A EDIUS ofrece información sobre convocatorias de bolsas, axudas, congresos, seminarios e outras informacións de interese para os doutorandos e as doutorandas, e encárgase da xestión das cotutelas internacionais con outras universidades.
Convocatorias e axudas
Convocatoria de axudas "César Oro e José García Oro" para doutorandos/as
Convocatoria de axudas “José Otero-Carmela Martínez” para doutorandos/as da USC 24/25
Premio extraordinario doutoramento 22-23
3ª edición do Three Minute Thesis (3MT®)
XI Encontro da Mocidade Investigadora
Axudas para completar a formación predoutoral 2024
Premio Extraordinario doutoramento 21-22
Axudas para o desenvolvemento de teses de doutoramento industrial
Xunta de Galicia (GAIN)
Prazo de solicitudes: ata o 18 d setembro
Convocatoria Erasmus KA171 para doutorandos/as
Para estadías de doutoramento nas universidades socias do Programa Erasmus+ KA171 de fóra da Unión Europea.
Prazo de solicitude: aberto ata fin de prazas.
Programa ICARUS
AVTE da USC
Prazo de solicitudes: ata o 26 de maio
Axudas de apoio á etapa predoutoral
SUG da Xunta de Galicia
Prazo de solicitudes: do 28/01/2021 ao 01/03/2021
Axudas para contratos para a formación de investigadores en empresas (Doutoramentos Industriais)
Ministerio de Ciencia e Innovación
Prazo de solicitudes: do 3/02/22 ao 24/02/22
Convocatoria de contratos predoutorais
USC
Prazo de solicitudes: do 03/01/2022 ata o 31/01/2022
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
USC
Servizo de apoio, asesoramento e asistencia técnica aos órganos de goberno da USC para a implementación e mantemento de bolsas e axudas ao estudantado.
Erasmus+ para estudos de doutoramento (2021-22)
USC
Prazo de solicitudes: Ata a fin de fondos e en ningún
caso máis alá do 30/6/2022
Axudas para teses en galego
USC (Servizo de Normalización Lingüística)
Asesoramento lingüístico e terminolóxico. Apoio para defensa oral con presentacións dixitais. Axudas económicas.
Prazo de solicitudes: ata o 30/09/2022
Programa de axudas propias
USC
Este programa busca achegar financiamiento aos investigadores/as para a realización de actividades relacionadas coa súa investigación
II Convocatoria de axudas “José Otero-Carmela Martínez” para doutorandos/as da USC
Prazo de presentación de solicitudes será desde o día 3 ata o 31 de xullo
Convocatoria Doutoramento Industrial GAIN 2022
Xunta de Galicia
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 4 de novembro de 2022
Programa de axudas para a formación de profesorado universitario (FPU)
Ministerio de Universidades
Prazo de solicitudes: do 22/11/2021 ao 27/12/2021
Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores 2021
Ministerio de Ciencia e Innovación
Prazo de solicitudes: do 28/10/2021 ao 11/11/2021
Programa IACOBUS
Programa para fomentar a cooperación e o intercambio na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal entre profesores, investigadores e PAS. Ofrece bolsas para estadías e axudas para a redacción de papers.
Fundación Carolina
Oferta bolsas de doutoramento para que docentes de universidades de América Latina asociadas coa Fundación Carolina obteñan o título de doutor; e bolsas de estadías curtas posdoutorais para que profesores destes centros poidan completar a súa formación.
Fundación Iberdrola
A Fundación Iberdrola España ten un programa de Axudas á Investigación dirixido a mozos investigadores que estean a desenvolver ou desexen realizar o seu traballo nos sectores da enerxía, a sustentabilidade e o medio ambiente nunha universidade ou centro de investigación español.
Convocatoria de bolsas da Fundación ONCE
As bolsas da Fundación ONCE “Oportunidad al talento” están destinadas a promover a carreira académica e investigadora dos estudantes universitarios con discapacidade.
Santander Investigación
Programa de bolsas «Becas Iberoamérica. Santander Investigación» para reforzar a mobilidade e intercambio de profesores e investigadores e alumnos de doutoramento entre universidades e centros de investigación iberoamericanos.
Obra Social LaCaixa
Convocatoria de axudas económicas para proxectos de saúde e biomedicina a través de distintas convocatorias de investigación.
Bolsas Fundación Tatiana Pérez de Guzmán el Bueno
A Fundación Tatiana Pérez de Guzmán el Bueno convoca anualmente bolsas e contratos predoctorales sobre Medio Ambiente e Neurociencia para aqueles mozos españois que vaian realizar a súa tese doutoral nun programa de doutoramento acreditado oficialmente en España.
Bolsas Fulbright de investigación predoutoral
A Comisión Fulbright en España convoca 15 bolsas para realizar investigación predoutoral en centros de investigación de Estados Unidos en calquera disciplina no 2020-21.
Prazo de solicitudes: do 19/10/2021 ao 11/01/2022
Bolsas Fundación Ramón Areces para estudos de posgrao
A Fundación Ramón Areces financia proxectos de investigación, programas de simposios e bolsas para cursar estudos de posgrao no estranxeiro.
Estadías de investigación en Alemaña (DAAD)
Bolsas para investigadores que queiran realizar unha estadía de investigación en Alemaña baixo a modalidade de curta duración (de 1 a 6 meses) ou longa (1 ano).
Convocatoria de bolsas goberno chinés
Dirixidas a persoas de nacionalidade española ou dun país da UE que acrediten a súa residencia en España, menores de 40 anos, e que posúan un título de máster afín á área de coñecemento do Programa de Doutorado solicitado.
Premio SNE 2021
Poden optar ao premio as teses doutorais cuxos contidos estean relacionados coa ciencia e tecnoloxía nuclear, que fosen presentadas en universidades españolas ou por cidadáns españois en universidades estranxeiras, e que se defenderon e obtido a cualificación correspondente dentro do ano 2021. Prazo de presentación de solicitudes até o 14 de xaneiro de 2022.