Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
0.- Datos descritivos da materia
A materia de XESTIÓN DO CICLO DE VIDA DE PRODUTOS E PROCESOS atópase incluída no Módulo 4 de INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO, onde se aborda unha análise ambiental dende un punto de vista do ciclo de vida dos produtos e procesos, afondando tanto en aspectos de investigación (integrado nas liñas de investigación marcada pola UE) como na transferencia do coñecemento ao sector produtivo mediante a aplicación do ecodeseño e o ecoetiquetado.
Materia: Xestión do Ciclo de Vida de Produtos e Procesos
Idioma: Castelán
Tipo: Optativa
Nº de créditos: 3,0 ECTS
Módulo: Innovación e Desenvolvemento
Profesorado
Gumersindo Feijoo Costa
Dpto. Enxeñaría Química
correo-e: gumersindo.feijoo [at] usc.gal (gumersindo[dot]feijoo[at]usc[dot]gal)
María Teresa Moreira Vilar
Dpto. Enxeñaría Química
correo-e: maite.moreira [at] usc.gal (maite[dot]moreira[at]usc[dot]gal)
1.- Obxectivos da materia
Nesta materia, o obxectivo primordial é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ó deseño sostible de procesos e produtos mediante o estudio de diferentes metodoloxías de análise e avaliación medioambiental, económica e social.
Os contidos que se presentan son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plano de estudios do Máster en Enxeñaría Ambiental: “Xestión integral do ciclo de vida (LCM) asociada aos eixos da sustentabilidade: perfil ambiental coa análise del ciclo de vida (LCA), perfil económico cos custes asociados ao ciclo de vida (LCC), perfil social coa análise del ciclo de vida social (SLCA). Ecodeseño como motor na ecoinnovación empresarial: valoración estratéxica ambiental, ecobriefing e prototipos. Aplicación a casos reais nos sectores produtivos. Ecoetiquetas como ferramentas de mellora ambiental enfocada ao marketing: Ecoetiqueta europea e Pegada de carbono”.
O programa da materia está dividido en 2 bloques con 5 temas básicos, que se indican a continuación:
Bloque I. Xestión do Ciclo de Vida
Tema 1. Filosofía do Ciclo de Vida. Orixes. Iniciativa do ciclo de vida da UNEP. Fundamentos da xestión do ciclo de vida (LCM). Aplicacións. Economía Circulas. Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. Axenda 2030.
Tema 2. Análise de ciclo de vida. Filosofía do ciclo de vida. Metodoloxía e fases de desenrolo. Aplicación na análise de procesos e produtos. Manexo de software específico. Estudio de casos prácticos
Tema 3. Análise económico e social do ciclo de vida. Fundamentos do custe do ciclo de vida (LCC). Metodoloxía do ACV social (S-LCA). Diagrama da sustentabilidade: Norma ISO 14045. Estudos de casos prácticos.
Bloque II. Transferencia ao sector productivo
Tema 4. Ecodeseño. Definición de ecodeseño e ecoprodutos. Elementos claves para favorecer o ecodeseño. Norma ISO 14006. Ferramentas do ecodeseño. Valorización estratéxica Ambiental. Ecobriefing. Prototipos. Estudo de casos prácticos.
Tema 5. Ecoetiquetado. Definición e tipos de ecoetiquetas. Ecoetiqueta europea. 10 razóns polas que incorporar a pegada de carbono a política e estratexia empresarial. Normas ISO 14064 e 14067, PAS 2050 e GHG Protocol. Elaboración e implementación dunha ecoetiqueta no sector alimentario: Pescaenverde.
Obxectivos específicos (por bloques)
Preséntanse a continuación os contidos detallados de cada bloque, describindo, asemade, os obxectivos que se pretenden acadar en cada un deles.
Bloque I. Xestión do Ciclo de Vida
Este bloque estuda as tres metodoloxías da Xestión do Ciclo de Vida: LCA, LCC e S-LCA, cada unha delas adicadas aos tres eixos da sustentabilidade. No primeiro tema se presentan os aspectos xerais da xestión do ciclo de vida, orixes e fundamentos, definindo un enfoque integral dos procesos produtivos que conduza a unha minimización efectiva dos seus impactos.
A análise de ciclo de vida é unha metodoloxía que se emprega para avaliar as cargas ambientais asociadas a un produto, proceso ou actividade, tendo en conta o seu ciclo completo: “dende o berce ata a cova”. Polo tanto, para unha determinada actividade non só queda circunscrito o problema a “miña” instalación industrial, senón que tamén compre definir cal é a parte alícuota de contaminación de todas as actividades previas e posteriores que o“meu” produto determina. Todo isto é posíbel mediante a identificación e cuantificación das materias primas, a enerxía e os residuos vertidos ó medio asociado. Desta forma, se determina o impacto producido polo emprego desta enerxía, das devanditas materias primas e ás descargas o medio. Esta perspectiva do ciclo de vida tamén se aplica ao análise económico e social (LCC e S-LCA), o que nos permite obter unha medida cuantitativa da sustentabilidade. Asemade abordarase a Norma ISO 14045:2012 para a representación da variable económica e ambiental na procura da eco-eficiencia.
Neste bloque as actividades que desenvolveran os alumnos (de xeito individual e colectivo) na clase inclúen:
• Realización dunha avaliación do inventario de ciclo de vida mediante folla de cálculo.
• Elaboración dunha análise de ciclo de vida empregando un software específico (SimaPro).
Bloque II. Transferencia ao sector productivo
Neste segundo bloque o alumno abordará con detalle dúas das aplicacións máis importantes da filosofía do ciclo de vida dende o punto de vista da súa transferencia ao sector produtivo: Ecodeseño , ecoetiquetado. Estas dúas estratexias de mellora ambiental, económica e social permitín atinxir diferentes certificacións nos produtos que supoñen unha mellora competitiva. O tema de Ecodeseño abordarase mediante o estudo dun caso práctico mediante a metodoloxía do Gamestorming. A tal efecto, a clase funcionará como un único equipo cuxo obxectivo e atinxir un novo produto, actividade que se fará durante as clases presenciais.
Finalmente, o alumnado deberá realizar un traballo de ACV en equipos de 2-4 persoas (durante as horas de traballo persoal da materia). Cada equipo elixirá o produto (ou comparación de produtos) de consumo habitual que desexa avaliar en función das súas inquedanzas na procura da sostenibilidade. Os equipos teñen que obter toda a información necesaria para poder cuantificar os impactos, que a súa vez lles permitan definir a estratexia coa definición e simulación de escenarios innovadores.
Bibliografía básica
- Feijoo, G., Moreira, M.T. Análisis de ciclo de vida y huella de carbono. Casos prácticos. Research Gate, 2020. DOI: 10.13140/RG.2.2.11030.50240/1. Acceso aberto.
Bibliografía complementaria: libros
- Baumann, H., Tillman, A.M. The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application. Lund: Editorial Studentlitteratur, 2004. ISBN: 91-44-02364-2. Sinatura BETSE: A244 15
- Hunkeler, D., Lichtenvort, K., Rebitzer, G. Environmental life cycle costing. Boca Raton: Ed. Taylor & Francis, 2008. ISBN: 978-1-4200-5470-5. Sinatura BUSC: EMC 325
- Leonard, A. La historia de las cosas. Buenos Aires: Ed. Fondo de Cultura Económica, 2010. ISBN: 978-84-375-0650-0. Sinatura BUSC: M-EMA 476
- McDonough, W., Braungart, M. Cradle to cradle : (de la cuna a la cuna): rediseñando la forma en que hacemos las cosas. Madrid: McGraw-Hill, 2005. ISBN: 84-481-4295-0. Sinatura BETSE: A234 14
- Muthu, S.S. Assessment of Carbon Footprint in Different Industrial Sectors. Volume 1 & 2. Berlin: Springer, 2014. ISBN: 978-981-4560-40-5 (Vol. 1) & 978-981-4585-74-3 (Vol. 2). Sinatura BETSE: 244 10
- Reis, D. Product design in the sustainable Era. Madrid: Ed. Taschen, 2010. ISBN: 978-383-6520-94-2. Sinatura BETSE: A132 12
- Rosling, H., Rosling, O, Rosling, A. Factfulness: Diez razones por las que estamos equivocados sobre el mundo. Y por qué las cosas están mejor de los que piensas. Barcelona: Deusto, 2018. ISBN: 978-84-234-2996-7. Sinatura BUSC: S3 396
- UNEP/SETAC Life Cycle Initiative. Guidelines for social life cycle asessment of products. Paris: United Nations Environment Programme, 2009. ISBN: 978-92-807-3021-0. Nota: Libro de libre disposición en http://www.unep.fr/shared/publications/pdf/DTIx1164xPA-guidelines_sLCA…
Bibliografía complementaria: Artigos científicos
O alumno disporá na súa Secretaría Virtual de diversos artigos publicados en revistas científicas internacionais do SCI. Os casos prácticos de estudio formarán parte dos presentados e descritos en profundidade nestes artigos.
Competencias xerais e básicas:
• CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• CG6. Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
• CG8. Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenrolo de solucións de enxeñaría, nun marco novo ou pouco coñecido, relacionado creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
• CG10. Ter capacidade de análise e síntese para o progreso continuo de produtos, procesos, sistemas e servizos empregando criterios de seguridade, viabilidade económica, calidade e xestión medioambiental.
• CG15. Adaptarse aos trocos estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económico, enerxético ou natural da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e aportar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sostenibilidade.
Competencias específicas
• CE2. Ter capacidade autónoma suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñaría Química e de Bioprocesos, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
• CE6. Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización de outros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
Competencias transversais:
• CT1.- Desenrolar capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
• CT2. Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
• CT6.- Compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142203 - Xestión do ciclo de vida de produtos e procesos
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142203 - Xestión do ciclo de vida de produtos e procesos
-
Gumersindo Feijoo Costa
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816776
- Correo electrónico
- gumersindo.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Moreira Vilar
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816792
- Correo electrónico
- maite.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade