Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Premio extraordinario de doutoramento 20-21

De acordo coa Normativa de Concesión do Premio Extraordinario e co Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, convócanse os premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2020-21.

Calquera dúbida ou consulta sobre o procedemento débese realizar por correo electrónico, indicando a grande área de coñecemento correspondente ao enderezo da EDIUS edius@usc.es.

No Taboleiro electrónico da USC pódese atopar a normativa pola que se rexe a concesión dos premios neste ano, a convocatoria, o Anexo I coas teses que optan ao premio, o Anexo II cos criterios de valoración e o Anexo III onde se nomea aos integrantes das catro comisións de valoración, unha por cada grande área de coñecemento.