Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Física Aplicada, Área externa M.U en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao final do estudo desta materia, o alumno debe adquirir coñecementos sobre a importancia da rede eléctrica como elemento esencial de distribución en todas as etapas do ciclo energético (produción, transporte, almacenamiento, consumo eficiente), así como das características esenciais do modelo español (estrutura, mantemento, regulación). Así mesmo, os estudantes deben adquirir nocións básicas sobre a descrición topolóxica da estrutura das redes eléctricas.
Mercado enerxético. A rede eléctrica: transporte e distribución. Rede de repartición. Rede de media e baixa tensión. Regulación da distribución e acceso á rede de distribución. Liñas e subestacións. Operación do sistema eléctrico. Mantemento da rede eléctrica. Continxencias na rede.
Redes complexas: estrutura e robustez da rede eléctrica. Horizonte 2020: criterio N-1. Xestión de demanda. Conexión de Sistemas de Enerxías Renovables na Rede Eléctrica.
Descrición do sistema eléctrico español. Estrutura. Planificación vinculante e indicativa. Regulamentos e procedementos de operación. Aplicacións. Xestión de proxectos en Rede Eléctrica.
Estes contidos poden estar sometidos a revisión debido ao dinamismo do sector e os cambios normativos que sofre.
Básica
La red eléctrica española: www.ree.es
http://www.energiaysociedad.es/
https://www.cnmc.es/
https://www.omie.es/es
https://www.sepi.es/es
https://www.inelfe.eu/
https://www.reintel.es/es/bienvenido-reintel
Complementaria
https://www.spindices.com/
https://www.ceer.eu/documents/104400/-/-/40770749-0a94-c65a-1b02-5c7a9e…
https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2013-8827
https://www.nordpoolgroup.com/
https://op.europa.eu/en/publication-detail/-/publication/b4e46873-7528-…
https://www.miteco.gob.es/es/prensa/pniec.aspx
https://ec.europa.eu/environment/emas/index_en.htm
https://www.aenor.com/certificacion/medio-ambiente
https://www.icnirp.org/
https://www.who.int/peh-emf/project/intorg/es/#:~:text=La%20ICNIRP%20es…
BASICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación
profesional ao campo das enerxías renovables, a sostenibilidad e o cambio climático.
CG02 - Desenvolver a suficiente autonomía para iniciarse na investigación e poder incorporarse a un grupo de investigación ou unha empresa que efectúen desenvolvementos nos tres ámbitos do Máster.
CG03 - Capacidade de realizar estudos de planificación e deseño de solucións energéticas no campo das enerxías renovables e a sostenibilidade e o cambio climático, ben sexan modelos de planificación ou para a súa aplicación a instalacións.
CG04 - Dimensionar, executar, explorar, manter, xestionar e evaluar obras e instalacións de tecnoloxías renovables
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01 - Traballar eficazmente tanto en equipos interdisciplinares, como de forma autónoma e con iniciativa.
CT04 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT05 - Ser capaz de interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés.
CT06 - Ser capaz de gestionar información e comunicación mediante uso das TIC.
CT02 - Analizar, razoar críticamente, pensar con creatividade e comunicar as súas ideas defendéndoas e discutíndoas asertiva e estructuradamente.
CT03 - Capacidade para traballar e tomar decisións en contornas de presión nas que está sometidos a escaseza de tempo, presións internas e externas, e limitación de recursos en xeral demostrando capacidade de liderado.
CT07 - Tratar, analizar e obter conclusións sobre un conxunto datos resultantes dun estudo utilizando fontes documentales.
CT09 - Comunicarse correctamente tanto nas linguas propias como nunha lingua estranxeira, oralmente e por escrito e en contextos diversos, resultando convincente e adaptado a mensaxe e os medios empregados ás características das situacións e as audiencias.
CT10 - Capacidade de análise e de síntese.
CT11 - Capacidade de aplicar os coñecementos á resolución de problemas nos que están involucradas variables económicas, ambientais e sociais.
CT12 - Motivación cara á calidade de procesos e técnicas de funcionamento.
CT13 - Capacidade para analizar as demandas, necesidades e expectativas do mercado.
CT14 - Capacidade para analizar, organizar, xestionar e aplicar un proxecto técnico-científico tendo en conta as limitacións de persoal, económicas, legais, etc.
ESPECÍFICAS
CE01 - Identificar os procedementos e aplicacións propias da arquitectura ambiental e do urbanismo sostenible.
CE02 - Desenvolver habilidades no campo do deseño, implementación, explotación e mantemento en instalacións enerxéticas eficientes, renovables e sostenibles, aplicando ferramentas de modelización, planificación e optimización
CE03 - Asesorar no desenvolvemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a sostenibilidade enerxética, analizar, desde o punto de vista técnico, económico e social, os proxectos energéticos e propoñer solucións específicas e innovadoras para empresas e particulares
CE05 - Analizar as fortalezas e debilidades estructurales da rede eléctrica.
CE10 - Comprender e establecer metodoloxías para a diagnosis, xestión e planificación energética sostenible a través da valorización de recursos energéticos propios en diferentes tipos de asentamiento e aplicar este tipo de procedemento en casos sinxelos.
CE15 - Recoñecer os diferentes equipos de transferencia de enerxía e os seus principios de funcionamento.
A materia desenvolverase en horas de clases maxistrais e actividades diversas (seminarios, mesas redonda, coloquios, etc.), utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o estudante.
Entregaráselle ao estudante todo a material base necesario para o estudo da materia a través da web virtual da materia.
O estudante dispoñerá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos seminarios.
Os estudantes deberán desenvolver en grupo ou de forma individual ao longo do curso un traballo que deberán expoñer.
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
A avaliación da materia será continua e compoñerase dunha combinación de:
Asistencia e actitude en clase: 10 %
Realización de actividades diversas (prácticas, problemas, tarefas diversas, etc.): 40 %
Desenvolvemento e presentación de informes: 50 %
De non cumprir calquera dos requisitos anteriores o estudante poderá presentarse a un exame en primeira convocatoria e de non superalo poderá presentarse a outro exame en segunda convocatoria. A cualificación obtida nestes exames será a que o estudante obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
De forma xeral, poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS
Clases magistrales 9 h
Docencia interactiva. Seminarios 12 h
Tutoría en grupo 3 h
Actividade Non Presencial 21 h
O estudo constante, o seguimento e interiorización ao día dos coñecementos introducidos durante as clases teóricas e de seminario, permitiranlle ao estudante un bo rendemento na materia e a optimización do seu tempo, pois poderá sacar maior beneficio das clases presenciais.
Consultar a bibliografía recomendada.
Utilizar as tutorías individualizadas e os seminarios dos profesores da materia para a realización dos traballos propostos.
Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés. Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso mais directo e rápido á maior información posible.
Jose Antonio Rodriguez Añon
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 130 |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 130 |
04.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |