María Jesús Giráldez, nova coordinadora do Colexio de Decanos/as e Directores/as de centros da USC
A nova responsable deste colectivo reuniuse co reitor Antonio López para abordar cuestións comúns á xestión de todas as Facultades e Escolas
Leer másBota a andar Orbital, a rede que afonda nas tecnoloxías innovadoras para enfermidades do segmento posterior do ollo
A xuntanza que comeza este martes organizada por membros do grupo I+DFarma, coordinados por Carmen Álvarez Lorenzo, acollerá a máis de 50 investigadores de universidades, centros de investigación e empresas de Europa, Estados Unidos e Canadá
Leer másBota a andar a convocatoria 2022 dos Esenciais
Estas publicacións constitúen un resumo executivo do curso con información veraz e contrastada fronte a fontes dixitais non verificadas e servirán para mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico na Universidade
Leer másO alumnado de grao e mestrado na USC poderá optar a desenvolver prácticas na Deputación Provincial de Lugo
O reitor Antonio López e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinan en Lugo un novo convenio que amplía a todo o estudantado da USC a posibilidade de completar prácticas curriculares ou complementarias en calquera dos servizos da institución provincial, e axiliza a xestión e tramitación das solicitudes
Leer másPublicadas as proclamacións definitivas de reitor electo, representantes no Claustro Universitario e de estudantes nas Xuntas de Centro
O catedrático da USC Antonio López tomará posesión do seu cargo nun acto institucional que se celebrará o vindeiro 22 de marzo
Leer másTres científicas da USC liderarán proxectos JIN dirixidos a persoal investigador novel
Letricia Barbosa-Pereira, Maria João Correia Pinto Carvalho de Matos e Mar Quiñones coordinarán cadansúa investigación ao abeiro desta convocatoria de ‘Proxectos de I+D+i’ da Axencia Estatal de Investigación
Leer másConvocados os XVIII Premios á calidade lingüística en galego
O certame abrangue traballos académicos, traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de mestrado (TFM) de alumnado matriculado en titulacións oficiais no curso 2021-2022
Leer másAntonio López, reelixido reitor da USC
O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, candidato único nestes comicios, obtivo 1.636 votos
Leer másAs persoas maiores de 40 anos con experiencia profesional ou laboral poderán solicitar o acceso a grao ata o 28 de febreiro
Como requisito, as persoas interesadas non poderán posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso
Leer másAberto o prazo para a presentación de recursos contra a proclamación provisional de candidaturas
Esta fase do proceso das eleccións a reitor/a, representantes no Claustro e estudantes nas Xuntas de Centro estenderase ata o vindeiro mércores 9 de febreiro
Leer másDous investigadores e unha alumna da USC, premiados pola Real Academia de Farmacia de Galicia
Os investigadores da USC María Vivero López e Rubén Varela Fernández foron recoñecidos na categoría destinada a investigadores/as menores de 35 anos, mentres que Iria Carro Méndez foi distinguida ao posuír o mellor expediente académico que finalizou os seus estudos do grao en Farmacia o pasado curso na institución compostelá
Leer másBota a andar unha nova edición do curso de Habilidades comunicativas
Esta actividade formativa terá lugar ao longo deste segundo cuadrimestre do curso 2021-22 e está estruturada en tres módulos que abordarán a redacción científica, falar en público e como desenvolver presentacións dixitais eficientes
Leer másCrean un método de impresión 3D que utiliza a pantalla dun smartphone para producir medicamentos
A investigación liderada dende a USC e a University College of London abre a porta a que no futuro poidan imprimirse fármacos dende os propios fogares dos pacientes
Leer másMantense a presencialidade para o período de exames e probas
Ante calquera circunstancia acreditada relacionada coa COVID-19 que impida a asistencia a un exame ou proba oficial, é preciso poñerse en contacto coa Oficina COVID da USC no 881 811 111 ou no correo electrónico info.coronavirus@usc.gal
Leer más