- Código
- MP0248
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 6.000,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Juan Blanco Carrion
Antonio Liñares Gonzalez - Contacto
mpilar.batalla [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
María Pilar Batalla Vázquez
mpilar.batalla [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 15/09/2025 - 17/07/2026
Preinscrición: 03/07/2025 - 15/07/2025
Matrícula: 01/09/2025 - 05/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 4
Número alumnos/as máximo: 5
Comentarios: Periodontics Teaching Unit
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Graduados en Odontoloxía Licenciados en Odontoloxía Especialistas en Estomatoloxía
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Curriculum Vitae. Máster de Formación Permanente en Periodoncia da Universidade De Santiago de Compostela. Máster en Ciencias Odontolóxicas ou equivalente. Curso de Formación Continua en Periodoncia da Universidade de Santiago. Coñecementos de inglés e de informática.
Obxectivos
A restitución de dentes perdidos mediante o uso de restauracións implantosoportadas demostrou unha alta taxa de supervivencia a longo prazo. Por isto, cada vez resulta mais frecuente o uso de implantes dentais para substituir dentes ausentes.Na actualidade, calcúlase que se colocan aproximadamente un millón e medio de implantes ó ano en España.
Por outra banda, en estudos recentes demostrouse a alta prevalencia de mucosite (20%) e periimplantite (27%) a nivel
de implante dun 27% e dun 24%, respectivamente, a nivel de paciente.
A prevención desta tasa tan alta de complicacións dos implantes dentais depende dunha formación especializada. A correcta utilización das técnicas cirúrxicas periodontais, así como coñecementos avanzados sobre periodoncia garantirán ós nosos estudantes a prevención e o correcto tratamento dos problemas periimplantarios.
Ademais, é necesario formar ao alumno no manexo dos tecidos brandos aplicados á cirurxía con implantes (colgallos desprazados, enxertos libres de encía, enxertos de tecido conectivo, etc), técnicas todas elas que derivan do coñecemento e manexo da cirurxía plástica periodontal.
Competencias
Administrar anestesia local. Diagnosticar anomalías dentais. Avaliar as necesidades terapéuticas do paciente. Interpretar imaxes médicas. Adaptarse a materiais de novo deseño.Avaliación
Exame teórico e práctico. Preparación e presentación de casos clínicos. Traballos de investigación e revisións bibliográficas.Tratamento dun mínimo de 10 pacientes ó longo do curso e ó remate do máster, mínimo 10 en mantemento. Exame final con evaluadores externos e da USC.
Titorías
Debido á importante carga de traballo persoal do alumno, haberá sempre ó seu dispor de luns a venres algún dos profesores do máster, no despacho de Periodoncia ou ben na área de clínica.
De luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Topografía Superficial dos Implantes de Titanio. | 6.0 |
2 | Rexeneración ósea. | 6.0 |
3 | Principios sobre a Colocación de Implantes. | 6.0 |
4 | Mucosite e Periimplantite. | 6.0 |
5 | Prácticas Tuteladas en Empresas. | 6.0 |
6 | Mantemento do Paciente Implantado. | 3.0 |
7 | Inserción Transmucosa. | 6.0 |
8 | Implantes Utilizados para Anclaxe Ortodóncico. | 6.0 |
9 | Implantes no Sector Posterior. | 6.0 |
10 | Oseointegración: Conceptos Actuais. | 3.0 |
11 | Implantes na Zona Estética. | 6.0 |