Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Historia
Áreas: Filoloxía Latina, Ciencias e Técnicas Historiográficas
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia poden resumirse nos seguintes:
- coñecer e practicar os principios de deseño e planificación dos arquivos e bibliotecas.
- asumir e por en práctica as técnicas de xestión dos recursos materiais e humáns en arquivos e bibliotecas.
- coñecer e empregar as técnicas máis axeitadas para garantir a calidade dos servizos en arquivos e bibliotecas.
-identificar aos distintos tipos de usuarios e as súas demandas.
- aprender a deseñar e planificar actividades relacionadas coa función social e cultural de arquivos e bibliotecas e as técnicas de marketing neles.
BLOQUE I: As funcións dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 1: As funcións dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 2: A planificación, organización e a xestión dos arquivos e as bibliotecas.
BLOQUE II: Os usuarios de arquivos e bibliotecas.
Tema 3: A tipoloxía dos usuarios e as súas demandas.
BLOQUE III: A dimensión social e cultural dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 4: A imaxe social dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 5: O marqueting aplicado aos arquivos e bibliotecas.
Tema 6: O servizo educativo dos arquivos e bibliotecas.
Tema 7: A organización de exposicións.
Tema 8: Historia, cidadáns e turismo cultural.
Tema 9: A difusión das actividades.
- Aguinagalde, F. Borja de: “El archivero municipal como agente cultural. Reflexiones en torno a una problemática”, VIII Jornadas de Archivos Municipales. Getafe: Ayuntamiento, 1991, pp. 113-115
- Albà i Espinet, Marta: “Los documentos de archivo. Propuestas de difusión”, Archivos, ciudadanos y cultura. Toledo: Anabad Castilla-La Mancha, 1999, pp. 61-72
- Alberch i Fugueras, Ramon: “El marcho de la función cultural en los archivos municipales”, XII Jornadas de Archivos Municipales: el archivo en el entorno cultural. Coslada, 1998, pp. 31-35
- Almuiña, A.: “Exposiciones en la biblioteca”, Educación y biblioteca, n. 114, 2000, pp. 48-49
- Archivos y cultura: manual de dinamización. Ramón Alberch et alii. Gijón: Trea, 2001
- Bel Mallén, J. L.: Comunicar para crear valor. Pamplona: Eunsa, 2004
- Belcher, Michel: Organización y diseño de exposiciones: su relación con el museo. Gijón: Trea, 1991
- Bellido Gant, M. L. (dir.): Difusión del patrimonio cultural y nuevas tecnologías. Sevilla: Universidad Internacional de Andalucía, 2008
- Caravia Nogueras, Santiago: La biblioteca y su organización. Gijón: Trea, 2009
- Cerdá Díaz, Julio: “Desarrollo de presentaciones multimedia en archivos. Un nuevo recurso didáctico”, Congreso Internacional sobre Sistemas de Información Histórica. Victoria-Gasteiz: Juntas Generales de Álava, 1997, pp. 437-447
- Cerdá Díaz, Julio: “Los espacios de la memoria: claves para aprender desde el archivo”, Estrategias y modelos para enseñar a usar la información: guía para docentes, bibliotecarios y archiveros. Murcia: KR, 2000, pp. 133-168
- Cerdá Díaz, Julio: “Las exposiciones documentales. Técnicas y tendencias”, Tabula: revista de archivos de Castilla y León, n. 11, 2008, pp. 359-384
- Colbert, François y Cuadrado, Manuel (eds.): Márketing de las artes y la cultura. Barcelona: Ariel Patrimonio, 2009
- Cruces Blanco, Ester: “El archivo como servicio público para la información, la investigación y la educación”, Difusión del patrimonio histórico. Sevilla: Consejería de Cultura, 1996, pp. 132-141
- Darton, R.: Las razones del libro: futuro, presente y pasado. Madrid: Trama, 2010
- Espert Moreno, L.; Rodrigo Fuentes, V. y Ruiz Ruiz, Y.: “Exposiciones en y desde la biblioteca: claves y estrategias para la difusión y puesta en valor del patrimonio bibliográfico”, Aunando personas, uniendo caminos. Jaén: Diputación Provincial, 2014, pp. 205-212
- Fuentes Romero, Juan José: Planificación de centros documentarios. Organización y funcionamiento de bibliotecas, centros de documentación y centros de información. Gijón: Trea, 2007
- Galindo Lizaldre, Belén; Arana Palacios, Jesús: Leer y conversar: una introducción a los clubes de lectura. Gijón: Trea, 2009
- Hernández Olivera, Luis (ed.): Exponer documentos: diseño y producción de muestras documentales. Salamanca: ACAL, 2010
- Ruiz Ruiz, Yolanda; Rodrigo Fuentes, Victoria: De tesoros a bienes patrimoniales: la difusión del patrimonio bibliográfico. Gijón: Trea, 2019
- Samek, Toni: Biblioteconomía y derechos humanos: una guía para el siglo XXI. Gijón: Trea, 2008
• Con10: Comprender os fundamentos das producións culturais como industria e o seu marco lexislativo.
• Con13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen os novos entornos dixitais para a reinterpretación e revalorización da experiencia cultural.
