Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia pretende contribuír á formación do alumnado nas competencias vinculadas á titoría e mentoría na formación. Así, buscará favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
- Coñecer a función titorial e de mentoría nas accións formativas.
- Desenvolver competencias especializadas da titoría e da mentoría nos procesos formativos ante novos ámbitos de intervención profesional.
- Planificar propostas de acción titorial e mentoría nos procesos formativos adecuándose ás características específicas das persoas usuarias.
- Deseñar e avaliar técnicas e recursos de asesoramento titorial e de acompañamento formativo, apoiándose en estratexias e ferramentas do coaching e doutras disciplinas.
Para a consecución dos obxectivos da materia, se propoñen os seguintes contidos:
Bloque I. Conceptos básicos
Tema 1. Conceptualización dos procesos de axuda na formación (titoría e mentoría)
Tema 2. A mentoría como proceso de desenvolvemento persoal
Tema 3. O coaching como axuda ao desenvolvemento profesional
Bloque II. Guía e apoio nos procesos formativos
Tema 4. Análise das necesidades de guía e apoio nos procesos de formación
Tema 5. Desenvolvemento de competencias en mentoría e acompañamento formativo.
Tema 6. Técnicas e recursos de asesoramento titorial e de coaching.
Tema 7. Deseño e avaliación de accións de titoría e mentoría en accións formativas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Deserti, E. O. (2021). La tutoría-mentoring y el proceso de formación de recursos humanos. Retos de la nueva normalidad. Revista educ@rnos.
Launer, V. (2012). Coaching: un camino hacia nuestros éxitos. Pirámide, D.L.
Ponce Ceballos, S., García-Cabrero, B., Islas Cervantes, D., Martínez Soto, Y., e Serna Rodríguez, A. (2018). De la tutoría a la mentoría. Reflexiones en torno a la diversidad del trabajo docente. Páginas de educación, 11(2), 215-235.
Sánchez García, M. F., Manzano Soto, N., Rísquez López, R. A., e Suárez Ortega, M. (2011). Evaluación de un modelo de orientación tutorial y mentoría en la Educación Superior a distancia. Revista de Educación, (356), p. 719-732.
Valderrama, B. (2009). Desarrollo de competencias en mentoring y coaching. Prentice-Hall.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bou, J. F. (2009) (3ª Ed.). Coaching para docentes. El desarrollo de habilidades en el aula. Club Universitario.
Castillo Arredondo, S., Torres González, J. A., e Polanco González, L. (2009). Tutoría en la enseñanza, la universidad y la empresa: Formación y práctica. Pearson Educación.
Colomer, J., Santos, L., Casado Muñoz, R., del Arco, I., e Casellas, R. M. (2010). Programas de tutoría y mentoría: Respondiendo al desafío de la universidad centrada en el estudiante. In VI CIDUI: Nuevos espacios de calidad en la educación superior: un análisis comparado y de tendencias (pp. 5346-5367). [Sl: sn], 2010.
Correa, L. J. L. (2008). El coaching como estrategia para la formación de competencias profesionales. Revista Escuela de Administración de negocios, (63), 127-144.
Díaz Larenas, C., e Bastías Díaz, C. (2013). Los procesos de mentoría en la formación inicial docente. Revista internacional de investigación en ciencias sociales, 9(2), 301-315.
García Ricondo, B. (2016). Coaching práctico en educación: transformando sueños en aprendizajes. Dextra.
Giráldez Hayes, A. (2016). Coaching educativo. Paraninfo.
Goldwarg, D. (2015). Competencias de coaching aplicadas: con estándares internacionales. Granica.
Gordillo, M. V. (2008). Nuevas perspectivas en orientación. Del counseling al coaching. Síntesis.
Marques Dos Santos, P., Almeida, S., Santos, J., Almeida, F., Sampaio, R., Martins, I., ... e Coutinho, E. (2020). Constrangimentos na implementação de um programa de mentoria implementado numa instituição de ensino superior. Millenium Journal, 7(2), 123-131.
O´Connor, J., e Lages, A. (2010). Coaching con PNL. Programación Neurolingüística. Guía Práctica para obtener lo mejor de ti mismo y de los demás. Urano.
Parker, G. M. (2008). 50 actividades para desarrollar equipos de trabajo autónomos. Editorial Universitaria Ramón Areces.
