
QUE É?
Un evento que quere amosar o traballo das investigadoras e investigadores do Campus Terra, e potenciar o galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.
A través de charlas divulgativas duns 10 minutos de duración contáronnos algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están levando a cabo.
CANDO SE CELEBROU?
Os días 18 e 25 de novembro, a partir das 19,30 h, na Casa do Saber (praza de Pío XII, Lugo).
QUEN PARTICIPOU?
Nesta edición tivemos con nós a 20 mulleres e homes que investigan ou imparten docencia neste campus, que nos falaron do seu traballo e de como este está máis conectado do que pensamos coa vida de todas e todos nós.
Vimos como as micotoxinas, o peixe cebra, as cairomonas, a amígdala ou as enfermidades óseas dos peixes poden ter moito que ver coa nosa saúde, o noso comportamento ou a calidade dos alimentos que inxerimos.
- 1. Ter ou non ter medo? A amígdala é a cuestión
Pablo Sánchez Quinteiro - 2. Fluxos migratorios, realidade e ficción: unha reflexión sobre a representación das migracións nos audiovisuais
Daniel Manuel Vázquez Vila - 3. Marea vermella á vista, prohibido mariscar
Alejandro Cao Cancelas e Sandra Raposo García - 4. Do acuario ao laboratorio
Nerea Gandoy Fieiras - 5. Drons como ferramenta topográfica: levantamento 3D da valgada do Campus Terra
Sara Peraleda Vázquez - 6. Entre luz e sombra
Tamara Isabel Franco Grandas - 7. Como educar a voz cantada das crianzas? Exemplos de boas prácticas
Lucía Casal de la Fuente - 8. A batalla da rata de auga setentrional (rata topo) e das feromonas
Sara Ruiz Rubio - 9. Os segredos ocultos no nariz do suricata
Mateo Vázquez Torres
- 1. Quedaremos sen amieiros?
Manuel Souto Herrero - 2. Máis aló dunha cunca de leite
Uxía Yáñez Ramil - 3. As vacas comen máis que herba?
Jorge Prieto Vilaboa - 4. Vacas leiteiras e benestar animal: É a produción ecolóxica unha alternativa?
María Rodríguez Domínguez - 5. Canto contribúe o vacún de carne en Galicia ao cambio climático?
Marcos Fernández Vilela - 6. A cor do papel
Lara Rouco Méndez - 7. Intrusos na panza
David García Dios - 8. Proposta didáctica para aprender facendo en Bioloxía no Bacharelato
Saskia Camille Flament Simon - 9. Esqueletos a escena!
Ana Manuel de Azevedo Gomes - 10. Chamábanlles "incorrixibles": o Tribunal de Menores de Lugo no franquismo
Tamara López Fernández
Carteis en formato grande (preme sobre un deles para ampliar)





