Ir o contido principal

Solicitude de defensa de tese

Unha vez que a túa tese estea finalizada, deberás solicitar a aprobación para o seu defensa. O primeiro paso para a obtención desta autorización consiste na presentación pola Secretaría Virtual do Alumno (SVA) da solicitude de defensa, acompañada da documentación relativa á túa tese.

A solicitude realizase de modo electrónico a través da SVA, polo tanto non precisas de sinatura electrónica. A/As persoa/s directora/s recibirán un correo para avaliar a túa solicitude e o perfil autorizado poderá facelo a través da súa secretaría virtual.

Con antelación a que finalice o prazo para a presentación (“Data fin prevista” no teu expediente)

Comproba que:
 
  • Tes unha dedicación no programa superior a 18 meses. Esta data aparece no teu expediente
     
  • Non tes pendente de superar algún complemento formativo
     
  • Non estás en situación de baixa
     
  • Xa existe unha defensa anterior

Se incurres nalgunha das situacións anteriores non será posible realizar a solicitude pola Secretaría Virtual

  • Non tes liquidacións pendentes
     
  • Tes actividades formativas pendentes de avaliar
     

Nestes dous casos poderás realizar a solicitude pola Secretaría Virtual pero darache unha alerta

  • O título da tese coincide co do último Plan de Investigación que teñas aprobado; en caso contrario inicia con antelación pola túa SVA un cambio de dito Plan. Tamén poderás facelo na propia solicitude de defensa de tese, a través da Secretaría Virtual.
     
  • O idioma da tese. Lembra que se o idioma da túa tese non é galego ou castelán, esta debe conter un resumo de 3.000 palabras en galego.
     

Recompila a documentación
 

A SVA permite que durante un período podas ir engadindo documentación sen que desapareza cando desconectes a sesión.

Prepara o exemplar electrónico da túa tese:
 
  • A túa tese a incorporas pola SVA no momento de facer a solicitude, é un documento obrigatorio. O formato é PDF tamaño A4. Este debe estar desprotexido (sen contrasinal e sen sinaturas).
     
  • Os documentos deben subirse en formato PDF, salvo a tese que se poderá subir en formato PDF ou ZIP.
     
  • Consulta os códigos UNESCO para cumprimentar correctamente o apartado correspondente da túa solicitude.

A solicitude realízase a través da túa SVA dende o menú de Consulta expediente doutoramento RD 99/2011 > Acceder á solicitude de defensa e unha vez que teñas recompilada a documentación anexa, isto podes ir facendoo uns días antes de que finalice o prazo máximo de presentación da solicitude xa que a aplicación permite gardar e saír.

Para realizala correctamente, recomendámoste:

  • Revisa o Manual de Solicitude de defensa de tese dende SVA, nel atoparás toda a información que precisas para realizar correctamente este trámite.
     
  • Ter o PDF completo da túa tese co formato establecido pola USC.
     
  • É obrigatorio que indiques un correo electrónico, nel recibirás as distintas notificacións que se vaian producindo.
     
  • Unha vez achegada toda a documentación tes que volver á solicitude e premer no botón Enviar ao perfil autorizado. A partir deste momento xa non poderás facer máis modificacións, será o teu programa de doutoramento que se poña en contacto para emendar, de ser o caso, a túa solicitude.
     

Revisada a documentación recibida de forma telemática a través de Xescampus, no suposto de estar incorrecta, a Escola de Doutoramento poñerase en contacto co Programa de Doutoramento para que a emende.

No suposto de estar correcta, procederase á apertura do prazo de exposición que será de 10 días hábiles en periodo lectivo (sen contar sábados, domingos e festivos). Esta situación quedará reflectida en Xescampus e aparecerá publicada na web da EDIUS.

Durante o período de exposición pública, se algún doutor/a quere ter acceso a unha tese en depósito deberá realizar unha solicitude por sede electrónica a través do seguinte formulario achegando o seu título de doutor/a.

En ocasións, a autorización da defensa da tese require valoracións adicionais, para as cales se vos pode pedir:

  • Que proporcionedes información adicional e mesmo que comparezades tanto a ti como aos teus directores/as.
     
  • Que a Comisión Académica do teu Programa de Doutoramento (CAPD) emita ditame ou responda a consultas concretas.
     
  • Que expertos na/s área/s de coñecemento relacionadas co teu traballo, externos á USC, presten asesoramento.
     

No caso de que o anterior non sexa necesario e se che comunique a aprobación da defensa da tese, deberás:

  • Realizar o pago das taxas en concepto de defensa de tese a través da SVA.
     
  • Darte de alta e cubrir a ficha Teseo.
     
  • Contactar co teu programa de doutoramento para xestionar os trámites de comunicación de data de defensa.

Pola contra, se a túa tese non foi autorizada para a súa defensa comunicaráseche, motivando a denegación, e indicando que aspectos deben corrixirse antes de proceder á entrega, no seu caso, dun novo PDF da tese ou á presentación das alegacións que procedan. Informarase ao teu director/a de tese e á CAPD.