Pérez, P. R. Á., Aguilar, D. L., e Rosales, G. S. (2021). Los planes de tutoría de carrera en la Universidad de La Laguna. In Buena orientación, buena elección: II Congreso Internacional de Orientación Universitaria (p. 36). Universidad de Valladolid.
Ravier, L. (2017). Arte y ciencia del coaching: su historia, filosofía y esencia: una respuesta a las preguntas fundamentales del coaching y su práctica. Unión Editorial.
Soto, N. M., Cuadrado, A. M., García, M. S., Risquez, A., e Ortega, M. S. (2012). El rol del mentor en un proceso de mentoría Universitaria/(The role of mentor in higher education mentoring process). Educacion XXI, 15(2), 93.
Valverde Macías, A., García Jiménez, E., e Romero Rodríguez, S. (2003). La función tutorial en la Universidad de Sevilla. La mentoría como respuesta: el proyecto SI. MUS. Tutoría universitaria (pp. 271-284).
Velasco Quintana, P., e Benito Capa, A. (2011). Peer mentoring at the Universidad Europea de Madrid: An educational strategy for the development of general and specific competences. Higher Learning Research Communications, 1(1), 4.
Wisker, G., Exley, K., Antoniou, M., e Ridley, P. (2012). Trabajando individualmente con cada estudiante: Tutoría personalizada, coaching, mentoría y supervisión en Educación Superior (Vol. 34). Narcea Ediciones.
COMPETENCIAS XERAIS
X1. Coñecer e usar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación.
X2. Formular e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a empregar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo/a).
X3. Adopción de actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
X4. Organizar e xestionar o uso e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
X6. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
X8. Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
X11. Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
X12. Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E3. Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas axeitadas para a resolución de casos.
E4. Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
E5. Desenvolver una actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
E8. Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
E15. Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
A metodoloxía proposta integra dous elementos fundamentais para o correcto desenvolvemento da materia: teoría e práctica. Polo tanto, combinaranse sesións de carácter teórico-expositivo e sesións de carácter interactivo que contribúan á posta en práctica dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado en tarefas concretas que permitan a reflexión persoal, a análise, a creación propia, o descubrimento ou a busca de información, entre outros aspectos. Asemade, o traballo nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do alumnado fora da aula.
As sesións expositivas desenvolveranse na aula e incluirán diversas actividades:
- Exposicións por parte do profesorado sobre os contidos.
- Exposicións por parte do alumnado de actividades formativas realizadas de xeito autónomo, -mapas conceptuais, análise/comentarios de texto, análise de vídeo, entre outros.-.
- Discusións sobre os contidos do tema, previa análise por parte do alumnado.
As sesións interactivas servirán para o desenvolvemento de actividades prácticas individuais e grupais dentro da aula. Procurarase así o traballo en grupo e a aprendizaxe cooperativa.
As actividades nas aulas interactivas realizaranse tanto individualmente como en pequenos e grandes grupos, segundo requira cada proposta. Estes grupos serán conformados e reformados polo alumnado no desenvolvemento da materia.
É importante sinalar que a proposta de actividades terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia, ademais da coordinación coas materias do semestre.
No que respecta ao traballo autónomo fora da aula, concretarase en diversas actividades de aprendizaxe que se irán especificando para cada tema e para cada sesión interactiva. Ditas actividades deberán entregarse, en prazo e forma, a través da Aula Virtual ou ben no formato que indique o profesorado, se fose pertinente outro tipo de soporte.
Así, cómpre indicar que o uso da Aula Virtual será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta esencial a través da que acceder aos recursos e para a comunicación, favorecendo deste modo os procesos de ensino-aprendizaxe.
O 40% da materia realizarase de maneira non presencial, a través das ferramentas tecnolóxicas institucionais. Máis concretamente, levaranse a cabo actividades de participación individual e/ou en grupo a través de foros onde se analizarán temas de interese e actividades específicas para cada tema que complementen os contidos impartidos nas sesións expositivas online. Cando se requira, será imprescindible activar a cámara e o micrófono.
Ademais, serán fundamentais as titorías de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual a través da plataforma Microsoft Teams. En calquera caso, salvo excepcións previamente acordadas, levaranse a cabo no horario do profesorado sinalado na páxina web da Universidade. Estas sesións servirán ao desenvolvemento teórico-práctico da materia e á orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso.