• H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
• Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
• Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades formativas como de exercicio profesional.
• Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
Neste apartado cómpre sinalar o seguinte:
- haberá 14 horas de docencia presencial. Esta hora semanal de clases presenciais poderá seguirse na aula fixada para tal fin nos horarios oficiais dentro da Facultade de Humanidades ou ben mediante a conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MS Teams) que se empregrá para compartir a sesión docente.
- todos os materiais e recursos empregados nas sesións presenciais poñeranse a disposición do alumnado na aula virtual da materia.
- asimesmo programaranse outras 12 horas de titorías en grupo reducido co obxecto de dar orientacións teórico-metodolóxicas e resolver dúbidas. Estas 12 sesións planificaranse en 12 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado.
- nestas sesións de titorías en grupo reducido empregarase a tecnoloxía de streaming (MS Teams).
- o docente atenderá axeitadamente as consultas realizadas polo/a alumno/a mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando non se atope disfrutando dalgún permiso.
- finalmente o docente calificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
Polo que se refire á metodoloxía do ensino, esta materia para a súa impartición combinará unha serie de recursos dos cales destacaremos os seguintes:
a) As leccións maxistrais cuxa finalidade é a de dotar ao alumnado dos contidos teóricos da materia e que resultan fundamentais para a realización das actividades prácticas. Para iso recurrirase ao emprego de diversos materiais como recursos dixitais, esquemas, ppt, documentos bibliográficos etc.
b) A lectura, análise e comentario crítico de certos artigos cos que fortalecer os contidos impartidos na aula.
c) A confección de traballos individuais ou en grupo sobre determinados aspectos tratados na materia e que requiran da búsqueda, selección e contraste de información.
d) A realización de pequenos proxectos, estudos de casos ou resolución de problemas para a súa exposición e posterior debate na aula.
e) A realización de actividades prácticas en arquivos e bibliotecas.
f) E, finalmente, empregarase a aula virtual como unha ferramenta auxiliar para a docencia e á que se subirán os contidos, materiais empregados na docencia e actividades a realizar en cada caso.
O sistema de avaliación da aprendizaxe desta materia contempla os seguintes criterios:
- A asistencia e participación na aula virtual equivalerá a un 20% da cualificación final.
- As actividades de avaliación continua tales como traballos, exposicións equivalerán a un 40% da cualificación final.
- O exame equivalerá a un 40% da cualificación final.
Con respecto ao sistema de avaliación cómpre facer unha serie de precisións:
- Para a valoración da asistencia e participación na aula virtual tomaranse como referencia as notas do docente sobre o grao de satisfacción coas respostas do alumno e o seu grao de participación nas cuestións plantexadas.
- Para a superación da avaliación continua baseada en traballos, exposicións etc. será preciso que o alumno realice correctamente e entregue o 75% das actividades que se plantexen ao longo desta materia.
- O exame constará de dúas partes claramente diferenciadas: unha parte teórica en forma de preguntas sobre diversos conceptos da materia e unha parte práctica que será a máis valorada e na que se plantexará ao alumnado un caso práctico, parecido a algún dos vistos na clase o aos resoltos nas tarefas de avaliación continua.
- Estes criterios de avaliación serán os que se terán en conta tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
- Para aqueles/as alumnos/as con dispensa de asistencia á clase o único criterio de avaliación será o exame.
En canto ao plaxio e ao emprego indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe adicar un estudante para superar esta materia é o seguinte:
- presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 horas e, polo tanto, o 100% da presencialidade.
- titorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos: 12 horas e, polo tanto, o 100% da presencialidade.
- exame presencial: 4 horas e, polo tanto, o 100% da presencialidade.
- traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 horas.
As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- uso regular do campus virtyual pois a través do mesmo facilitaranse os materiais desta materia.
- asistencia continua ás clases para familiarzarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución dos exercicios. Esta asistencia contabilizarase mediante unha folla de control de asistencia.
- repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas.
- participación voluntaria e activa.
- o docente levará un control exhaustivo das intervencións de cada alumno/a, anotando a data de intervención e o grao de satisfacción na resolución da actividade plantexada.
- tanto o repaso da teoría como a elaboración dos exercicios resultan fundamentais para a superación da materia.
- recurrir ás titorías sempre que existan dúbidas a fin de resolvelas.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada "Dinamización cultural de arquivos e bibliotecas", é unha materia de carácter optativo e implementada no segundo semestre do terceiro curso do Grao en Xestión Cultural e que se imparte na Facultade de Humanidades da USC, situada no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 6 ECTS.
A docencia desta materia será impartida polo profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, docente do Departamento de Historia, Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego, sen desbotar tampouco o emprego do castelán cando as circunstancias así o aconsellen.
O horario de titorías será os martes de 11:00h a 13:00h e os xoves de 11:00h a 12:00h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o/a alumno/a se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita.
Dado o escaso espazo para a bibliografía básica e complementaria, sempre e cando se considere convinte o docente facilitará ao alumnado unha selección bibliográfica para cada tema do programa.
Nesta materia está prevista a realización de prácticas de campo mediante a visita dalgún arquivo ou biblioteca.
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Maria Anguita Jaen
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- josem.anguita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
02.06.2025 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |