Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/as deberán ser capaces de:
1.- Integrar, mediante o uso adecuado da lingua, a sensibilidade intercultural e multidisciplinar ante manifestacións e eventos culturais.
2.- Valorar o potencial cultural obxecto de xestión e as súas repercusións sociais na contorna francófona.
3.- Construir, a partir de casos prácticos, discursos -escritos e orais- para a xestión cultural en lingua francesa.
4.- Manexar ferramentas, vinculadas ás TIC e outros recursos dixitais, para a aprendizaxe autónoma e a intervención cultural en lingua francesa.
5.- Acadar ao final da formación unha competencia básica en francés (nivel A2 do MCERL) para desenvolverse en situacións específicas, relacionadas con contextos profesionais de xestión cultural.
Os contidos específicos da materia terán que ver coa difusión da lingua e a cultura francesas no mundo a través de:
- as instituciones administrativas e políticas
- as acreditacións lingüísticas (DELF, DALF, ..)
- os centros educativos (Alianzas francesas, Cavilam...)
- os eventos culturais (O Día da música, ...)
- as artes (cine, libros, música...)
- os creadores (escritores, artistas, músicos ...)
Estes contidos ofrecerán, sempre que se poida, o vocabulario e as regras básicas da lingua francesa utilizados nos distintos aspectos relacionados co sector cultural e estarán orientados á adquisición de competencias comunicativas escritas e orais en francés en contextos de índole cultural, mediante a análise de casos prácticos que sirvan de modelo a diferentes escenarios de xestión cultural.
- Ministère de L'Europe et des Affaires Étrangères (Francia diplomacia): https://www.diplomatie.gouv.fr/es/politica-exterior/francofonia-y-lengu…
- Ministerio Francés de Asuntos Exteriores y Desarrollo Internacional: Promover la lengua francesa en el mundo (PDF): https://silo.tips/download/promover-la-lengua-francesa-en-el-mundo
- Institut Français/Nuestras acctiones/La difusión y el aprendizaje de la lengua francesa: https://www.if.institutfrancais.com/es/action/apoyar-la-difusion-y-el-a…
- Le vocabulaire de l'Art: https://www.lepointdufle.net/p/art.htm#
- Le vocabulaire du dessin et de la peinture: https://allofle.com/le-vocabulaire-du-dessin-et-de-la-peinture-debutant…
Para a aprendizaxe de léxico francés en xeral e máis das regras básicas de gramática da lingua francesa, calquera método ou recurso que teñan os/as alumnos/as a man será valido. Aínda así, podemos recomendar:
Gaël Crépieux, Lucie Mensdorff-Pouilly et Caroline Sperand (2017): Vocabulaire essentiel du français. A1-A2. Paris : Didier.
Grégoire, Maïa (2017): Grammaire progressive du français. Intermédiaire A2 B1. Paris : Cle Internacional.
Con07: Coñecer a norma e uso coherente e adecuado dunha lingua estranxeira, tanto de forma oral como escrita.
Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das lenguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles
Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta.
- Clase maxistral: Exposición e explicación por parte dos/as docentes dos principais contidos da asinatura
- Presentación en aula (dun proxecto, exercicio etc.): Exposición en aula por parte do alumnado dos resultados do seu traballo autónomo que permite o desenvolvemento de competencias de comunicación oral e de uso das TIC
- Estudos de casos: Achegamento empírico a un fenómeno ou feito relevante que implica unha aproximación contextualizada a datos reais
- Debate: Interacción dialéctica moderada polos/as docentes que favorece o desenvolvemento do xuizo crítico e das habilidades de comunicación persuasiva
1ª oportunidade
Asistencia e participación na aula: 20%
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións etc.): 40%
Exame final: 40%
A nota final será a suma de cada unha das 3 partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
Para o alumnado que teña autorizada a despensa de asistencia á clase pola Xunta de Facultade, os criterios de avaliación serán:
- un traballo orixinal sobre un tema do programa: 40%
- o examen final: 60%
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
2ª oportunidade:
O/a alumno/a terá que presentarse ás probas que teña suspensas na 1ª oportunidade (avaliación continua ou/e exame final). Manterase a nota correspondente á asistencia e participación na aula, así como a das actividades de avaliación continua superadas na 1ª oportunidade. Se algunha destas non alcanzan a nota media, o alumno poderá realizar un traballo aparte en compensación.
A nota final será a suma de cada unha das partes e será positiva sempre e cando cada proba á que se presente o alumnado teña superada a media.
Dispensa de asistencia:
O alumnado que teña concedida polo decanato a DISPENSA de ASISTENCIA a clases tamén será avaliado de forma continua e con exame final. O 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 40% procederá da nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
Para os repetidores:
Poderán ser exentos de utililizar a sala virtual. Para as 1ª e 2ª oportunidades, os criterios serán os mesmos:
- Entrega de traballos varios : 40%
- Exame final escrito e oral obrigatorio: 60%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións.
Docencia expositiva: 24h
Docencia interactiva / seminario: 24h
Titorización individual do alumnado: 3h
Exame final: máx. 4h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 95h
Seguimento das aulas e traballo persoal do/a estudante.
Utilizarase nas clases a lingua francesa, sempre que se poida.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Maria Isabel Gonzalez Rey
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pauline Mauricette Christiane Blatt
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- paulinem.blatt [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | CLIS_01 | Francés | Aula 14 |
21.05.2025 16:00-18:30 | CLE_01 | Aula 15 |
23.06.2025 16:00-18:00 | CLE_01 | Aula 13 |