É importante sinalar que deberá empregarse o correo electrónico da USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-, polo que será imprescindible que estea activo ao inicio da materia.
Por último, recordar que a USC é unha Universidade presencial, así que a asistencia ás sesións de aula é obrigatoria. Porén, nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar dispensa de asistencia a clase. O alumnado con dispensa debe presentarse ao profesorado ao inicio da materia para coordinar co mesmo o plan de traballo e seguimento.
A modalidade de avaliación da materia é a avaliación continua formativa, que será de aplicación para todo o alumnado, incluído aquel con exención ou dispensa de asistencia á clase. Dita modalidade avaliativa contempla o emprego de diversos instrumentos, normas e circunstancias que inciden na avaliación e que se detallan a continuación:
1. Instrumentos de avaliación
1.A. Participación activa na aula, -presencial ou virtual-.
Carácter: obrigatorio.
Peso na cualificación: 20%, -2 puntos-. Máximo 2 puntos e mínimo 1 punto para superar esta parte.
Instrumentos principais de rexistro:
- As listaxes de asistencia e seguimento das actividades en Teams e/ou na Aula Virtual.
- A observación directa do profesorado nas sesións presenciais.
- O seguimento das actividades propostas no marco do traballo final.
Criterios de avaliación:
- Asistencia regular ás aulas, -expositivas, interactivas e virtuais-.
- Participación activa nas actividades que se realicen na aula e na plataforma.
- Entrega en prazo e forma das actividades propostas, no marco do traballo final.
1.B. Traballo final
Carácter: obrigatorio.
Peso na cualificación: 80%, 8 puntos-. Máximo 8 puntos e mínimo 4 puntos para superar esta parte.
Realización: en grupos ou individualmente, segundo indique o profesorado.
No marco deste traballo final (8 puntos), se integran unha serie de actividades prácticas que se desenvolverán na aula dirixidas á elaboración deste traballo. Polo tanto, para superar e acadar unha valoración positiva na materia, toda vez que se establece unha avaliación continua, será necesario realizar e entregar en prazo este conxunto de actividades de avaliación requeridas no marco do trabajo descrito.
Criterios xerais de avaliación, tanto no caso dos informes escritos, actividades ou traballo final:
- Axustarse ás directrices aportadas polo profesorado en canto a forma, contido e aspectos formais.
- Cumprir cos prazos de entrega establecidos.
- Claridade expositiva e coherencia na redacción dos contidos tratados.
- Empregar unha linguaxe de calidade e unha expresión lingüística sen erros ortográficos nin de sintaxe.
- Rigor científico na presentación dos contidos, -citas bibliográficas e referencias empregadas debidamente recollidas-.
- Calidade e claridade na exposición oral, -de ser posible a súa realización-.
2. Normativa e condicións da avaliación
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
- Cualificación mínima: establécese unha puntuación mínima de 5 puntos para obter a cualificación de aprobado na materia. Esta puntuación debe obterse a partir da puntuación mínima concretada nas epígrafes 1.A, -participación na aula-, e 1.B, -traballo final-.
- Os traballos individuais ou grupais do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado total ou parcialmente suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. Nestes casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a normativa de avaliación do rendemento dos/as estudantes e de revisión de cualificacións.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto, de ser o caso, nas actividades programadas de forma coordinada que impliquen a outras materias ou a participación en proxectos de innovación.
- Asistencia: controlarase a asistencia ás sesións presenciais, -aulas expositivas, interactivas e virtuais-.
A asistencia terá unha incidencia directa na avaliación continua, polo que se deben ter en conta as seguintes diferentes situacións:
- Asistencia a un 80% ou máis das sesións presenciais: é preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións presenciais, ademais de implicarse activamente nas actividades que se soliciten.
- Alumnado que asista a menos do 80% das sesións presenciais: o alumnado con ausencias superiores ao 20% do total das sesións presenciais por razóns xustificadas ou non xustificadas deberán continuar o traballo de xeito individual.
- ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE: o alumnado que solicite a dispensa e lle sexa concedida, deberá informar ao profesorado desta situación no prazo máximo dunha semana desde a concesión. As actividades e traballos a realizar así como as datas de entrega serán as mesmas que para o alumnado asistente; mais neste caso desenvolveranse individualmente.
