Servizos de investigación en sistemas estruturados con periodicidades de curto ata longo alcance (0.5-1000 Angstroms). Disponse de capacidade experimental para realizar estudos de monocristal (determinación da estrutura cristalina e molecular), po cristalino (análises de fases, alta resolución, cristalinidade), dispersión e difracción a baixo e medio ángulo (SAXS e WAXS), reflectometría (XRR).
O acceso aos equipamentos está restrinxido ao persoal técnico da Unidade de Raios X, agás naqueles casos dos usuarios que acrediten unha axeitada experiencia no seu manexo e no do hardware e software necesario. Ofrécense cursos de capacitación de usuarios para as diferentes técnicas presentes.
As mostras deben facerse chegar á sede da Unidade de Raios X e deberán ir acompañadas dun impreso-formulario onde se reflectirán os datos mínimos necesarios para comezar a toma de datos.
Antes de proceder á toma de datos, o persoal técnico da Unidade realizará unha inspección das mostras para determinar se son axeitadas.
Unidade de Raios X
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 223