Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 279 Horas de Titorías: 21 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os principais obxectivos do Traballo Fin de Máster (TFM) son:
1. Desenvolver procesos de busca, xestión, organización e interpretación de datos relevantes para a área de estudo sobre procesos de formación na que se enfoque a elaboración do traballo.
2. Emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes para os procesos de formación de índole social, científica, tecnolóxica ou ética.
3. Desenvolver estratexias de pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
Poderán especificarse obxectivos vinculados con cada unha das modalidades de TFM.
Liñas e temáticas de investigación vinculadas coas que desenvolven os grupos de investigación e profesorado que conforma o equipo docente do Máster.
Organizarase unha sesión de presentación das liñas e temáticas de investigación propostas.
Bibliografía básica:
Fuentes, J. L. & Cremades, R. (Coords.) (2021). Cómo escribir un trabajo fin de máster. Síntesis.
Requena, F. & Ayuso, L. (Coords.) (2018). Estrategias de investigación en las ciencias sociales: fundamentos para la elaboración de un trabajo de fin de grado o un trabajo de fin de máster. Tirant lo Blanch.
Reyes, A. & Pacios, L. (Coord.) (2013). Técnicas de búsqueda y uso de la información. Editorial Universitaria Ramón Areces.
Rodríguez-Moreno, M. L. & Llanes, J. (Coords.) (2013). Como elaborar, tutorizar y evaluar un Trabajo de Fin de Máster. AQU Catalunya. Recuperado de http://www.aqu.cat/doc/doc_18533565_1.pdf
Bibliografía complementaria:
Espejo, B., Checa, I. & Francés, J. (2020). Guía accesible de recursos útiles para realizar el Trabajo de Fin de Grado y el Trabajo de Fin de Máster. Universitat de València. https://roderic.uv.es/handle/10550/76367
Muñoz-Alonso, G. (2011). Estructura, metodología y escritura del Trabajo de Fin de Máster. Escolar y Mayo.
Viejo, C. & Ortega-Ruiz. R. (2018). Competencias para la investigación: El Trabajo Fin de Máster y su potencialidad formativa. Revista de Innovación y Buenas Prácticas Docentes, 5(5), 46-56. https://doi.org/10.21071/ripadoc.v5i.10970
Páxinas web de interese:
Biblioteca Universitaria USC - http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca
reBUSCa. Recursos electrónicos da BUSC - https://rebusca.usc.gal/Prepara-o-TFG-TFM
Catálogo colectivo das bibliotecas universitarias españolas (REBIUN) - http://www.rebiun.org/
Dialnet - http://dialnet.unirioja.es/
ISOC Base de datos de ciencias sociales y humanidades de España -
http://bddoc.csic.es:8085/inicioBuscarSimple.html;jsessionid=3B1C954583…
CA373FCDB5?estado_formulario=show&bd=ISOC&tabla=docu
Minerva Repositorio Institucional da USC - https://minerva.usc.es/xmlui/?locale-attribute=gl
Redined - http://www.redined.mec.es/menu.php?idioma=es
Teseo - https://www.educacion.gob.es/teseo/irGestionarConsulta.do;jsessionid=51…
Facilitaranse referencias específicas complementarias para cada unha das modalidades de TFM na Guía da materia.
Entre as competencias do Máster Universitario en Procesos de Formación destacan, especialmente, as seguintes no desenvolvemento do Traballo Fin de Máster
Competencias Xerais:
CG3-Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
CG4-Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
CG6-Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
CG11-Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
CG12-Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
Competencias Específicas:
CE5-Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
CE7-Participar de forma colaborativa no desenvolvemento do coñecemento científico, empregando unha linguaxe formal científica e promovendo a transferencia dos resultados da investigación educativa á práctica profesional.
CE12-Axudar a outros profesionais na elaboración de programas de formación tomando como soporte os medios e redes de información e comunicación.
CE13-Deseñar materiais didácticos e contornas formativas en rede axustados ás características dos suxeitos e os contextos nos que van ser implementados.
CE14-Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación os seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como dos seus comportamentos, necesidades, cualidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que de dita detección se derivara.
O TFM supón a elaboración individual por parte de cada estudante dun traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante o Máster, baixo a titorización dun ou dunha docente do título que actuará como titor o titora.
Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa.
Enfocarase cara a unha das tres orientacións ou modalidades seguintes:
1. Modalidade de investigación (de tipo documental, empírica ou avaliativa).
2. Modalidade de intervención.
3. Modalidade de acción.
Presentarase unha Guía específica para o Traballo Fin de Máster que desenvolve e amplía os apartados deste Programa e que servirá de apoio e orientación ao alumnado.
Para iniciar o Traballo Fin de Máster será necesario ter superadas todas as materias do primeiro cuadrimestre.
No momento de presentación do TFM o alumnado deberá ter superados todos os demais créditos necesarios para o título.
Cada titor ou titora deberá outorgar o Visto e Prace ao resultado final do traballo, que suporá o consentimento para a súa presentación e emitir un informe preceptivo e confidencial sobre o seguimento e o traballo realizado pola alumna ou o alumno antes da súa defensa e para que o tribunal avaliador o teña en conta.
Cada estudante fará a defensa do TFM ante un tribunal nomeado pola Comisión Académica do Máster, composto por tres docentes da Universidade de Santiago de Compostela que impartan docencia no Máster.
Os criterios básicos para a avaliación presentaranse nunha rúbrica elaborada a tal efecto que contempla os seguintes elementos coa súa correspondente ponderación:
- Parte común do TFM: máximo 40%
- Parte específica en función da modalidade de TFM: máximo 30%
- Indicadores de calidade do traballo escrito: máximo 10%
- Indicadores de calidade da defensa: máximo 20%
A rúbrica será presentada ao alumnado na fase inicial do desenvolvemento do TFM.
O TFM ten unha carga de 12 ECTS, que equivalen a 300 horas de traballo de cada estudante, que se distribúe nas seguintes tarefas:
- Presentación dos grupos de investigación e da guía da materia. Consulta de dúbidas -------------------------- 5 horas
- Seminario de elaboración de TFM. Orientacións xerais ------------------------------------------------------------ 5 horas
- Traballo autónomo da/do estudante en función da estrutura e fases. Redacción e revisión de borradores ---260 horas
- Titorías ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 8 horas
- Presentación e defensa do TFM -------------------------------------------------------------------------------------- 2 horas
Na Guía do Traballo Fin de Master indicaranse o calendario e as fases para o seu desenvolvemento.
Comité de Ética:
Tal e como se recolle na Resolución Reitoral 4/2021, sobre propostas de traballos académicos do tipo proxecto de investigación e/ou intervención con seres humanos, as súas mostras e os seus datos, o alumnado que opte pola modalidade de investigación para a elaboración do TFM, deberá contar coa autorización do Comité de Ética da USC para poder recoller os datos precisos para a elaboración do traballo.
A solicitude realizarase a través do/a profesor/a titor/a, que remitirá ao Decanato toda a información necesaria (formulario de solicitude oficial, consentimento informado, declaración responsable e compromiso de confidencialidade, etc.) para o Comité de Ética da Facultade, que revisará e tramitará o informe positivo para enviar ao Comité de Ética da USC, que é quen emite a autorización definitiva que o alumnado debe presentar no centro e/ou ás persoas para recoller os datos para o TFM.
Para poder defender o TFM na modalidade de investigación, onde polas súas características necesita a autorización do Comité de Ética da USC, é necesario contar con esta autorización, que se engadirá ao documento final que o alumnado debe subir á súa Secretaría Virtual no momento de depositar o TFM.
COMUNICACIÓN:
A relación de docentes que titorizarán o TFM presentarase na Guía da materia.
Para contacto coas titoras e titores de TFM por correo electrónico será imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.)
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas titoras e titores, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre a/o docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/gal/politica-privacidad-proteccion-datos)
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia se terán en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.