Premio extraordinario de doutoramento 22-23
Tras a resolución das alegacións recibidas á listaxe provisoria por parte das catro comisións de avaliación, publícase a listaxe definitiva de concesión do premio extraordinario 2022/23. Así mesmo, os informes das catro comisións de avaliación que conteñen a resolución das devanditas alegacións publícanse nesta mesma páxina, na sección de documentación do procedemento.
As persoas interesadas recibirán unha mensaxe de correo electrónico no enderezo de correo electrónico que indicaron no formulario de solicitude coa ligazón de acceso ás puntuacións obtidas tras a valoración das comisións.
De acordo coa Normativa de Concesión do Premio Extraordinario e co Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, convócanse os premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2022-23.
Calquera dúbida ou consulta sobre o procedemento débese realizar por correo electrónico, indicando a grande área de coñecemento correspondente ao enderezo da EDIUS edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es).
No Taboleiro electrónico da USC pódese atopar a normativa pola que se rexe a concesión dos premios neste ano, e a convocatoria cos seus anexos: o Anexo I coa distribución de subáreas; o Anexo II coas teses que optan ao premio; e Anexo III cos criterios de valoración das solicitudes.
O procedemento iníciase cun prazo de alegacións á listaxe de teses candidatas a premio (Anexo II) e aos datos consignados nesa lista, previo ao prazo de presentación de solicitudes. Tanto as alegacións como as solicitudes realizaranse a través dun formulario habilitado en Sede electrónica da USC. No caso das solicitudes, ademáis, cada persoa candidata deberá cubrir o Modelo de solicitude e subilo ao formulario de sede xunto coa documentación xustificativa de cada mérito.
- Prazo de presentación de alegacións ao Anexo II (Teses candidatas): 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria e os seus anexos no Taboleiro oficial. Do 8 ao 12 de xullo de 2024.
Formulario en Sede para presentar alegacións á listaxe de teses candidatas (Anexo II) dos premios extraordinarios de doutoramento 2022-2023.
- Prazo de presentación de solicitudes ao Premio Extraordinario: o prazo para que os e as candidatos/as presenten a súa solicitude dará comezo unha vez que, estimadas as alegacións que procedan, publíquese, de ser o caso, un novo Anexo II. Desde o día seguinte ao da publicación deste novo Anexo II as persoas interesadas contarán con dez días hábiles para presentar a súa solicitude. Do 16 ao 30 de xullo de 2024.
Documentación da convocatoria