Calendario
Prazos para solicitude de prórrogas
Do 15 ao 30 de novembro de 2023, para aqueles alumnos que teñan a data límite para o depósito da tese comprendida no prazo que vai do 1 de febreiro ata o 31 de agosto de 2024.
Do 21 de xuño ao 5 de xullo de 2024, para aqueles alumnos que teñan a data límite para o depósito da tese comprendida no prazo que vai do 1 de setembro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025.
Do 15 de novembro ao 2 de decembro de 2024, para aqueles alumnos que teñan a data límite para o depósito da tese comprendida no prazo que vai do 1 de febreiro ata o 31 de agosto de 2025.
Do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2025, para aqueles alumnos que teñan a data límite para o depósito da tese comprendida no prazo que vai do 1 de setembro de 2025 ata o 31 de xaneiro de 2026.
Calendario plan de investigación e informe anual curso 2024-2025
Doutorandos/as continuación | Doutorandos/as inicio matrícula en 1ª convocatoria |
Doutorandos/as inicio matrícula en 2ª convocatoria |
|
---|---|---|---|
Doutorando/a: Entrega do PI | - | 8 abril | 31 xullo |
Doutorando/a: subir pola súa SV actividades curso 2024/25 | 30 xuño | 30 xuño | 30 xuño |
Avaliación anual | Según datas indicadas por cada programa e sempre antes do 30 de setembro | Según datas indicadas por cada programa e sempre antes do 30 de setembro | Según datas indicadas por cada programa e sempre antes do 30 de setembro |
Doutorando/a: alegacións informe desfavorable | 10 días hábiles | 10 días hábiles | 10 días hábiles |
Períodos non lectivos
Serán periodos non lectivos o mes de agosto, os días festivos e outros períodos de interrupción da actividade académica.
Os períodos de interrupción da actividade académica serán:
- Desde o 21 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025 (ambos os dous incluídos)
- O luns e martes de Entroido (3 e 4 de marzo de 2025)
- A Semana Santa (desde o 14 ata o 18 de abril de 2025, ambos incluídos)
Terán carácter non lectivo o 6 de setembro de 2024, día de apertura oficial do curso académico 2024-2025, o venres 27 de xaneiro de 2025, día da festividade de San Tomé de Aquino, e os días declarados festivos polo Estado, a Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os correspondentes ás festas locais.
Non afectan
Aos prazos máximos para a presentación a trámite da tese por parte do doutorando. A data límite será a indicada no expediente con independencia de se é lectivo ou non.
Afectan
Á exposición pública da tese así como á data do acto de defensa da tese.