- Alumnado con diversidade funcional: o alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento normalizado da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social), e informar do seu caso ao profesorado dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de poder acordar o plan de traballo e as adaptacións e apoios oportunos para un adecuado seguimento da materia.
3. Indicacións sobre o traballo final
O traballo, ou actividades no marco do mesmo, que se entreguen ao profesorado para a súa valoración, deberán cumprir co rigor científico esixido para un traballo académico:
- Estrutura: a non ser que se indique o contrario, debe constar de portada, índice, introdución, corpo do traballo debidamente numerado e organizado, conclusións ou reflexións finais, referencias e, de ser o caso, anexos.
- Calidade lingüística: ortografía, sintaxe e linguaxe inclusiva.
- Referencias e citación adecuada das fontes. Realización adecuada das citas bibliográficas directas e indirectas que se empreguen no corpo do texto seguindo a normativa APA; Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: http:/ www.apastyle.org.
- Orixinalidade: o plaxio, total ou parcial, dun traballo será motivo de suspenso. Cando se trate dun traballo en grupo, a cualificación será extensible a todos os membros do grupo.
4. Recuperación da materia
- O alumnado que non supere a materia no período ordinario, -primeira oportunidade-, terá unha segunda oportunidade de avaliación en xullo. Así, o alumnado que se atope nesta situación deberá acudir a titoría unha vez feitas públicas as cualificacións para concretar o plan de traballo a realizar para a recuperación nesa segunda oportunidade.
- Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e a 2ª oportunidade, adaptándose nesta última o calendario de entrega do traballo.
- Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores; é dicir, alumnado repetidor. O alumnado que se atope nesta situación deberá asistir a titoría dentro das dúas primeiras semanas do semestre para concretar coa profesora un plan de traballo específico, tendo en conta as circunstancias e condicións da súa situación.
- As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manterán en cursos posteriores. O alumnado que repita, ou que non se presentara en convocatorias anteriores, será avaliado segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Así, este programa será válido para as dúas oportunidades da convocatoria do curso 2024/2025.
As horas de traballo dentro da materia, distribúense do modo en que sigue:
- Horas presenciais: 24 horas.
sesións expositivas: 9 horas + 3,6 horas en liña.
sesións interactivas: 12 horas + 4,8 horas en liña.
titorías: 3 horas + 1,2 horas en liña.
- Traballo autónomo sobre contidos teóricos: 31 horas.
documentación e estudo: 20 horas
lecturas recomendadas: 11 horas.
- Elaboración do traballo grupal: 20 horas.
- A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma das actividades que se propoñan.
- Contar con coñecementos de informática a nivel básico.
- Desenvolver un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas, xa que a materia está formulada de tal forma que a realización dunhas actividades precisa ter realizadas as anteriores.
- Amosar, tanto nas intervencións na aula como nas actividades, unha actitude ética e de compromiso co traballo.
- Titorías: recoméndase ao alumnado que faga uso das titorías presenciais sempre e cando teña algunha dúbida ou cuestión pertinente.
- Consulta frecuente da Aula Virtual e, por extensión, dos materiais e recursos aí postos á disposición do alumnado.
- Preparación previa dos materiais que se vaian a traballar en aula cando se indique.
1. Observacións xerais
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: campus virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- O ensino-aprendizaxe, -aulas e titorías-, é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o alumnado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos, https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
- Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
2. Responsabilidade ambiental na elaboración de traballos
En relación ás actividades individuais ou de grupo que se realicen deberanse ter en conta as seguintes indicacións:
- Sempre que sexa posible e excepto que se dea outra indicación, entregaranse a través da Aula Virtual.
- No caso de ter que imprimir algún traballo:
evitaranse tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios,
empregaranse grampas en lugar de encanutillados,
imprimirase a dúas caras e en calidade “aforro de tinta”,
non se empregarán folios en branco como separadores de capítulos ou partes,
evitaranse anexos que non teñan referencia directa cos contidos desenvoltos.
3. Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nas actividades académicas propostas. Pódese obter información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/igualdad/guia-lenguaje-sexista-usc.
4. Utilización do teléfono móbil na aula
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Rebeca Garcia Murias
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
27.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
02.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |