoloxía educativa para a formación.
2.2. A creatividade nos procesos de formación.
2.3. Principais metodoloxías creativas.
2.4 Avaliación da creatividade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Asprella, G. (2019) Profesorado universitario y procesos de formación: ¿Cómo se llega a la innovación? Tensiones institucionales y perfiles docentes En Carles Lindín, Marta B. Esteban, Juliana C. F. Bergmann, Núria Castells, Pablo Rivera-Vargas. En I CONFERÈNCIA INTERNACIONAL DE RECERCA EN EDUCACIÓ 2019: Reptes, tendències i compromisos4 i 5 de novembre de 2019 Universitat de Barcelona.
- del Río-Fernández, J. L. (2023). A vueltas con la llamada innovación educativa. Algunas reflexiones para suscitar el debate. Márgenes, Revista de Educación de la Universidad de Málaga, 4(1), 7-19. https://doi.org/10.24310/mgnmar. v4i1.15923 DOI: https://doi.org/10.24310/mgnmar.v4i1.15923
- Fernández Regueira, U. (2018). El Espacio Europeo de Educación Superior ¿Una oportunidad para cambiar la enseñanza? Estudio de la Percepción del profesorado universitario gallego. Trabajo Fin de Máster US https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/27269
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
- Aguilar, M. J. (coord.) (2012). Creatividad, descubrimiento y futuro. I Congreso Nacional de Investigación en Grado. INVESGRADO 2012. Albacete.
- Burone, I. (2017). Tras los pasos de Sugata Mitra: una experiencia innovadora en un centro educativo. Topos. Para un debate de lo educativo, (9), 21- 31. 16. http://repositorio.cfe.edu.uy/bitstream/handle/123456789/822/Burone%2cI…
- Canelo, J., Junyent, M., & Bonil, J. (2015). Innovación y creatividad para favorecer un pensamiento sistémico-crítico: ideas de alto nivel en la formación inicial de maestros. Foro de Educación, 13(19), 125-140. doi: http://dx.doi.org/10.14516/fde.2015.013.019.006.
- García-Peñalvo, F. J. (2015). Mapa de tendencias en Innovación Educativa. Education in the Knowledge Society (EKS), 16(4), 6-23. doi: http://dx.doi.org/10.14201/eks2015164623
- Gil Quintana, J. (Coordinador) (2023) Píldoras de Innovación Educativa en contextos universitarios. Una perspectiva desde la Investigación-Acción. Octaedro.
- López, J. (2010). Sostenibilidad de la innovación en los centros escolares: sus bases institucionales. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 14(1), 10-28. http://www.ugr.es/~recfpro/rev141ART1.pdf
- Macanchí, M. L., Orozco, B. M., Campoverde, M. A. (2020). Innovación educativa, pedagógica y didáctica. Concepciones para la práctica en la educación superior. Universidad y Sociedad, 12(1), 396-403. http://scielo.sld.cu/pdf/rus/v12n1/2218-3620-rus-12-01-396.pdf
- Mareque, M. & De Prada, E. (2018). Evaluación de las competencias profesionales a través de las prácticas externas: incidencia de la creatividad. Revista de Investigación Educativa, 36(1), 203- 219. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/rie.36.1.275651
- Rodríguez Espinar, S. (2020). Lights and shadows in the pedagogical training of university faculty in Spain. REDU Revista de Docencia Universitaria, 18(1), 143-168. https://doi.org/10.4995/redu.2020.13183
- Romo, M. (2012). Algunas investigaciones sobre el impacto de la creatividad en el ámbito educativo. En Fundación Botín. ¡Buenos días, creatividad! Hacia una educación que despierte la capacidad de crear (pp. 123-136). Fundación Botín. Recuperado de https://www.fundacionbotin.org/89dguuytdfr276ed_uploads/EDUCACION/creat…
- Trujillo, F., Segura, A. & González, A. (2020). Claves de la innovación educativa en España desde la perspectiva de los centros innovadores: una investigación cualitativa. Participación Educativa. Revista del Consejo Escolar del Estado, 7(10), 49-58.
