Summer Undergraduate Fellowship Program
A Fundación Barrié convoca o 2026 Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de estadías de investigación internacional durante o verán dirixido a estudantado universitario galego na área das Ciencias da Vida.
O obxectivo deste programa e achegar a investigación biomédica ao estudantado universitario galego, coa finalidade de que podan adquirir experiencia nun laboratorio internacional e orientar a súa carreira profesional.
A convocatoria ten por obxecto a concesión de 15 bolsas para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas, entre o 22 de xuño e o 21 de agosto de 2026, nos seguintes centros:
-
University College London, División de Medicina (Reino Unido)
-
University College London, División de Infecciones e Inmunidad (Reino Unido)
-
Louisiana State University Health Sciences Center, Departamento de Microbiología e Inmunología (Estados Unidos)
-
Massachusetts General Hospital, Departamento de Neurología (Estados Unidos)
-
Michigan State University, Facultad de Veterinaria (Estados Unidos)
O estudantado seleccionado recibirá o apoio económico necesario para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención, e unha preparación excelente no campo da investigación biomédica.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de novembro de 2025.
Máis información: https://fundacionbarrie.org/becas-verano