Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 5 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer como os alimentos funcionais interactúan en materia de nutrición humana.
- Coñecer como os alimentos interactúan no noso organismo en relación ós xenes e viceversa.
- Coñecer como o microbioma interactúa co organismo humano.
- Coñecer e saber aplicar os estándares de actividade física en relación ó balance enerxético.
Contidos Teóricos:
Tema 1. Novos alimentos e novos ingredientes alimentarios I.
Tema 2. Novos alimentos e novos ingredientes alimentarios II.
Tema 3. Nutrición personalizada (Introducción a nutrixenómica, nutrixenética, proteómica e microbioma humano).
Tema 4. Actividade física, deporte e nutrición.
Contidos Prácticos:
- Técnicas de bioloxía molecular e a súa aplicación en valoración do estado nutricional (estudos nutrixenéticos, nutrixenómicos e metaxenómicos).
- Gil, A. (2010). Tratado de nutrición. Tomo I: Bases fisiológicas y bioquímicas de la nutrición. Panamericana (Madrid).
- Mataix, J. Nutrición y alimentación humana. Vol. I y II (2002). Ed. Ergon.
- Gordillo Bastidas, D. y Gordillo Bastidas, E. (2015). Nutrición Molecular. McGrawHill. México.
- Principles of nutrigenetics and nutrigenomics: fundamentals of individualized nutrition. Editado por: Raffaele Caterina, Alfredo Martinez, Martin Kohlmeier. Academic Press, Elsevier. ISBN: 978-0-12-804572-5. https://doi.org/10.1016/C2015-0-01839-1.
- Nutrigenetics: applying the science of personal nutrition. Editado por: Martin Kohlmeier. Academic Press, Elsevier. ISBN: 978-0-12-385900-6. https://doi.org/10.1016/C2010-0-67181-1.
- Guía de la alimentación funcional: los probióticos en la alimentación humana. 1ª edición. Editado por: Lluis Serra Majem y Javier Aranceta Bartrina. Barcelona: Elsevier Masson.
- Alimentos funcionales. Editado por: Grupo de coordinación, Manuela Juárez, Agustín Olano, Federico Morais. Madrid, D. G. de Industria Agroalimentaria y Alimentación; Federación Española Ciencia y la Tecnología: Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas
- Daries, H. (2012) Nutrition for sport and exercise: a practical guide. 1st ed. Chichester [England: Wiley-Blackwell. Dispoñible en liña na BUSC: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101337013370…
- Larson, A., & Woodruff, K. (2017). Sports nutrition strategies for success: a practical guide to improving performance through nutrition (First edition.). Momentum Press, Health. Dispoñible en liña na BUSC: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101350662380…
Competencias básicas:
CG6 - Ser capaz de intervir no deseño e desenvolvemento de alimentos máis saudables.
CG11 - Adquirir formación para desenvolver a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo la importancia e as limitacións do pensamento científico nos aspectos relacinoados coa nutrición, a seguridade e a tecnoloxía alimentaria.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Competencias específicas:
COP18 - Coñecer e saber aplicar os aspectos fundamentais da nutrición funcional, especial e ergoxénica.
Competencias transversais:
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información procedente de fontes diversas.
CT11 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
Clases teóricas maxistrais.
Nelas o profesorado desenvolverá os contidos do programa teórico reflexado nesta guía, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, estimulando a participación do estudantado e/ou avaliando a súa aprendizaxe mediante a realización de preguntas breves de diversa índole relacionadas cos contidos expostos.
Prácticas.
Clases prácticas en laboratorio sobre técnicas de bioloxía molecular e a súa aplicación en estudos nutrixenéticos, nutrixenómicos e metaxenómicos. Realización de memoria de prácticas.
Seminarios en grupo ou individuais.
Desenvolvemento escrito e/ou audiovisual de temas concretos relacionados cos contidos teóricos e posterior exposición oral dos traballos.
Como recurso fundamental de apoio á docencia poderase utilizar o Campus Virtual da USC, ou a ferramenta Microsoft Teams, segundo proceda. O seguimento de todas as actividades realizarase mediante programación de entregas e listas de participación. Para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán utilizarse o foro do Campus Virtual, Microsoft Teams, ou o correo electrónico.
A avaliación do/a estudante incluirá:
1. Avaliación continua mediante actividades e/ou preguntas breves realizadas durante as sesións de aula (suporá un 30 % da cualificación final: 20 % actividades durante horas expositivas + 10 % actividades durante as horas de prácticas de laboratorio). Competencias avaliadas: CG6, CG12, CB1, CB3, CB6.
2. Realización de traballos programados e a súa exposición oral: 40 % da cualificación final. Competencias avaliadas: CG6, CG12, CT3, CT6, CT11.
3. Exame escrito: 30 % da cualificación final (pedirase alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10 neste exame para sumar a nota de avaliación continua e traballos). Competencias avaliadas: CG6, CG12, CE53, CE54, CE55.
A asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia. O control de asistencia será realizado in situ e rexistrado polo profesorado cun sistema de soporte electrónico (folla de cálculo en nube corporativa, ou similar).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O seguimento de todas as actividades realizarase mediante programación de entregas e listas de participación. Para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán utilizarse o foro do Campus Virtual, Microsoft Teams, ou o correo electrónico.
Non procede a consideración de dispensa, en base á necesidade de realizar actividades obrigatorias e presenciais no marco do sistema de avaliación desta materia.
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A asistencia e as horas de traballo do estudante distribuiranse da seguinte maneira:
- Clases expositivas: 16 h presenciais (16 x 1,5= 24 horas de estudo persoal)
- Prácticas: 2 h presenciais y 1 hora de traballo persoal
- Realización de traballos e estudo persoal (horas non presenciais: 22 horas)
- Seminarios: 2 horas e 4 horas de traballo persoal
- Realización de exemes e revisión: 1 hora presencial
- Horas presenciais totais: 24
- Horas totais de estudo e traballo persoal: 51
- Participar activa, constructiva e respetuosamente nas clases, seminarios e prácticas.
- Preparar e complementar os contidos que se vaian traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
- Crear hábitos de búsqueda autónoma de información científica.
- Aproveitar os recursos dispoñibles na biblioteca universitaria.
- Utilizar adecuadamente as tutorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e aclarar calquiera dúbida que surxa no proceso de aprendizaxe.
- Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Alberto Cepeda Sáez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822410
- Correo electrónico
- alberto.cepeda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Regal López
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
14.05.2026 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
26.06.2026 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |