Premio extraordinario de doutoramento 22-23
Logo da estimación do recurso de alzada interposto contra o procedemento, procedeuse á publicación no taboleiro electrónico oficial da USC do Anexo II definitivo de teses candidatas a premio extraordinario na convocatoria 2022/23.
Esta publicación dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes a premio extraordinario de dez días hábiles, que abranguerá dende o día 16 de setembro ata o 27 de setembro, ambos incluídos.
Poden presentar a súa solicitude todas as persoas candidatas a premio extraordinario que aparezan reflectidas no Anexo II publicado, tanto as que non o fixeron no prazo anterior, coma as que si presentaron a súa solicitude. Para estas últimas, cómpre lembrar que só se terá en conta a última solicitude presentada, de xeito que se desexan presentar unha nova solicitude anularase a anterior.
O procedemento de presentación mantense idéntico, coa única variación dos prazos nos que estará aberto o formulario de sede electrónica.
De acordo coa Normativa de Concesión do Premio Extraordinario e co Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, convócanse os premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2022-23.
Calquera dúbida ou consulta sobre o procedemento débese realizar por correo electrónico, indicando a grande área de coñecemento correspondente ao enderezo da EDIUS edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es).
No Taboleiro electrónico da USC pódese atopar a normativa pola que se rexe a concesión dos premios neste ano, e a convocatoria cos seus anexos: o Anexo I coa distribución de subáreas; o Anexo II coas teses que optan ao premio; e Anexo III cos criterios de valoración das solicitudes.
O procedemento iníciase cun prazo de alegacións á listaxe de teses candidatas a premio (Anexo II) e aos datos consignados nesa lista, previo ao prazo de presentación de solicitudes. Tanto as alegacións como as solicitudes realizaranse a través dun formulario habilitado en Sede electrónica da USC. No caso das solicitudes, ademáis, cada persoa candidata deberá cubrir o Modelo de solicitude e subilo ao formulario de sede xunto coa documentación xustificativa de cada mérito.
- Prazo de presentación de alegacións ao Anexo II (Teses candidatas): 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria e os seus anexos no Taboleiro oficial. Do 8 ao 12 de xullo de 2024.
Formulario en Sede para presentar alegacións á listaxe de teses candidatas (Anexo II) dos premios extraordinarios de doutoramento 2022-2023.
- Prazo de presentación de solicitudes ao Premio Extraordinario: o prazo para que os e as candidatos/as presenten a súa solicitude dará comezo unha vez que, estimadas as alegacións que procedan, publíquese, de ser o caso, un novo Anexo II. Desde o día seguinte ao da publicación deste novo Anexo II as persoas interesadas contarán con dez días hábiles para presentar a súa solicitude. Do 16 ao 30 de xullo de 2024.
Documentación da convocatoria
- Normativa
- Convocatoria
- Nomeamento das comisións avaliadoras dos Premios Extraordinarios
- Solicitudes presentadas ao Premio Extraordinario 2022/23
Nota aclaratoria sobre a presentación de méritos na categoría Fomento da investigación en lingua galega
Se un dos méritos que queredes que se teña en conta é redacción de tese en lingua galega, deberedes seleccionar o ítem Redación da tese en galego e, se queredes engadir outros dous méritos adicionais, indicade referencia deles no cadro de texto e engadide un único PDF con ditos méritos.
No caso de que a redacción da vosa tese non sexa en galego, podedes elixir calquera das outras 3 opcións (Actividades de divulgación científica en galego, Comunicacións científicas en galego ou Outras actividades relacionadas coa tese en galego), describide no cadro de texto cales son os méritos (ata 3), e incorporádeos nun único PDF.