Aula 7 de Informática
Organizador: Escola Politécnica Superior
O obxectivo que se prentende acadar con este curso é unha xestión suficiente para o desenvolvemento de programas de cálculo que poidan ser útiles ao longo da carreira científica e técnica.

Actualmente, para realizar cálculos nos eidos da ciencia e da enxeñaría, é necesario manexar cálculos numéricos e con uso directo de ordenadores. Existen diferentes métodos de cálculo numérico, entre eles os usados en Python, que nos permiten cubrir unha serie de solucións a situacións problemáticas, con
aplicacións na ciencia.
Este curso, impartido por Efrén Arias Jordán, abordará aspectos tales como unha breve introdución sobre Python, tipos e estruturas de datos, programación procedural e funcional con Python, programación orientada a obxectos con Python, cálculo simbólico e aproximado (Sympy, Numpy, Scipy), representacións gráficas e visualización de datos (Pyplot, Matplotlib) ou métodos numéricos e estatísticos con Python.
O curso celebrarase do 11 ao 26 de xuño, en horario de 16:30 a 19:45 horas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no seguinte Formulario de Inscrición.