Skip to main content
  • Estudar

Summer Undergraduate Fellowship Program

Summer Undergraduate Fellowship Program. O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de novembro de 2025.
Summer Undergraduate Fellowship Program
A Fundación Barrié convoca 15 bolsas de investigación internacional durante o verán para estudantado universitario galego de Ciencias da Vida.

A Fundación Barrié convoca o 2026 Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de estadías de investigación internacional durante o verán dirixido a estudantado universitario galego na área das Ciencias da Vida.

O obxectivo deste programa e achegar a investigación biomédica ao estudantado universitario galego, coa finalidade de que podan adquirir experiencia nun laboratorio internacional e orientar a súa carreira profesional.

A convocatoria ten por obxecto a concesión de 15 bolsas para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas, entre o 22 de xuño e o 21 de agosto de 2026, nos seguintes centros:

  • University College London, División de Medicina (Reino Unido)

  • University College London, División de Infecciones e Inmunidad (Reino Unido)

  • Louisiana State University Health Sciences Center, Departamento de Microbiología e Inmunología (Estados Unidos)

  • Massachusetts General Hospital, Departamento de Neurología (Estados Unidos)

  • Michigan State University, Facultad de Veterinaria (Estados Unidos)

O estudantado seleccionado recibirá o apoio económico necesario para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención, e unha preparación excelente no campo da investigación biomédica.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de novembro de 2025.

Máis información: https://fundacionbarrie.org/becas-verano

The contents of this page were updated on 10.29.2025.