Skip to main content

Conferencia 'Control externo do Sector Público'

02.24.2025 | 17.00h

Salón de Graos Luís Suárez-Llanos

Por Anxo Calvo Silvosa, conselleiro da Área Institucional do Consello de Contas de Galicia

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O conselleiro responsable da Área Institucional do Consello de Contas de Galicia, Anxo Calvo Silvosa, imparte o luns 24 unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na que falará sobre o control externo do sector público. Organiza o evento a materia Xestión e Gobernanza Pública.

A conferencia, ás 17.00 horas Salón de Graos Luís Suárez-Llanos, insírese nas actividades organizadas pola Facultade para acercar o estudantado ao funcionamento real da economía e das institucións reguladoras. Aberta a todo o público interesado, diríxese especialmente ao estudantado da materia de cuarto curso do grao en Economía, Xestión e Gobernanza Pública.

 

cartaz da conferencia
cartaz da conferencia
The contents of this page were updated on 02.21.2025.