Ir o contido principal

Congreso de Etoloxía Clínica

15.03.2025-16.03.2025
No congreso abordaranse cuestións como a relación entre problemas médicos e de comportamento. FOTO: Pixabay
No congreso abordaranse cuestións como a relación entre problemas médicos e de comportamento. FOTO: Pixabay

O Congreso de Etoloxía Clínica desenvolverase en Veterinaria do 15 ao 16 de marzo. Organizado polo Grupo Universitario de Etología Clínica Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, o foro diríxese a estudantado e profesionais do eido veterinario, aínda que tamén se encontra aberto a calquera persoa interesada na Medicina do Comportamento. As inscricións poden formalizarse a través do enderezo electrónico guecalugo [at] gmail.com (guecalugo[at]gmail[dot]com) ata o 9 de marzo. 

No congreso abordaranse cuestións como a relación entre problemas médicos e de comportamento no can e a importancia da dor, o exame neurolóxico en pacientes con alteracións da conduta, ou os vínculos entre comportamento, epilepsia e microbiota. O foro tamén servirá para afondar no nexo entre esterilización e o comportamento de cans e gatos, ou a relación entre problemas médicos e de comportamento felino. Os furóns, os cetáceos ou os profesionais do olfacto serán outros dos temas a abordar, xunto coa medicina interna e medicina do comportamento, a cualificación da dor crónica e relación co tratamento, e casos clínicos relacionados coa medicina do comportamento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2025.