- Williamson, B. (2019). El futuro del conocimiento. La educación y el conocimiento en la era digital. Morata
- Zapico Barbeito, M.H.; Gewerc, A. Montero Mesa Mª L. (2010). La construcción colectiva de un Portal web de centro. Una experiencia De innovación sostenible. Profesorado, Revista de Curriculum y formación del profesorado, 14,1 http://www.ugr.es/~recfpro/rev141ART18.pdf .
COMPETENCIAS XERAIS
- Formular e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo/a).
- Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
- Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
- Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
- Ter iniciativa na intervención en contextos complexos e resolver situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
- Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
- Guiarse polo desexo de coñecer e aprender das situacións e das persoas.
- Saber situarse asimilando rapidamente conceptos, ideas e experiencias dándolle un carácter persoal ao aprendido, o que supón curiosidade por saber sobre temas novos e utilizar estratexias para ampliar o coñecemento.
- Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
- Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
- Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
- Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
- Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
- Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
- Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan ás necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
- Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, dende o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
- Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
- Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade.
- Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación aos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como dos seus comportamentos, necesidades, calidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que de dita detección se derivase.
- Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partir dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que os/as estudantes aprendan a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual.
O uso da Aula Virtual será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta esencial a través da que acceder aos recursos e para a comunicación, favorecendo deste modo os procesos de ensino-aprendizaxe.
Unha parte da materia realizarase de maneira non presencial, a través das ferramentas tecnolóxicas institucionais. Máis concretamente, levaranse a cabo actividades de participación individual e/ou en grupo a través de foros onde se analizarán temas de interese e actividades específicas para cada tema que complementen os contidos impartidos nas sesións expositivas online. Cando se requira, será imprescindible activar a cámara e o micrófono.
Ademais, serán fundamentais as titorías de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual a través da plataforma Microsoft Teams. En calquera caso, salvo excepcións previamente acordadas, levaranse a cabo no horario do profesorado sinalado na páxina web da Universidade. Estas sesións servirán ao desenvolvemento teórico-práctico da materia e á orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso.
A asistencia ás sesións de aula, sexan presenciais ou virtuais, é obrigatoria. Porén, nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar a dispensa de asistencia a clase. O alumnado con dispensa debe presentarse ao profesorado ao inicio da materia para coordinar co mesmo o plan de traballo e seguimento.
Para aprobar a materia o alumnado debe superar cada un do seus apartados no porcentaxe correspondiente:
1) Asistencia, participación activa e achegas nas sesións presenciais e en liña (10%).
2) Desenvolvemento das diversas actividades propostas nas clases como estudos de caso, elaboración de informes e relatos, análise de materiais, representación de roles, vídeoforum, etc. (30%).
3) Realización dun proxecto en pequeno grupo relacionado coa innovación e creatividade nas institucións. Este proxecto suporá como máximo o 50% da cualificación final.
4) Presentación do proxecto realizado (10%).
Para acreditar a materia o alumnado con dispensa de asistencia a clase, deberá realizar actividades complementarias ás anteriores. O alumnado deberá comunicar a situación de dispensa nos 10 días seguintes a concesión. O profesorado convocará a unha titoría para planificar o desenvolvemento e seguimento da materia nos 10 días seguintes. Nesta planificación informarase do sistema de avaliación, especialmente se este é diferente do criterio xeral (Apdo. 2 da Instrución 1/2017).
O alumnado de complementos de formación que asista a clase, ten as mesmas condicións que o alumnado regular do Máster.
Tempo de clases:
- Horas de docencia: 24 horas (9 h. expositivas, 12 h. interactivas e 3 h. de titoría).
De elas, 1/3 impartirase a través del aula virtual (3 h. expositivas en liña e 4 h. interactivas en liña).
Tempo de traballo persoal:
- Documentación e estudo: 20 h.
- Lecturas recomendadas: 11 h.
- Elaboración do proxecto formativo: 20 h.
Poñer especial interese no estudo das fontes documentais así como na participación nas sesións presenciais e virtuais (a través da aula virtual da materia).
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Silvia Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
30.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |